Segundo datos presentados por Adega, en 2020 morrerán 250 mil persoas en Europa por causa da contaminación.
As chemineas de Endesa, nas Pontes; Fenosa, en Meirama, e Repsol, na Coruña, emiten case a metade dos gases de efecto invernadoiro do país. Segundo informou Adega, as tres empresas concentran o 47% do total.
O informe presentado pola asociación ambiental indica que o transporte de coches, camións e trens diésel ocupa outro 17% das emisións deses gases en Galiza. O vogal de saúde ambiental de Adega, Luís Díaz Cabanela, tamén fixo referencia a un estudo efectuado en tres cidades españolas que determina que cada ano morren 3.000 persoas por mor da contaminación. Ademais, advertiu que, se segue a tendencia "no 2020 morrerán 250.000 persoas en toda Europa", máis que "por accidentes de tráfico".
Completa, completa, a nova. Onde está o informe? De onde saem os dados? Qual é o critério de Vieiros para publicar novas?
Bom, a administração preocupa-se muito da nossa saude. A merda que entra nos nossos pulmões de forma voluntária. Mas da que entra de forma INVOLUNTÁRIA e cuja presença não podemos voluntariamente evitar?
Se iso é certo, que ben pode selo. Non ha máis que viver na Coruña para saber cando vai chover, se cheira á Refineria e Nostian, é que o vento sopla do oeste, e polo tanto ven choiva. Se non cheira, ven bo tempo.
Cal é saída..... Pechalas?, e volver ós tempos da emigracion por miseria, o autoconsumo e o monocultivo marisqueiro, ou exixir o 150% das medidas para que non haxa contaminacion e choiva acida.
Que os tecnicos que hoxe emigran, fiquen na Galiza e se fagan planos de desenvolvemento sustentabéis. Que a Xunta non teña medo de atacar os intereses de Repsol, Endesa e Fenosa,... e lle faga pór todas, e máis, as medidas de seguridade, comezando por cortar de raiz a precariedade e a subcontratacion que xe xeraron acidentes laborais na planta de Repsol (chamada a Refinaria), baixo a ameaza da súa expropiacion e nacionalización (termo que dende que Chavez e Evo estan na Venezuela e Bolivia estan novamente na axenda dos gobernos, que a nacionalizacion non só serve para resgatar emrpesas en crise, senon a aquelas que atentan contra os dereitos dos traballadores e a cidadanía.
Este é o camiño e non, nin a version galega de "calquer tempo pasado foi mellor", nin, moito menos, o silencio complice da Xunta que deixa facer as grandes multinacionais.