O xornal ourensán acusa ao herculino de buscar a súa desaparición con “patadas nas costelas”.
O xornal ourensán La Región decidiu sacar toda a súa artillaría contra La Voz de Galicia e, máis concretamente, contra o seu editor, Santiago Rey Fernández-Latorre. O motivo do litixio ten que ver coa decisión da Deputación de Ourense de inxectar 1,5 millóns de euros para salvar a La Región da creba económica. Ao longo da semana pasada, La Voz de Galicia informou da operación cun prisma crítico.
Os dardos chegados dende A Coruña non sentaron nada ben en Ourense. A reacción foi máis que contudente. O editor de La Región, Luis Sotelo, asinaba o domingo un afiado artigo dirixido a Santiago Rey: ¿...pero aínda quere máis millóns? No mesmo acusa a La Voz de ser o xornal máis subvencionado do país e de percibir continuas prebendas dos poderes públicos. Por se fose pouco, Sotelo reta a Santiago Rey: “Que se leve a cabo unha auditoría independente e de total garantía sobre as respectivas vinculacións dos medios de comunicación de Galiza coas Administracións Públicas a todos os niveis. Vostede move, don Santiago”.
Este mesmo martes, La Región volve bourar no xornal herculino cun editorial onde acusa directamente a La Voz de ser unha empresa especializada “na venda e distribución masiva de exemplares do xornal que, engordando a súa tirada, non abonan puntual e fielmente os petos de moitos dos seus lectores; páganos outros e non precisamente polo afán da lectura”.
Pues hombre, razón no le falta, hasta el punto que desde hace años se le conoce familiarmente a La Voz de Galicia como "La Voz de la Xunta". De ahí, por otro lado, que pasara con tanta facilidad del fraguismo al touriñismo. Todo sea por la pasta...
Y encima algunos andan llevando bajo palio al impresentable de Santiago Rey...
Vaia, nunca pensei eu ler o que pon nesta información, que confirma que os medios de comunicación están mercados para uso e disfrute de quen pague máis.Así é como se manipula a opinión pública, e esta resposta según a comenencia que teña o medio do que se trate.
Xa o falo eu sempre, que unha "marca" -a que seña-, faise por poñer unha cantidade, con noventa millóns en publicidade e dez no produto en si.
Agora que pelexen entre si os medios, a de gañar o que máis cartos manexe.
"Frouxeira" não tens mais que ler o "El Mundo" e saberás de que calanha está feita a imprensa escrita, ou escuitar a emissoara dos bispos...Polo enquanto! Eu entendo por "Frouxeira" lá onde hover um martir da nação galega antiga...Pudera ser o senhor de Saouto-maior?Agora falo de memória...
Ai! Gaviotero, tendes as assas com piolhos, as da gaivota do PP!!Quem ía dizer fai três meses, tão unidos, tão guapos, tão espanhois todos, e agora até o Rajoy é um mal espanhol...
Que noxo de medios de comunicación... son todos iguais, a facer negocio mamando da teta que máis dá. E a información que lle dean...
La Región é a folla parroquial da provincia de Ourense, é un "xornal" de información mais que curioso, e con erros tan sonados como o mítico "morreron 3 personas y un portugués", que foi de traca... Pero fora de todo isto, estou dacordo co que se ven dicindo, La Voz de Galicia está a actuar cun cinismo enorme.
O problema de La Región é básicamente de planificación empresarial. Non ten rival nunha provincia de aproximadamente algo máis de 200000 habitantes, e ten débedes incribles. Estamos dacordo en que a provincia non se pode quedar sen o seu xornal, aínda que sexa deste xeito, pero o feito é que pode pasar e todo pola pésima editorial, a xente case que básicamente merca o xornal para saber quen morreu e que pasa na cidade e provincia pero case que mais o primeiro.
Cando as cousas se fan mal non lle podemos botar a culpa aos demais, aínda que a resposta do coruño de La Voz é mais que noxenta e cínica, pero moitas cousas teñen que cambiar porque os ourensás sentimos vergoña deste panfleto.
La Región, é un inmundo panfleto...e La Voz máis ou menos igual.
Que lle dean por onde eu sei ós dous.
O problema de La Región e da sua sucursal o Atlántico de Vigo é que están pesimamente xeridos, as empresas que están mal xeridas deben morrer e non se lles debe dar respiración asistida a custa dos impostos que paga quen funciona ben.
As subvencións distorsionan o mercado e son fondamente inxustas. Ademais nesta caso nen se lles pide un plano de viabilidade que debería pasar pola substitución de toda a directiva do xornal por manifesta incompetencia.
Despois o de La Coz ten delito, está muito mellor xerido e poderia vivir sen subvencións pero os políticos prefiren comprar os medios sen nengunha vergoña, La Coz non pode dar exemplo mas La Región debe desaparecer polo ben do xornalismo, da liberdade de empresa e dunha provincia que demostra todos os días porque é tan atrasada. É especialmente sangrante o das subvencións para a normalización linguistica a medios que no mellor dos casos desprezan a nosa lingua.
Afortunadamente ata que algúns de estes comentarios nos tiraron da burra, non sabiamos qsue LVG durante toda a xeira Fraga era o seu altofalante! Agora, ata os recalcitrantes o proclaman (ver máis arriba).
Os medios do Réxime, lixeiros de máis en pedir a reducción do €$tado en todo aquilo qsue protexe ós individuos, agora, cando a auga chega ó seu pescozo, claman porque os cartos do €$tado -os de todos, os da imensa maioría que pagamos por todo o mesmo que os ricos (vaia Facenda somos todos!- agora en apuros xa proclaman que os cartiños PÚBLICOS DE TODOS, VAIAN PARA AS SUAS EMPRESAS (dos que menos pagaron PROPORCIONALMENTE, esto é, piden SOCIALISMO só psrs os RICOS! vaia centíficos neoliberais, vaia capitalistas de palabra FALSA!
>>> #3 hai 6 horas Galezio
>>> (...) eu entendo por "Frouxeira" lá onde hover um martir da nação galega antiga...Pudera ser o senhor de Saouto-maior?Agora falo de memória...
Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra
http://www.pangalaica.com/brit...
"Despois o de La Coz ten delito, está muito mellor xerido e poderia vivir sen subvencións pero os políticos prefiren comprar os medios sen nengunha vergoña, La Coz non pode dar exemplo mas La Región debe desaparecer polo ben do xornalismo, da liberdade de empresa e dunha provincia que demostra todos os días porque é tan atrasada."
Non entendo a que te refires co de "La Región debe desaparecer polo ben do xornalismo" ate aí ben "e dunha provincia que demostra todos os días porque é tan atrasada." Eu a verdade e que non vexo moita diferencia entre o interior de todas as provincias galegas, pero se queres amosar como a Galicia mais avanzada a do eixo atlántico Vigo-Santiago-Coruña que está a anos luz do resto pois en parte sí é verdade pero non dun xeito esaxerado e desproporcionado, que perdóname que cho diga, amosa un profundo descoñecemento ou un grande sentimimento de pesimismo con respecto da provincia. Non sei se a xente se percata que Ourense despois da Coruña e de Vigo e a cidade mais importante do país tanto a nivel industrial como poboacional, e son dados que están ahí e que se poden consultar cando se queira, por exemplo.
Panfletos hainos en todo o país El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra (e de Ferrol), El Correo Gallego (zecais os casos non sexan tan incribles coma os de La Región, El Progreso, ou Diario de Pontevedra, pero tamén lle chega as erratas que cometen), e logo estaría Faro de Vigo, e La Voz de Galicia que estarían a outro nivel, serían os mais decentes supostamente.
A categoría dos diarios no país salvo as dúas supostas vacas sagradas eche moi parecido, sobre todo no que atinxe aos de Ourense, Lugo e Pontevedra. A Galicia interior adoitase a ser máis caciquil ca costeira, e por tanto mais retrasada (isa é a imaxe), pero ise non é un problema soamente da provincia de Ourense, é un problema conxunto de país.
Aquí non lle imos negar a ninguén que como "provincias" Lugo e Ourense non teñen tantos recursos coma A Coruña e Pontevedra, pero básicamente as grandes diferencias que istas provincias marcan cas mais orientales chámanse A Coruña e Vigo e en ningún caso Pontevedra ou Santiago.
Respecto o xornal ten que ter un plano de futuro para subsistir, e non ir tirando como sexa, estou totalmente dacordo, pero hai mais periodicos do país nunha situación polo menos semellante, pero a política de empresa que levou ata agora é demencial.
Bom ainda estamos a anos luz da democracia, ca na galiza, mas isto e um ejemplo ainda que so seja por intereses, da possivel dialectica constructiva para o pais de que haja dicepancias entre os panfletos do nosso pais, Algum dia teremos um "El Mundo" da Galiza e um "El Pais" daGaliza, entretanto temos com conformarnos com estas folhas tipicas de republica bananera, e isso que jornalistas ha bons. Quanta coisa poderia fazer Novas daGaliza cos cartos destes "periodicuchos"
PD: Por certo Xunta, Ja chegou de darlhe cartos ao que so querem eliminar o galego da galiza
acho que para limpar o sagrado burato o papel de La Región e un chisco máis suave que o de La Voz, máis non atopo outra diferenza
En moitos anos, o único que merecía apena de La Región, era o Carrabouxo.
O resto...morralla.
Ah! Ourense está en tódolos indicadores nos derradeiros postos do estado español e, claro está, de Galiza. Botádelle unha ollada ó anuario de La Caixa.
Tamén podedes ir dar unha volta polos pobos do macizo central e veredes as estradas e o desenrolo que existe.
Pois o estado calamitoso da provincia de Ourense, sempre lle importou unha merda ós de La Región. se por mín fora non recibirían nin un patacón...ningún xornal.
paul sethe, un dos cinco editores fundadores da frankfurter allgemeine zeitung ( que xunto ó wall street journal debe ser un dos diarios máis citados polos chicago boys e polos séus epígonos da tertulia liberal ), deixou sentado xa en tempos que "a liberdade de prensa é a liberdade de 200 ricos para difundir as súas opinións". a cidadanía, coma nas partidas de tute, da tabaco e pesicola, pero non está ilustrada para entrar en tamaños debates e fonduras, frouxeira, preocupada como está por como vai o dépor e o celtiña.
Coidado ca tinta! (é con plomo). Dígoo por certos usos suxeridos máis enriba.
Esperemos non ter na GZ nin €P nin €M, para qué habendo LVG ou FdeV, poño por exempro (non vexo tanta diferencia, na calidade, e, pouca, nas mentiras e na tendenciosidade)?
Os xornais terman do que se lles escribe (saúde Fernando)! Ahí está o miolo do asunto. QUEN escribe, OPINA e CONFORMA OPINIÓN!
Non coñezo a traxectoria e a profesionalidade de La Región. Se que é un xornal de Ourense e algunha vez boteille unha ollada.
Pero coñezo moi ben a La Voz de Galicia. Un xornal que aquí en Ferrol e cada vez mais lido. Muy xusto, xa que é un medio que estivo sempre aberto ao debate sobre a planta de gas natural licuado, o principal problema que ten a cidadanía da Ría de Ferrol. A moitos dos seus colaboradores habituais e opositores á planta de gas facilitoulles as mellores páxinas, ata a portada do xornal para axudarlles a esclarecer as súas preocupacións. Foron moitas as editoriais do xornal que dedicaron ao debate e á reflexión sobre a planta de gas. Nunca aceptou ser manipulados nin polos poderes políticos nin polos empresarios promotores da planta, nin tampouco aceptou propaganda institucional para non verse comprometido.
O seu norte é a profesionalidade, o levar a cabo o seu traballo seguindo á letra o artigo 20 da Constitución Española informando sempre do que ocorre en Ferrol e con VERACIDADE. Os seus xornalistas son libres de seguir o seu mellor criterio nas argumentacións dos seus artigos. Eu non coñezo esas subvencións públicas que se lle imputan a La Voz nos comentarios anteriores. Non creo que as reciba. De feito cando Astano recibía estas subvencións La Voz foi sempre moi crítico sobre isto.
oia, carballo, que lvg siga con mellor ou peor fortuna o asunto reganosa paréceme insuficiente para tamaña haxiografía como a que aquí vostede deixa. lvg é o periódico máis subvencionado pola xunta de galicia por mor da súa tirada ( la mayor tirada de galicia, como a mvfe ), pero a súa vez suele alquilar os séus talleres de impresión para plasmalo doga ( entrando en competencia co grupo correo ) e a xunta sabe, goberne quen goberne, que cando algunhas destas cousas coinciden ( doga, publicidade institucional, subvencións ) os redactores e opinadores do diario coruñés suelen volverse un tanto máis " dóciles ", anque esa docilidade para nada entra en contubernio con esa profesionalidade da que fala máis arriba, pois os periodistas e as empresas de información en xeral, son soio un grupo máis de presión co que o poder económico nos abotarga. o resto, compañeiro, é lírica.
Baltar69
Amigo Baltar.
Excepto ti ninguén máis creu que o que escribín no comentario nº 18 podía ser verdade. Oxalá que todo fose verdade.
Unha aperta
como dí o méu ex alcalde: goder...
non me decatei da ironía, sopoño que é por ter dormido poucas horas esta noite ou por entrar, ás veces, como elefante en cacharrería. e mira que teño seguido os téus textos sobre reganosa.
ai,aiai.
outra aperta.