Os concellos, encabezados polos da Coruña, Ferrol e Pontevedra, teñen un saldo negativo de 213 millóns.
Caixa Galicia e Caixanova fixeron públicos os seus informes de goberno corporativo, nos que están obrigados a facer constar as operacións que realizan con partidos políticos e coa administración. Os partidos galegos débenlle ás dúas entidades financeiras ao redor de cinco millóns de euros. O BNG é, con diferenza, a forza cun descuberto máis importante, dun total de 3.714.000 euros, seguida a moita distancia polo PSdeG-PSOE, con 870.000 euros, e o PP, con 292.000.
Con respecto aos últimos anos, o BNG vai aumentando o seu saldo negativo coas caixas de aforros, dos 2.4 millóns que debía en 2005, aos 2.7 de 2006, até a cifra actual de 3.7. Pola contra, dende ese mesmo ano 2005 no que se produciu o cambio de goberno na Xunta o PSOE foi rebaixando a súa débeda, dende o 1.1 millóns até os 870 mil actuais. Pola súa banda, o PP sempre se moveu en cifras moi inferiores, chegando a un máximo en 2006 (672 mil euros de débeda), moi reducido doce meses despois.
Por entidades, Caixa Galicia é o principal acreedor de BNG e PSdeG-PSOE, mentres que o PP concentra a súa débeda na entidade viguesa. A parte máis importante da débeda dos partidos corresponde a cantidades arrastradas doutros exercicios, sendo o BNG a única forza que xestionou empréstitos de importancia no 2007, uns 600 mil euros con Caixanova a un ano, e 335 mil con Caixa Galicia a 24 meses.
Concellos endebedados
O Concello da Coruña é o que acumula unha débeda total máis importante coas dúas caixas galegas, sumando máis de 79 millóns de euros. A moita distancia atópase Ferrol, con 22 millóns de euros, aínda que en proporción co seu orzamento esta resulta unha cantidade importante. Na mesma situación están Pontevedra ou Lugo, con débedas de 18.3 e 15.6 millóns respectivamente. Todas estas cidades teñen negociado estes empréstitos e avais con Caixa Galicia.
Outros concellos máis pequenos que tamén deben cartos ás entidades financieiras con Carballo (4.2 millóns), Oleiros (4.2), Arteixo (3.2), Vilalba (2), Ribeira, Noia e Betanzos (1.7 cada un), A Pobra do Caramiñal (1.6) e Fene e Monforte (1.1). En canto ás restantes entidades públicas, destaca a débeda contraída pola Universidade de Santiago, que recibiu case 18 millóns de euros de Caixa Galicia.
Vaya, vaya...encima de totalitarios y anticapitalistas y tal y tal...¡¡¡van dejando a deber dinero por ahí!!!
A dependencia económica que o BNG ten de Caixa Galicia explica moitas das decisións tomadas pola UPG e Quintana nos últimos anos.
Xa andan pagando BEN CARA a débeda. Porqué logo ían deixalo endebedar? Pra cobra con MOITOS INTERESES! (que se vaian preparando para as rebaixas). Máis?
Tranquilos, que já a pagaremos. Os contribuintes.
Quem nos temos que preparar somos nós. Eles terão crédito ilimitado.
Non son parvos os bancos galegos. Canto máis os endébedan, máis collidos os teñen. É doado entender como o BNG apoia a planta de gas de Ferrol (participada pola banca). Como vai gruñirlle a quen lle dá de comer?
Cál é a sorpresa? A cantidade?
As veces parece que vivimos no mellor dos mundos posibeis e diso nada.
E, Gaviotero, o BNG non ten de nada de anticapitalista.
Hai tempo que se viña falando polo baixo das débedas do BNG ás caixas de aforros galegas e de como esa situación marcaba algunhas das liñas de actuación municipal e de ámbito galego do BNG, en especial en asuntos de tipo urbanístico e no plano de piscifatorías.
E sobre todo no asunto ben quente da plata de gas de Mugardos.
Os informes do Tribunal de Cuentas madrileño son clarificadores ao respecto: auditan as contas dos partidos políticos e publican os resultados despois de... cinco anos!, e sempre hai unha contabilidade ou dúas que producen sorpresa. Algo cheira moito mal nas finanzas dos partidos políticos pero como son eles os que fixan as reglas de xogo, non hai xeito de que corrixan a súa maneira de actuar. Lembren o que está a acontecer en Catalunya cos informes encargados polas diferentes consellerías da Generalitat, ocupadas por todas as cores que forman o tripartito, que non é outra cousa que un novo modelo de financiamento oscuro e fraudulento... que pagamos os de embaixo, claro.
E, caro Gaviotero, non me digas que o PP non tivo amaños coma este.
O sorprendente é que o BNG, recén chegado á política autonómica e monárquica, estea tan cribado polas malas práticas coma calquer outro partido.
Claro que todo mellorará porque o retorno de Francisco Rodríguez de Madrid poñerá a todos no seu sitio, e a alguén fóra, caso de Néstor Rego, cabeza visible do BNG de Compostela e membro da UPG.
Vieiros oferecerá algunha información sobre o tema?
canta carraxe!!!!!!tamen poderiades falar da financiacion que os bancos fan ao Psoe e PP, porque polo que eu sei,o Bng tan so pide prestamos as caixas...e as caixas invirten os seus beneficios en fondos socias,e os bancos onde invirten os seus?canda un sabe as suas!!!
é que non tedes por onde atacar ao Bng que non sexa con infamias...confundides o cu coas temperas!Malpocados o que vos falta é SENTIDIÑO!!!
Ai, ai, Manhoca, que semellas ser como Gaviotero pero en versión nacional-popular.
O BNG goberna. O BNG pide cartos e o BNG ten débedas. Non liches o titular da noticia?. Acusas de carretar carraxe a Vieiros?.
Non, se aquí o que fica claro é que non se pode ou debe comentar noticias sobre o BNG que, na opinión de manhoca, son "infamias": dillo a Vieiros e a Faro de Vigo, que foi o medio onde apareceu onte a noticia.
E, ai, que as Caixas galegas invirten os seus beneficios en fondos sociais... ti, en qué mundo vives?. En Galiza?.