A Secretaría Xeral de Igualdade obrígalle a un colectivo de cazadores de Castroverde a retirar un anuncio sexista.
O Club de Caza de Francelos, en Castroverde, decidiu promocionar o seu concurso de tiro ao prato dun xeito rechamante e 'orixinal', así que non tivo mellor idea que empregar a imaxe dunha moza amosando a súa roupa interior mentres, debaixo, un home apunta a súa escopeta cara á entreperna dela. Cando a Secretaría Xeral de Igualdade se decatou da existencia do cartel, amoestou o colectivo para que o retirase.
Segundo a delegada lucense de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, en declaracións a El Progreso, os cazadores "admitiron o seu erro", polo que non se seguirá o protocolo habitual, que é "presentar unha denuncia no xulgado". Rodríguez Pazos cualificou de "moi basto" o cartel, do que dixo que non está en consonancia "cos dereitos das persoas, non só das mulleres".
O club de caza rectificou e apostou por un deseño diferente para o cartel do certame do mes de xuño. Agora, a protagonista é unha perdiz. Porén, a delegada provincial amosou a súa preocupación pola utilización da imaxe feminina e mesmo afirmou: "sabe Deus canta xente viu o cartel, até mulleres, e non se sentiu ofendida, até que o viu unha persoa con sensibilidade". Ademais de cualificar a imaxe como "basta", lamentou que "hai outros casos moito máis subliminares que son igual de ofensivos".
"Ninguén se sentiu ofendido ata que o viu unha persoa con sensibilidade"
O que pasa e que a xente pasa de denunciar estes casos porque na maioría das veces as empresas buscan a polémica para facerse publicidade, e outras nin se fai nada ainda que sexan anunciadas por toda España.
Ou acaso me van dicir os da Secretaría Xeral da Igualdade que non é igual de denigrante este cartel nos valados publicitarios en que uns grandes almacéns anuncian un bañador por 49 Eur. no que precisamente o que menos se destaca e o bañador da modelo.
Anxo, digo-cho eu, que não sou da "Secretaria Xeral": Não é o mesmo.
Não é o mesmo o exemplo que dizes que um homem apontando com uma espingarda -a qual está no sexo duma mulher- dentro dum cartaz dum concurso de "tiro ao prato" organizado por um "clube de caza".
É moi posíbel que o que buscan os cazadores estes sexa publicidade gratuíta, pero polo feito de non dárllela, non se calar ante este tipo de machismos inaceptábeis na sociedade. E non é cuestión de sensibilidades de nin corrección política. É cuestión duns valores sexistas que se maman (nunca mellor dito) e se interiorizan. Logo que a ninguén lle estrañe que maten mulleres! O malo é que estamos tan acostumadas e acostumados a vivir neles, que moitas veces xa nin os vemos. Estaría ben darlle a volta á cousa para ver a importancia que ten: se poñemos a unha muller disparándolle aos collóns dun home, todo o mundo vería que é inaceptábel (e con razón). O único que hai que facer agora é ver que este cartel tamén é inaceptábel. Por outra banda, na Secretaría Xeral teñen un Observatorio da Publicidade. Neste caso concreto, simplemente están a facer (ben) o seu labor.
na segunda liña, onde dixen "non se calar", quería dicir "non se pode calar".
!Que vergoña¡ Igual se lle metesen unha multa de 5.000 euros (por dicir unha cifra) a estes elementos, o próximo que se lle dese por facer algo parecido pensaríao dúas veces. Contra a violencia machista non pode haber medias tintas.
Agora acórdame o caso de Lorena Bobbit, moita publicidade se lle dera a tal caso! todos os homes se sentiran capados, mesmo retransmitiran o xuízo pola tele. Daquela non se falaba tanto das ablacións de clítore nin da violencia de xénero...aínda que existían, claro está.
Vergoña o cartaz, pode que o fagan por chamar a atención, aínda que no rural aínda hai moito machismo.
#1 Anxo, eu tamén che digo que isto, nin de coña, é de comparar coa publicidade de bañadores e roupa interior feminina, ou masculina. Érache boa! (buscarás "beleza" e "erotismo" no dicionario cando podas).
Tampouco penso que eses tipiños mal dados (veciños de Francelos: Que lle cambien o nome ao clube ese!) busquen publicidade vía polémica.
A explicación máis simple adoita ser a correcta. Para min esto é unha enorme barbaridade, que retrata bastante ben as limitacións e eivas mentais de moitos, penso que da maioría, dos que lles molan os disparos (e foguetes de palenque ou como se chamen). É que non podo ver aos cazadores "por deporte", nin a eses dos pratos, nin aos puñeteiros fogueteiros espertando nenos e vellos de madrugada ou pola mañanciña..e xa comeza a tempada de verán!
Esa xente dame noxo. ¡Síntome racista!
Moledo, cando me refiro que son iguais, me refiro a denigrantes para a muller, o do clube de tiro é peor pois a parte de utilizar a muller como reclamo, estase amparando o maltrato. Pero tanto un coma outro son igual de denunciables ao ser denigrantes para a muller, supoño que neso estarás de acordo.
Outrolector, sei o que é beleza e erotismo, pero tamén sei que en dito cartel non se amosa o que se vende que sería o bañador senón que o que se destaca e volume dos peitos da muller.
Por eso ainda se poden ver carteis denigrantes para a muller porque algúns os ven como eróticos ou que exaltan a beleza da muller. Quizáis tamén os do clube de tiro visen erótico o do home apuntando as partes íntimas dunha muller.
Seguro que se alguen vise un cartel dun home anunciando un bañador no que se amosasen de forma esaxerada as súas partes íntimas, ninguén ía defender un canon de beleza e erótismo.
Por iso pasa o que pasa, lástima que algúns aínda defendan a utilización da muller na publicidade aducindo que o que se remarca e a beleza e o erotismo. Seguro que os que fan os calendarios de mulleres espidas, poden utilizar o mesmo argumento ca ti Outrolector.