Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARO NO MAR

Os armadores anuncian que bloquearán a entrada de peixe foráneo

Bloquearán portos e aeroportos e tamén as lonxas para a frota de baixura.

Redacción - 13:00 04/06/2008

A Plataforma en Defensa do Sector Pesqueiro anunciou que a partir deste mércores vai impedir a chegada de peixe de fóra do Estado Español a portos e aeroportos. Tamén bloquearán as lonxas para a frota de baixura. As medidas acordáronse nunha reunión celebrada este martes en Compostela. Agárdase que o paro, que principiou o pasado venres, comece a afectarlle aos mercados a partir da vindeira semana. Os armadores de Vigo agardarán até o día 15, data na que se espera que o paro sexa total, para impedir as descargas.

Os armadores protestan pola carestía do prezo do combustíbel pero tamén reclaman un maior control das importancións.

Pola súa parte, a Consellaría de Pesca puxo especial énfase no feito de que o 84% da frota de baixura saíse a pescar este mércores. Segundo a Xunta, as lonxas manteñen a súa actividade para darlle saída a este peixe.


4,67/5 (3 votos)


Comentarios (10)

vigues73 #1 4/Xuño/2008 vigues73
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

y el gobierno sigue con que no hay crisis. pues cuando la haya vamos a ir todos al carayo

ceive #2 4/Xuño/2008 ceive
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a ver se desta vai despois de case um ano de subidas descriminadas parece que algo se move o que facia falha era umha folga indefinida pero xeral porque isto afectalhe a todo o mundo e quen mais o pagamos somos nos os trabalhadores que a nos non nos van descontar nada nem na compra nem no gasoel nem en nada

aovellaquemira #3 4/Xuño/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que faz falha e inpecção e controlo dessas importações de peixe que não se sabe de onde procede nem que o pescou.

Barcelos #4 4/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O dos portos paréceme lóxico, pero o dos aeroportos paréceme un pouco esaxerado.

Será polos peixes voadores, ou polos moitos ollomoles ("besugos") e peixes gordos que voan en avión?

baltar69 #5 4/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cargolux ten unha flota de boeing 747 plenamente adicada a transportar até vitoria peixe dende sudáfrica e outras latitudes; a moi galega pescanova enche o bandullo dos séus frigoríficos co total das capturas de namibia...
estamos nun mercado aberto e son as empresas as que mandan; si suben os custes de explotación, reducirase aínda máis a soldada do traballador do terceiro mundo.

ulo #6 5/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Semella evidente que a pequena e mediana burguesía -os armadores-esta a capitalizar un conflito que ten as súas raices na estructura do sistema capitalista. Polos sintomas que presenta, a crise ven dada por tres elementos centrais, un, a loxica do sistema capitalista da concentracion e centralizacion de capitais, onde sempre perden os menos rentabéis; dous, a tendencia decrecente da taxa de lucro, pola que o aumento da productividade -incorporacion de novas tecnoloxias mesmo na pesca artesanal, gps, sonar, etc., e a a rebaixa dos salarios, incorporacion de traballadores inmigrantes nas flotas-, provoca unha deflacion no valor das mercadorías, baixando a taxa de lucro, e polo tanto deixando de ser rentabéis para os capitais -armadores- que chegan tarde a renovacion, e xerando a necesidade da reconversion, tres, o cadro de crise economica mundial, coa suba especulativa dos prezos dos carburantes, é dicer, dun coste de produccion.
Mais, a pregunta dende un punto de vista da clase obreira, dos mariñeiros de verdade -non os armadores que fican nas oficiñas dos portos-, dos inmigrantes que estan nos barcos... En que vai beneficiar unha rebaixa dos impostos nas gasoliñas ou no IVE?. Levaría aparellado unha suba dos salarios na mesma proporcion, unha rebaixa na xornada laboral dos mariñeiros, nunha mellora na seguridade nos barcos?.
A isto ninguen resposta. Uns por motivos ideoloxicos (o BNG, a CIG e os independentistas), pois son "un sector productivo galego" o que esta na mobilizacion; outros, por que fan parte da ideoloxia keynesiana (CCOO e UXT, IU, etc.), que ven no desenvolvemento do capital a base para a mellora das condiciones dos traballadores, polo que pon a estes na cola daquel, e outros, evidentemente, os grandes capitalistas que teñen outros plans (Pescanova, Calvo, Isidro de la Cal, etc.), que teñen como defensores aos gobernos.
Mais non ha unha perspectiva da independencia de clase, dende os asalariados, que son, na Galiza 27 mil, fronte aos 4 mil armadores. Os intereses desos 27 mil son os centráis.

Telleiro #7 5/Xuño/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

aí falaches.

Jatopardo #8 9/Xuño/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Falas de salarios na pesca, Ulo?, aclároche que na pesca de baixura, non hai salarios fixos. Segue existiendo o que se chama "a parte", é dicir, se hai pesca, os mariñeiros cobran, se non non. É moi normal pasar varios meses en inverno se cobrar un can.

Un exemplo. Se un barco pesca un millón de pesetas. Primeiro o armador saca do total o importe da Seguridade Social (unha ilegalidade, pois deste xeito están pagando ao 50% armador e mariñeiros) e outros gastos varios.

Supoñamos que quedan 700.000 pesetas libres. O armador queda coa metade (350.000). Das outras 350.000 que quedan, repártense entre os mariñeiros e tamén entre o armador que colle duas partes máis.

Así, se hai 14 mariñeiros, dividen entre 17 (unha parte para cada mariñeiro, dúas para o motorista e dúas para o armador), co cal, ¡DUN MILLÓN DE PESETAS A CADA MARIÑEIRO TOCARÍANLLE 20.000 PESETAS!!! E se non pescan non cobran.

¿Duración da xornada laboral? a que faga falta.

¿Vacacións? non existen.

Esta é a realidade da pesca de baixura galega. E despois os armadores se queixan de que os galegos non queren ser mariñeiros. je, je... Non hai problema, agora coa man de obra extranxeira, atoparon a solucición para seguir coa esclavitude en pleno século XXI.

Dogma #9 9/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu presento unha nova pregunta....
¿Está Galiza preparada para un San Xoan sen sardiñas?????

Barcelos #10 9/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E isto non se pode considerar xenofobia contra a inmigración de peixe?

Eu xa tomei sardiñada este fin de semana e a sardiña xa molla o pan.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: