Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Celebrarase os días 24 e 25 de maio

Acción solidaria en defensa das montañas: MONTAÑAS en REDE 2008

Os días 24 e 25 de maio, ADEGA e RedMontañas convoca a terceira edición da acción solidaria "Montañas en Rede", aberta ás persoas e grupos preocupados pola defensa e o futuro das montañas. Quizais nunca o pensamos, pero as montañas son zonas de grande importancia social, económica e ambiental. Alén de ter un papel primordial para o mantemento dun ar limpo ou da calidade e cantidade dos recursos hídricos, as montañas albergan gran parte da nosa biodiversidade, as especies máis escasas e os bosques mellor conservados e as paisaxes máis valoradas pola sociedade. PARTICIPAR É MOI SINXELO: aproveita as túas excursións á montaña nesa fin de semana para facer unha foto no cumio coa túa pancarta. Podes baixala e imprimila en diversos formatos: Faixa MONTAÑAS (0,3 Mb), Tira MONTAÑAS (38 Kb), Tarxeta Kukuxumusu (0,13 Mb). De volta a casa, entra en  para colgala, ou mándaa a adega@adega.info

ADEGA - 17:14 20/05/2008

Aínda que quizais non nos paramos a pensalo, toda a beleza das montañas e todas estas utilidades sociais, ou como din os economistas, "servizos ambientais", que se acaban de apuntar, chegaron até os nosos días grazas á ancestral sustentabilidade das actividades dos habitantes das montañas. As culturas destes poboadores da montaña e as súas tradicionais técnicas forestais, gandeiras e agrícolas modelaron esas paisaxes que apreciamos e que son a base indirecta da magnífica biodiversidade das montañas, ademais de xerar produtos e alimentos únicos, sustentábeis e de alta calidade. Só isto, xa de seu, ten un extraordinario valor nestes tempos en que a producción intensiva e globalizada está esquilmando os recursos e a saúde do noso planeta.
Por iso, através da participación cidadá, ADEGA e RedMontañas pretendemos transmitir aos responsables políticos a necesidade de fórmulas sólidas de protección para todas as nosas montañas, que aúnen a conservación activa dos seus valores naturais e paisaxísticos co apoio ás actividades sostibles das súas comunidades humanas, evitando pola contra os usos destrutivos destes valores, entre eles o urbanismo abusivo e a proliferación incontrolada de infraestruturas.
Na convocatoria do pasado ano, máis de mil montañeiros, naturalistas, amantes das montañas, cidadáns de todo tipo e ecoloxistas ascenderon os días 12 e 13 de maio a máis de 240 montañas en 15 comunidades autónomas, (máis de 40 en Galiza) coa fin de solicitar aos responsables políticos unha maior atención e protección a todas as nosas áreas de montaña. Dende os foros conservacionistas internacionais, esta acción no estado foi considerada como a mobilización máis multitudinaria xamais levada a cabo en Europa en defensa das montañas.

O documento coas Conclusións do FORO das MONTAÑAS é unha síntese do esforzo participativo levado a cabo no transcurso das Xornadas Técnicas "Reservas de Biosfera e Ecosistemas de Montaña: Ensaiando fórmulas para o futuro das Montañas Españolas", patrocinadas polo Ministerio de Medio Ambiente e a Fundación Biodiversidade e celebradas en Manzanares el Real os días 11 e 12 de decembro de 2007. ADEGA, a única entidade galega presente neste foro, comprometeuse a divulgar mediante este documento as consideracións e recomendacións acordadas.

Máis información e novidades sobre a convocatoria deste ano na nosa web ou en www.redmontanas.org


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: