Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O domingo 25 en Vigo

"Á rúa pola ría": as comarcas do contorno vigués teñen a punto a mobilización

A rede de colectivos "A Ría Non se Vende", integrada na plataforma "Galiza Non se Vende", convoca os cidadáns a defender o litoral "contra a destrución".

Redacción - 11:25 21/05/2008

"Recheos, urbanismo salvaxe, depuración desastrosamente deficiente, portos deportivos privatizadores, porto caótico e depredador, alteración de correntes e destrución de praias...". Son algunhas das queixas que teñen os dezaseis colectivos veciñais, culturais e ecoloxistas que integran a rede A Ría Non se Vende, integrada na máis ampla plataforma Galiza Non se Vende.

"O porto de Vigo non pode seguir medrando indefinidamente, arruinando a nosa maior fonte de recursos, para convertela nun almacén de vehículos e nun polígono industrial", láianse ao respecto do enfrontamento co peirao vigués, "os balances económicos do Porto sempre dan positivo, porque só contan os cartos gañados, mais nunca cuantifican canto vale o que destrúen".

A manifestación sairá o domingo 25 de maio ás 12h da Praza da Estrela, en Vigo.

SOS Ría de Vigo
Nos días previos á manifestación, a plataforma presenta en varios concellos o proxecto audiovisual "SOS Ría de Vigo", un traballo que fai repaso da deterioración ambiental deste espazo.

Velaquí os lugares e horas onde aínda poderá verse esta semana:

S. MIGUEL DE OIA
Lugar: Local da Asociación Veciñal e Cultural – Vigo
Data: Xoves 22.05.08
Hora: 20:00
BOUZAS

Lugar: Bouzas – Vigo
Data: Xoves, 22.05.08
Hora: 20:00

NIGRÁN
Lugar: IES Val Miñor- Nigrán
Data: Xoves, 22.05.08
Hora: 20:00

MOAÑA
Lugar: Casa do Mar – Moaña
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00

ALCABRE
Lugar: Local da Asociación Veciñal – Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00

CORUXO
Lugar: Local da Asociación Veciñal – Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00

CASCO VELLO- VIGO
Lugar: Centro Cívico do Casco Vello, Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00


4,94/5 (18 votos)

Comentarios (8)

borneira #1 21/Maio/2008 borneira

baixate unha versión descargable de S.O.S. RÍA DE VIGO en http://www.salvemosmonteferro....
e non te alporices,
ven á manifestación

Gaviotero #2 21/Maio/2008 Gaviotero

Galicia sí se vende. Tiene un precio. Que le pregunten si no al BNG cada vez que apoya al PSOE.

Garrano #3 21/Maio/2008 Garrano

Ten razón Gavi Otero, mellor que non se venda... Que vaya de regalo! como con el PP oiga! venga Madrid, vamos que nos vamos, de regalo derregalo derregalo! si egh que nogh lagh quitan de lah manoh!

Fendecroios #4 21/Maio/2008 Fendecroios

Acabo de ver a versión descargable que menciona borneira.
Estou alporizado borneira, ei de ir. Deberiamos de ir todo Galego viviente, fale galego ou ingles, dame igual. A ver si se acaba o puñetero dito que nós teñen posto aos Gallegos:
"Si mexan por nós decimos que chove".
Despertemos dunha vez, poñamoslle claro a estes sinvergonzas que esta vez non chove,¡non!, queren mexar e cagar por nós.
Deica Domingo.

Erasmo #5 25/Maio/2008 Erasmo

Alí estaremos coma estivemos en Santiago máis de 8000 persoas berrando Galiza non se vende! Para aturar ó día seguinte nos medios un Silencio Clamoroso: dende que eramos sospeitosos de non sei qué intereses individuais... ata que non era o xeito de apoiar a non sei que Goberno Bipartito...!

Ogallá abriran os ollos os que tanto din querer a esta terra 'de boquilla' pois dende O Courel á Ría de Vigo toda Galicia estase subastanto ó mellor postor do neoliberalismo máis atroz!

E senon que llo digan ó Alcalde de Vigo: que fixo a súa campaña dende a lanzadeira da Autoridade Postuaria (non sei cantos carrís bici ía facer no Porto!) e agora que xa conseguiu aprobar o PXOM ó único que veremos des-feito será a primeira liña de costa (onde as plusvalías o elevarán coma en globo ata a Xunta de Galicia!)

Xogan con nós coma se fosemos nenos: e certamente o somos cando miramos para outro lado e deixamoslles facer o que lles peta !

A Ría non se Vende (a pesar de estar de saldo fai tempo)

Cidadáns de Vigo = Todos á Praza da Estrela !!!

Nesta mañán soleada, temos que saber cantos galegos e galegas quedan no mundo que verdadeiramente amen a súa terra e o seu mar ?

O resto pode irse cos filólogos a vivir da lingua !!!

SAÚDOS CORDIAIS !!!

Erasmo #6 25/Maio/2008 Erasmo

Lamentablemente eramos poñamos 1000 persoas (por ser xenerosos)
e había 8 furgonetas de Policía por se acaso...!

Que pasa coa Sociedade Civil... están todos de resaca do ChikiChiki?

Goberne quen goberne, Galicia non se vende !!!

lura #7 26/Maio/2008 lura

Qué pasa con Vieiros, non ten quen lle informe?
Erasmo, a rúa Torrecedeira non se enche con mil persoas, a Voz di tres mil, e non creo que quera regalar nada.
Pero o número é o de menos, calidade, xuventude,ideas claras e ausencia de colleitadores de votos..

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: