Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Web do Parlamento

A 'cara B' dos deputados galegos

Dende un ex voceiro da Plataforma Nunca Jamás, a unha graduada escolar en YGB, pasando por un natural de Lo ríe de Enero (Brasil).

Fernando Arrizado - 10:00 29/05/2008

Malia saíren case a diario nos medios de comunicación, pouco coñecemos realmente das súas carreiras vitais e profesionais. Son os nosos representantes democráticos, os portadores da voz do pobo, e nós, a cidadanía, recompensámolos coa ignorancia máis absoluta sobre as súas persoas.

De seguro que poucos lectores de Vieiros saben, por exemplo, que o nacionalista Xosé Ramón Paz naceu en Lo Porriño en 1957 e que en 1980 fundou o grupo En la Luna. Ou que o socialista Xosé Tomé compaxina o seu cargo de deputado co de primeiro tenente de alcalde do Concello de Monforte de Léemelos. Alguén, por casualidade, coñecía que o popular Carlos Negreira veu ao mundo na brasileira cidade de Lo ríe de Enero?

Hai máis datos de interese sobre o nosos señores deputados. Manuel Ruíz Rivas, voceiro parlamentario do PPdeG, naceu o 4 de novembro de 1957 en Ribera. Dez anos máis tarde fíxoo en Clavada a súa compañeira no Hórreo Susana López Abella. En la Coruña pariron as nais do conselleiro socialista Xosé Luís Méndez Romeu e do presidente de la Junta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e en Los Puentes, a de Fernando Blanco Parga (BNG).

De Galiza Nueva a Nunca Jamás

Logo están os que, como Bieito Lobeira, levan na política moito tempo. O nacionalista comezou a sua actividade política aos 16 anos en IRGA/YERGA. No ano 1992 elixírono secretario xeral de Galiza Nueva, e chegou a ser portavoz da Plataforma Nunca Jamás.

A controvertida deputada socialista Marisol Soneira é experta en encaixe de boliños, por algo foi responsábel en Camariñas dun programa de recuperación desta nobre arte. No currículo de Carme Cajide (PSdeG) consta que está en posesión do Graduado Escolar (YGB), e que é secretaria da asociación de veciños de Sano Roque de Cardecide dende hai 16 anos.

Socialistas fundadores son Guillerme Meijón, do Movemento de Renovación Pedagóxica Escuela Viva, e Xosé Manuel Gallego Lomba, dos Comités Comarcais do Valle Miñor e Bajo Miño. Pablo Xabier López Vidal, tamén do PSdeG, non fundou nada, mais quizais poida interesar que naceu no maio do 68 en Sobrado del Obispo.

Concelleiros en Roble e na Carretera

Dentro do Grupo Parlamentario do PPdeG, hai varios deputados que ostentan ou ostentaron cargos a nivel local: en 2002 nomean a Xosé Manuel Balseiro coordinador do PP da Marina Occidental. María Isabel García Pacín é secretaria da Asociación Tierras del Miño.

Aurelio Domingo Miras Portugal foi concelleiro en Lo Carballiño; Xesús Palmou, no Concello da Carretera; Alberto Sueiro, no de Roble; e Xosé Antonio Santiso Miramontes foi presidente de Tierra de las Marinas.

Por certo, os interesados en contar con máis información sobre a vida e obra do vicepresidente da Junta, Anxo Quintana, cargo que tamén ocupou Alberto Núñez Feijoo, pódenlle escribir ao seu enderezo electrónico: ángel.manuel.quintana.gonzalez@parlamentodegalicia.es.


3,76/5 (25 votos)


Comentarios (13)

manual #1 29/Maio/2008 manual
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min tanto me ten que a versión en español estexa mal.

outrolector #2 29/Maio/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vergoña para o responsable da web do Parlamento e para os seus superiores.

GALICIEN #3 29/Maio/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, os pais de Carlos Negreira son dunha aldea de Santa Comba, chamada Grixoa de Esternande. O día do enterro do seu pai Alfredo Negreira, os obreiros do concello, naquela altura governado por Toja Parajó, do PP evidentemente, vinheron bachear pra que os Mercedes dos asistentes, pasaran sen problema.
Agora se ides a devandita aldea, veredes que os baches da estrada que comunica con Santa Comba, ninguén os vén reparar.

GALICIEN #4 29/Maio/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A persoa que leva o tema do sito do parlamento, debe ser un bo tulitates.

semprecelta #5 29/Maio/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu coido que é máis unha cuestión de desleixo dos propios deputados. Esta web xa ten uns aniños ... A ver se agora vai pagar o pato o becario que a actualiza.

fillotolo #6 29/Maio/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A web non a actualiza nengun becario, seguro que a mesma empresa que contratou Fraga é a que segue a ter esa responsabilidade, e seguro que segue a ser unha empresa cun pensamento españolista e rancio.
A este nível as casualidades non existen....

piorno #7 29/Maio/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas que web? A notícia está mui mal explicada. Onde aparece que isso tudo diga respeito a umha página web? É que Vieiros está de brincadeira? É o que parece.

piorno #8 29/Maio/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ainda que à direita apareçam umhas imagens, a notícia precisava de umha explicaçom no próprio corpo. Mais profissionalidade, sr. Arrizado.

dumiense #9 29/Maio/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso é unha moi boa nova. Quere dicir que a versión inicial da web foi feita en galego, o que xa é un importante avance. Na maioría dos casos pasa ao revés!!!

Por certo, eu fixen webs de asociacións, vilas de xeito voluntario e tendo en conta a posibilidade da tradución ao castelán de xeito automático pero... antes de publicala dediqueime a mirar se a traducción era boa. Os que se encargan da web do parlamento que fan??? tamén o fan voluntariamente?? e un collón!!! a ver se hai alguén que lle dá caña a estes lacazáns

croiosdetector #10 29/Maio/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Junta está bem escrito ;-)

maroto #11 29/Maio/2008 maroto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Villarino parece que xa cambiou todos os links X)))

kkruxo #12 30/Maio/2008 kkruxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois efectivamente, ou a Villarino cambiou todos os links a tempo, ou alguén do noso Vieiros escorregou na lama. En todo caso -e e sen prexuicio do bo que é un aviso a tempo- isto quere decir que a web foi pensada/escrita en galego, e automaticamente traducida. Ben.

kkruxo #13 30/Maio/2008 kkruxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, moi ben para Vieiros por contarnos a película. ¿Alguén vai ousar matar ao mensaxeiro, que o fixo ben -recomendo clickar nos links á dereita da imaxe, onde aparecen os links anteriores ao aviso de Vieiros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Carlos Negreira (PPdeG) é de orixe brasileira  (clique para ampliar)
Carlos Negreira (PPdeG) é de orixe brasileira (clique para ampliar)
Xosé Ramón Paz (BNG) estivo 'En la Luna' (clique para ampliar)
Xosé Ramón Paz (BNG) estivo 'En la Luna' (clique para ampliar)
Marisol Soneira (PSdeG) é afeccionada ao encaixe de 'boliños' (clique para ampliar)
Marisol Soneira (PSdeG) é afeccionada ao encaixe de 'boliños' (clique para ampliar)