Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA MANIFESTACIÓN DO DOMINGO

A Mesa acusa a Touriño de boicotear o decreto de galeguización

Segundo Carlos Callón, Presidencia dálle indicacións á Consellaría de Educación para que non se cumpra a norma.

Redacción - 18:51 19/05/2008

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusa ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de “realizar unha política consciente de mantemento da diglosia e contra a extensión do galego aos diferentes ámbitos da vida social”. Nunha entrevista na TVG, Callón subliñou que “é duro que desde a Presidencia da Xunta se dean indicacións á Consellaría de Educación para que non se cumpra o decreto de galeguización do ensino”.


5/5 (12 votos)


Comentarios (6)

Erasmo #1 19/Maio/2008 Erasmo

Consecuencias da Imposición Lingüística !

Cando un Parlamento promulga leis de normalización pensa que todo o mundo anda de catering en catering pisando moqueta e falando polo mobil entre o despacho e o coche oficial... pero non é así.

Cando se promulgan leis inxustas que non respectan a Liberdade Individual dos Cidadáns, outros cidadáns máis ousados ou que entenden as leis á súa maneira teñen a opotunidade de interpretala súa aplicación coma lles peta.

Contra os dereitos dos demáis e amparándose na lexitimidade dos fins que perseguen, esgrimen a legalidade vixente, e mesturando churras e merinas , fan da lingua o seu Campo de Batalla!

No día das Letras Galegas escoitamos ós políticos dicir cousas moi apropiadas, frases lindas para titulares, soños de redención da terra e da cultura do país... Mentras uns falan outros traballan para alcanzar os seus fins polo atallo da violencia e da imposición !

Ogallá sexa tan só un vídeo e non se chegue a convertir nunha VISIÓN do futuro da xuventude nesta terra:

http://blip.tv/file/912060

Quenes mobilizan á xuventude baixo o inocente lema:
NA GALIZA EN GALEGO ! non son conscientes (ou sí pero miran para outro lado porque lles convén) da polarización que están a sementar entre galegas e galegos novos.

Eu defenderei sempre a Lingua Galega en Liberdade !
UNHA LINGUA NON SE FALA POR DECRETO !

A lingua galega NON precisa:
MANIFESTACIÓNS MULTITUDINARIAS nin DECLARACIÓNS GRANDILOCUENTES.

Precisa do traballo cotiá dos galegos, do amor polas cousas ben feitas e de moito sentidiño para transmitir coa lingua o amor á cultura enteira e á terra e á paisaxe que herdamos e temos a obriga de transmitir, sen enferruxar, ás futuras xeracións de galegas e galegos EN TOTAL LIBERDADE !

Os atallos nunca levaron lonxe !

mceleiro #2 19/Maio/2008 mceleiro

Bem, Erasmo. Se a língua não precisa manifestações e decretos, que precisa? Quais são as tuas propostas? Incentivos aos mestres e tal?

Contra que liberdade vamos? Que prostituida está essa palavra!!!
Quem está polarizando? Melhor tragar. A resolução dos conflitos é negar o conflito.

Se os atalhos levarem ou não longe, não sei, mas o IMOBLILISMO não leva a ningures.

Erasmo #3 20/Maio/2008 Erasmo

Precisa do traballo cotiá dos galegos, do amor polas cousas ben feitas e de moito sentidiño para transmitir coa lingua o amor á cultura enteira e á terra e á paisaxe que herdamos e temos a obriga de transmitir, sen enferruxar, ás futuras xeracións de galegas e galegos EN TOTAL LIBERDADE !

mceleiro #4 20/Maio/2008 mceleiro

Coma nos velhos tempos, LIBERTAD, LIBERTAD, SIN IRA LIBERTAD!!!
Coma nos velhos tempos, LIBERTAD, LIBERTAD, POLO CU NOS VÃO DAR!!!

E se não PODES/QUERES transmitir o galego PUES QUE SE LE VA HACER, HOMBRE, LAS COSIÑAS TE SON ASÍ. PERO YO, LIBERTAD, LIBERTAD!!!.

mceleiro #5 20/Maio/2008 mceleiro

Eu no meu emprego meses atrás fazia o "traballo cotiá dos galegos", com algo tão "grave" como falar o meu idioma e transmiti-lo aos meus companheiros "galegos" de trabalho. Poderia escrever um livro com os problemas de exercer a TOTAL LIBERDADE que ficou em NULA LIBERDADE. Falar com os companheiros. Com os clientes estava extrictamente proibido.

Passei pola universidade com ZERO aulas em galego. LIBERDADE DE CÁTEDRA? LIBERDADE INDIVIDUAL? e a minha liberdade?

Menos demagogia Erasmo. Eu acho que vas polo mundo com boas intenções, já discutimos mais vezes e possivelmente sejas um bom homem, mas tens um infantilismo e um alonjamento da realidade terríveis. A realidade real, não a televisada.

AlvaroB #6 21/Maio/2008 AlvaroB

A liberdade de Erasmo consiste em que os poderosos e os lamecús destes tenhan total liberdade para fazer o que lhes pete (já o fazem), e que os demáis tenhamos liberdade para dizer "sííí, amo".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: