Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REUNIÓN NA MONCLOA

Ibarretxe mantén a data da consulta logo de fracasar a xuntanza con Zapatero

O presidente vasco acusa ao español de pensar só nas eleccións anticipadas. Zapatero vincula calquera acordo ao consenso entre todos os partidos.

Redacción - 14:30 20/05/2008

O agardado encontro entre o presidente vasco, Juan José Ibarretxe, e o español, José Luis Rodríguez Zapatero, serviu de pouco. Logo de máis de dúas horas de xuntanza, non houbo ningún tipo de acordo entre as dúas partes. Ibarretxe puxo enriba da mesa a consulta soberanista que propón que se celebre o vindeiro 25 de outubro, para logo negociar un novo marco dentro do Estado Español. Segundo Ibarretxe, o presidente español estivo en todo momento á defensiva e que só propón eleccións anticipadas como xeito de resolver a situación. O lehendakari subliñou que a súa intención era conseguir un pacto que acabase coa violencia de ETA e ao mesmo tempo contemplase o dereito a decidir do pobo vasco.

Pola súa parte, o presidente español sinalou que as “cousas quedaron claras”, en referencia á oposición total do Estado a unha consulta popular en Euskadi. Rodríguez  Zapatero sinalou que o seu goberno aposta por “consensos” nos que estean os partidos nacionalistas e as forzas estatalistas. Ademais tamén di que calquera acordo ten que respectar tamén a constitución española.

Aínda que Ibarretxe sinalou que deixa a porta aberta a novas conversas e que o acordo aínda é posíbel, mantén a data para o referendo. O presidente vasco é consicente de que a consulta non é vinculante pero si que sentará un importante precedente histórico dende un punto de vista “político, social e democrático”


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Komun #1 20/Maio/2008 Komun

Cando se fala nos medios dise: É que non se vai respetar a vontade da metade dos vascos de seren españois. E eu digo, e a outra metade? Pois non se respectou nunca, e polo visto nunca se respectará por vías democráticas. Despois algúns estrañaranse de que algúns procuren outras vías... Alá cadaquen

Atlantico #2 20/Maio/2008 Atlantico

A democracia é a democracia, en Venezuela Chavez perdeu por unhas decimas e ninguén falou de de duas metades, o que gaña, gaña e xa está.

subela #3 20/Maio/2008 subela

Inconstitucional o referendo? E logo que artigo contradí, en todo caso atentaría contra o art. 2 a tentativa de independencia.
Sorpréndeme, en todo caso, a pobrema do argumento de Zapatero, de inconstitucionalidades está o Constitucional cheo e a ninguén lle sorprende o Estado e o grande incumplidor da propia Constitucion (EEAA Andaluz, caso Rumasa) e ninguén di nada. En calquera caso creo nas constitucións que crean marcos de convivencia e non nunha constitución que obrigase a un pobo a vivir con outro que non quere (se esté e o caso, que non o sei), as constitucións pódense cambiar, e débense e iso non ten que ser trauma para ninguén, outorgarnos un marco de convivencia axeitado é o principal fin dunha constitución e non garantir que un pobo ten que estar onde outros din por que si. Señor Zapatero repase o libro de Dereito Constitucional que cando quere ven que o saca

galegodosul #4 21/Maio/2008 galegodosul

Ninguém pode impedir um povo de decidir o seu próprio destino. Quem deve escolher o seu futuro é o povo basco e não os restantes povos de Espanha. Esta é que é a verdade, doa a quem doer. Só os votos decidem! Um a um!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: