Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos de 2007

A tortura en Galiza: 41 persoas afectadas e só 16 denuncias

A Coordinadora para a Prevención da Tortura presentou esta fin de semana en Bilbo o seu relatorio anual a nivel estatal.

Redacción - 17:45 02/06/2008
O relatorio publícase por cuarto ano consecutivo

O relatorio publícase por cuarto ano consecutivo

A Coordinadora para a Prevención da Tortura (CPT) presentou este sábado en Bilbo (Euskadi) o seu relatorio A Tortura no Estado Español, correspondente ao ano 2007. As denuncias recollidas no informe, elaborado por cuarto ano consecutivo, axústanse á definición da Convención da ONU. En total, rexistráronse 319 novos casos con 689 persoas afectadas.

No entanto, a CPT salienta que o número real de casos de malos tratos/tortura é superior ao que reflexa o estudo, xa que hai un número indeterminado de denuncias das que non se ten coñecemento, así como outras das que este se dá unha vez elaborado o informe. Así, por exemplo, o Relatorio de 2004 rexistrou 755 denuncias, aínda que a día de hoxe a CPT ten constancia de que o número exacto é 917.

Noutros casos, a CPT si ten coñecemento mais non se inclúen ben por petición expresa da persoa agredida, ben porque a información recibida é insuficiente ou non está debidamente contrastada. Por último, cómpre ter en conta que moitos casos de tortura non se denuncian, sinalan.

Aumenta o medo a denunciar

"Constatamos que esta situación de non denunciar as agresións sufridas, que até agora era habitual en migrantes sen documentos e en persoas presas, aumenta en persoas que son agredidas por participar en mobilizacións sociais.", afirman dende a CPT.

Con 16 denuncias e 41 persoas afectadas, Galiza sitúase en sexto lugar na listaxe das zonas onde se producen máis casos, precedida de Cataluña, Madrid, Andalucía, Euskadi e País Valenciano. No entanto con respecto ao número de habitantes, Melilla lidera a clasificación.


Documentos

4,64/5 (11 votos)

Comentarios (11)

ecoe #1 2/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desde o 2005 a Coordenadora Contra a Tortura ten avisado ó presidentiño Touriño para que se apronte a facer polos dereitos conculcados de estas persoas.

Uló?

Uló "parlamento" español sobre a vosa decisión tamén daquela altura?
Qué ben san nas declaracións de prensa, para non mover un dedo, nin polo DEREITO propio, non xa pola XUSTIZA, que ese é un outro cantar que nunca oirán!

ecoe #2 2/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.rebelion.org/notici...

Porqué persiste?

Gaviotero #3 3/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Alguna condena efectiva o todo denuncias surgidas de la imaginación de cuatro fantoches? Porque sólo se puede calificar de "fantoche" al que tergiversa hablando de personas "afectadas" y de "denuncias" cuando todo se queda en eso, en gente que sin prueba alguna pretende hacer política de algo tan serio como la tortura y que en Bilbao conocen tan bien los que tienen que ir escoltados para que no les peguen un tiro en la nuca, mientras esta gente de la CPT mira para otro lado.

Simplemente, asqueroso.

Para su desgracia, España y sus administraciones y fuerzas de seguridad, son bastante más democráticas que las administraciones que rigen los destinos de sitios como el País Vasco.

Sara_Mago #4 3/Xuño/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eso, eso. Las fuerzas de seguridad de España nunca han matado ni torturado a nadie. Son todo calumnias. El referendum de Ibarretxe tortura y asesina!

rufus #5 3/Xuño/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois nada, que ao gaivoto se lle fastidiou a única neurona que lle facía sinapse coa outra, e agora quedou monotemático.

A ver gaivoto, non mestures unha cousa con outra. Primeiro le o informe e despois fala. E que falar así sen coñecer nada, da subproductos sociais coma ti.

Que terá que ver "ir escoltado" en Euskadi con que se está a falar aquí???

Hai meus deus, se o neno nos sae máis listo sacano retratado na caixa dos mistos.

ecoe #6 3/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As gueivotas tamén -como non podía ser de outro xeito, predestinato- amparan i encobren a tortura sistemática das institucións do €$tado €$pañol.

Gaviotero #7 4/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro, claro...yo torturo que no veas. No sabéis ni escribir...qué penita.

Barcelos #8 4/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por favor, gaviotero, non nos tortures máis. Nin sequera disfrazado de vigués73

Dogma #9 4/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ESTE GAVI TAMÉN POR AQUI... se é que non perde nen a vergonza.. ha ha ha..
Bueno Gavi xa que te pos con isto... gustariame que falaras tamén con amnistia internacional, e coa cruz vermella internacional, pois estes dous organismos tamén recoñecen torturas en España, claro está que queda lonxe xa aquel tempo onde o propio goberno asesinaba aos seus propios cidadans, coma cos batallons vasco españoles ou co G.A.L. pero desto soio lles gusta falar alguns para criticar a Felipe Gonzalez.

O que en españa se tortura é un feito, e ninguen destes organismos atreberiase a denuncialo sen as probas oportunas (se o fas sen probas, xeralmente o estado machacate), o que me sorprende e que en Ceuta e en Melilla sexan tan poucos, a mais cando alí o avitual e soltar a perte de le legión a dar ostias polos zocos para vengarse "de las movidas de los moros".

E GAVI.. TORTURSE, TORTURASE, E MELLOR SERIA QUE TE PUXERAS NO VANDO DAS FORAZAS DE SEGURIDADE, QUE DIN SIMPLEMENTE QUE:"As veces vaise a un a man a causa de que non se pode ser nin imparcial nin un anxo con certos elementos". E ESTO DITO POR UN GOBERNADOR CIVIL.

roixordo #10 5/Xuño/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero dixit: "No sabéis ni escribir...qué penita."
Esto dito polo de "hayá vosotros" sona a broma, ¿non si?

Gaviiotero #11 6/Xuño/2008 Gaviiotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, he reabierto mi blog.

http://gaviotero2.blogspot.com
http://gaviiotero.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O informe presentouse esta fin de semana en Bilbo (clique para ampliar)
O informe presentouse esta fin de semana en Bilbo (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes de casos de tortura (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes de casos de tortura (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes en relación co número de habitantes (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes en relación co número de habitantes (clique para ampliar)