Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Calcúlase que nesa Serra soamente hai 3 ou ao sumo 4 parellas desta ave protexida

Morre na Serra do Suído unha aguia albela ao colisionar en voo cun aeroxerador

POR QUE ALGUNHAS UBICACIÓNS DE PARQUES EÓLICOS SON ANTIECOLÓXICAS?

Ao pasar un ano escaso da súa entrada en funcionamento, o parque eólico do Suído feito por EUROVENTO, SL e logo vendido a ACCIONA comeza a matar a avifauna protexida. A aguia albela (Circaetus gallicus) está incluída no anexo I da Directiva 79/409/CEE do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres e tamén no “Libro vermello dos Vertebrados de España”.

Asemblea do Suído - 23:22 03/06/2008
Águia albela morta

Águia albela morta

Esta directiva xunto coa "Directiva Hábitats" (92/43/CEE), motivaron a inclusión da Serra do Suído na nova proposta de ampliación da Rede Natura 2000 en Galiza.

No artigo 4 desa directiva dise: "As especies mencionadas no Anexo I serán obxecto de medidas de conservación especiais en canto ao seu hábitat, coa fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución na súa área de distribución".

Lonxe de ser algo extraordinario, as colisións de aves contra os aeroxeradores son comúns. As colisións revisten maior importancia cando se trata de especies ameazadas pola escaseza das súas poboacións, como é o caso da aguia albela e das outras grandes rapaces ou aves en voo migratorio. Deste xeito os parques eólicos convértense en auténticas barreiras letais para a avifauna e para algunhas especies de morcegos. De feito, non é a primeira vez que atopamos aves mortas por colisión no Suído e sen contar coas que morren e nunca topamos xa sexa pola acción dos animais carnívoros ou pola propia acción do persoal de mantemento do parque eólico.

Isto amosa que os estudos e a avaliación ambiental realizados pola empresa promotora non serven para nada e son unha fraude. O único propósito dos Informes de Avaliación Ambiental do parques eólicos do Suído é o "lavado de cara" xa que en ningún momento se contemplou a non construción dos parques, como sería sensato e agora o mal xa está feito.Solicitamos ás Consellarías de Medio Ambiente e Industria que tomen boa nota do que está a suceder no Suído, para que nas novas concesións eólicas non se repita a mesma historia e non cometan os mesmos erros da anterior administración galega do PP.


4.76/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: