Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
POLÉMICA

Francisco Vázquez volve insinuar que a capital de Galiza debera ser A Coruña

O ex alcalde lembrou este mércores que a cidade "foi capital dende Felipe II".

Redacción - 12:25 05/06/2008
Francisco Vázquez

Francisco Vázquez

O noutrora caudillo do coruñesismo e agora embaixador español no Vaticano, Francisco Vázquez, volveu desenterrar unha das máis vellas polémicas dos seus inicios como rexedor: o cuestionamento sistemático de Santiago de Compostela como capital de Galiza.

Vázquez regresou á cidade herculina este mércores para abrir un congreso de laboratorios clínicos. Na súa conferencia inaugural, o ex rexedor reabriu veladamente a vella disputa ao dicir que A Coruña “foi capital de Galiza dende Felipe II até o nacemento da autonomía. A capital está dende hai pouco noutro lugar”.


2,06/5 (16 votos)


Comentarios (59)

Brais #1 5/Xuño/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A guerra que abriron os coruñesistas a principios dos 80 co da capitalidade foi vergoñenta. Un mal negocio para Galiza e para A Coruña

Cambados #2 5/Xuño/2008 Cambados
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este Paco de La Curuña, só preocupada de parvadas. Algún pode considerar que foi un bo alcalde para A Coruña, pero dende logo foi un político nefasto para Galicia.

carlosroca #3 5/Xuño/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hoooome claro, e el Rei: Francisco I O especulador.

sophia #4 5/Xuño/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, non todos os coruñeses votamos a Paco Vázquez nin moitos estamos conformes coa súa xestión. A Coruña é unha cidade por exemplo máis grande que Compostela, se ben é certo que non ten a súa historia. Sen concordar pra nada coas ideas do facha Paco, penso que a súa idea tampouco era tan mala.
Non entendo moitas das críticas que se fan ós coruñeses por parte doutras cidades e vilas de Galiza, o certo é que somos tan galegos coma os demáis, tanto dicir que A Coruña é unha cidade antigaleguista e "pija", mais é a cidade na que naceu o BNG, onde está a RAG etc, etc.

EVAZSOU #5 5/Xuño/2008 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois realmente é a outra única cousa na que coincido com Francisco Vázquez.

A retirada da capitalidade da Galiza da Crunha sem dúbida tem marcado o tremendo caráter conservador da Autonomia galega e o pouso galatico ou desconetado da República no nacionalismo político e cultural construído nos últimos 30 anos.

E além tem deixado fora de jogo tanto na cidade como na construção ideológica, linguística e cultural do nacionalismo galego atual e da Galiza, toda a história e escola do galeguismo da Crunha, o único institucional, político e civil.

Ernesto Vázquez Souza

Galezio #6 5/Xuño/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Àlguns "cabestros" o melhor é deixá-los falar, eles sos retatam-se de caralho... Vaia socialista "Felipero" e "Guerrista"...Mágoa que se tenha ido e assim nos tenha privado do desfrute de sua derrota nas urnas, que era segura, por isso se foi!!

Aldara #7 5/Xuño/2008 Aldara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a min pásame como a ernesto, pese a estar nas antípodas do vazquismo, creo que se A Coruña fose a capital teriamos un país máis aberto e progresista e unha cidade máis identificada con Galiza. Tamén comprendo as razóns polas que se elixiu santiago

kelsen #8 5/Xuño/2008 kelsen
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que ganas de amolar ten este home; para que quere ser capital de galiza si renega dela.O que lle gustaría é ser capital de españa pero no le van a dejar los de madrid, non se atreve a pedila.

ranciadas #9 5/Xuño/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A estas alturas e con estas parvadas... Tamén podería ser Vigo por ser a maior. Lugo porque tivo importantes acontecementos nacionalistas, etc. Un tema para fesviar o persoal do verdadeiramente importante. Compostela está no centro e é claramente a capital de Galiza.

mineru #10 5/Xuño/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La capital es Uvieu,por ser la capital del reino Ástur,que comprende Asturies,cantabria,leon y galicia

condedecotobade #11 5/Xuño/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu estou cos resentidos: "Vigo capital Lisboa"

jujolor #12 5/Xuño/2008 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A escaseza de terreo edificable, ese foi principalmente a cuestion que levo aos politicos da epoca a trasladar e elixir outro lugar como capital de galicia, porque senón tendo toda a infrastructura administrativa xa na cidade trasladar cara outro lugar e a un lugar onde os poderes facticos da epoca estaban ostentados pola igrexa e que lugar mellor para iso que a cidade elixida, e con isto non quero entrar en ningun tipo de polemica.

sempre en galiza

papuxa70 #13 5/Xuño/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E onde desemboca o Eo RIBADEO

Barcelos #14 5/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pacus Vasques dixit:

"La Coruña debe ser la capital, y el capital debe ser mío".

Este caudillo tan monárquico foi a Vaticano para que o nomeen emperador. O seu maior colmo foi ter na oposición a Augusto César, un nome que lle gostaría para el.

Eu estou moi tranquilo de que A Coruña non sexa a capital. Nin falta que fai. Xa é cara dabondo.

Barcelos #15 5/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non centro centro está Silleda, ou Lalín, ou Arzúa.

Atlantico #16 5/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como di Ranciadas as capitais teñen que estar no centro dos paises, porqué é máis comodo para todos, se algún día o Bierzo ven con nós, pois quizais teriamos que mirar de colocar a capital un pouco máis o leste, pero de momento está ben así.

Paco, o presunto estafador, traballa para quen traballa para o españolismo para dividirnos é que a conquista resulte máis fácil.

Anti_Lusista #17 5/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De onde carallo saca o cacique iste que fose capital do reino?¿? A Real Audiencia de Galicia estaba alí, mais nada. Coruña foi capital na II República e punto. Había institucións que estaban tanto en Santiago coma na Coruña, o que fai iste paspán é terxiversar.

En segundo lugar alegrome que a capital non sexa A Coruña, porque se existe unha cidade, non é de agora, neste país onde hai mais xente que se sinte galega con reservas isa é A Coruña, e é un feito obxectivo. Por conta onde foron os actos mais importantes do galeguismo, onde se fundaron institucións tan importantes coma as Irmandades da Fala, onde se produxo o banquete de conxo, onde foi a primeira manifestación do 25 de Xullo????

Santiago é Galicia mesma.

Anti_Lusista #18 5/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As irmandades da fala non é unha institución oh! O seminario de Estudos galegos, que xa mesturo cousas :p

roixordo #19 5/Xuño/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois eu quero que a capital da Galiza sexa Corcubión, por pedir...

Deza #20 5/Xuño/2008 Deza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este é un dos que andaba a encher de minicentrais os nosos rios nos tempos de Fraga. Especulador dos nosos rios e montes que fique no Vaticano e non volte. Seguro que veu recoller algúns dividendos e de paso soltar alguha parvada.

1959 #21 5/Xuño/2008 1959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e porqué non Viveiro!

Xoan_da_Tolda #22 5/Xuño/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sorprende que xente que sempre está a denunciar o centralismo do estado defenda a capitalidade para Santiago co aplastante argumento de as capitais deben estar no centro, "porque é máis cómodo para todos". Por favor, ¿cantas capitais están no centro? Nin París, nin Londres, nin Moscú, nin Washington, nin...

Atlantico #23 5/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non denuncio o centralismo español, o que denuncio é que formemos parte de España, por min que os españois fagan o que queiran co seu pais.

Moscu, mal que che pese esta non cento de Rusia, porque unha cousa é Rusia e outra Siberia.

Londres, case o mesmo se diferenciamos Escocia e Gales.

As capitais teñen que estar no centro, repito por comodidade, se facemos un gran aeroporto na capital do noso Pais, por exemplo, que esté no centro e na capital, para que todos poidamos difrutar del, é dicir Lavacolla.

sophia #24 5/Xuño/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anti_lusista, somos moit@s @s coruñes@s que nos sentimos moi galeg@s, máis que ó millor en Compostela, onde o PP nas ultimas eleccións tivo máis votos que na Coruña. A Coruña é Galiza (quen o dubida?) e @s que vivimos aquí sentímonos galeg@s, como non podería ser doutro xeito, e non concebimos outra forma de vivir que non sexa a través dese sentimento.
Galiza nación! Galiza ceive!

FROUXEIRA #25 5/Xuño/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este home para min que xa está trastornado polo incenso do Vaticano e votase a falar como quen anda de paseo.
Xente de este estilo é a que fai que haxa rivalidades tribales que non son desexables para ningún pobo e menos para o Galego que está farto de ser subniso e condescendente con aqueles que non fan máis que abrir feridas onde non as hai.
O tempo sempre pon a cada un no seu sitio, non tardará en xuntarse canda Fraga en Madrid, os dous xuntos son capaces de facer un novo estado, o que ten Fraga na cabeza e a Cidade Estado que ten Vázquez.
E por riba viven grazas a xente como nos que pagamos os impostos a cambio de QUË?.

Xoan_da_Tolda #26 5/Xuño/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boeno, Atlantico, non te piques que eu iba con ironía ainda que non sei plasmala, porque penso que é un debate bastante absurdo e o argumento da centralidade, con toda humildade, moi frouxo (haberá que falar en termos históricos digo eu, e por ahí poderías levar razón). En realidade, eu prefiro as cousas como están, asi que non ten sentido darlle máis voltas.

Atlantico #27 5/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu son da Coruña e as veces teño que desplazarme a Santiago, por cuestión da súa capitalidade, pode ser incomodo pero non queda moi lonxe. O interior ten que ter alicientes senon queda despoboado, unha capital no centro axuda a equilibrar o Pais.

Se un día O Bierzo e o Eo Navia fosen galegos, a capital ben poderia estar en Lugo, unha cidade tamén con moita historia.

DoutorEsweider #28 5/Xuño/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1ºNa COruña fála-se bastante máis o galego que en Vigo, por exemplo. E se comparamos Culleredo e Arteixo con Cangas e Porriño, xa non te quero dicer!!
2ºA Capital de Galiza debe ser Chantada!

Dogma #29 5/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ei.. isto non mo creo que o dixera el, el diria...

LA CAPITAL DE LA GALICIA DEBE SER LA CURUÑA...

¿para que insistir en mais tonterias?

seganho2 #30 5/Xuño/2008 seganho2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais a questión de fondo non é isa. Capital de qué? Que explique o parvo e os seus seguidores que é Galiza, pra A Coruña ser a capital.
Que expliquen tudos os coruñesistas de que carallo queren ser a capital. Que falen do Reino de Galicia, do seu ser, dos seus dereitos, do seu corpo, pra logo decidir ónde é que ten de estar a cabeza.

simplementeego #31 6/Xuño/2008 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a min sudame un carallo onde metan a capital esa do demo, como dicía castelao os galegos identificamos o noso pais cos eidos nativos.. a chamada morriña. A capital do meu pais esta onde eu a sinto, onde eu creo que vin galiza. Cada un que faga o mesmo, q se queren q a oficial sexa santiago ou A coruña, pois dame igual. Chamademe localista se queredes.

Anti_Lusista #32 6/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Na Coruña fála-se bastante máis o galego que en Vigo, por exemplo" Digamos que teñen un nivel semellante, pero en Vigo eu escoito falar mais en galego. Pero discutir iso é unha parvada realmente, porque non temos dados obxectivos.

Sophia eu non nego que A Coruña sexa galega e que a meirande parte dos coruñeses se sintan galegos, que é verdade e teño amigos alí, pero tamén é o lugar do país onde tamén se coñece a xente que negan a súa galeguidade e din que son coruñeses soamente. Dalí sairon "persoeiros" lamentables tais coma Martín Ferranz ou Mariñas, si o dos programas do corazón, que din que non son galegos entre moitos.

Anti_Lusista #33 6/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No caso de Martín Ferraz dicía porque morreu.

Atlantico #34 6/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se Mariñas di que non é galego, doulle o meu apoio totalmente, non quero que manche a nacionalidade galega semellante *******.

mceleiro #35 6/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los Resentidos curuñeses: Galicia, capital Madrid.

sophia #36 6/Xuño/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con Atlantico. Tanto o Mariñas ese coma o Paquiño el curuñés de toda la vida, fannos un favor ó non considerarense galegos, agora, que non digan tampouco qeu son Curuñeses, porque A Coruña é Galiza, e nunca deixou de selo. Eu cando sallo do País e me preguntan de onde son e digo que da Coruña considéranme galega, non coruñesa por exemplo, e ós meus pais igual.
Na Coruña fálase tan pouco galego coma en Vigo ou en Lugo, por exemplo, e que galego se fala no Ferrol?, ningún. A cidade máis galeguizada é Compostela, onde máis galego se fala nas rúas e onde mesmo nas tendas pídenche perdón se algún empregado castelánfalante se dirixe a ti nese idioma, a min tenme pasado.
O certo é que da gusto ver os cartaces en Compostela todos escritos en Galego, aínda lle queda á Coruña moito pra chegar a iso.

sophia #37 6/Xuño/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con Atlantico. Tanto o Mariñas ese coma o Paquiño el curuñés de toda la vida, fannos un favor ó non considerarense galegos, agora, que non digan tampouco qeu son Curuñeses, porque A Coruña é Galiza, e nunca deixou de selo. Eu cando sallo do País e me preguntan de onde son e digo que da Coruña considéranme galega, non coruñesa por exemplo, e ós meus pais igual.
Na Coruña fálase tan pouco galego coma en Vigo ou en Lugo, por exemplo, e que galego se fala no Ferrol?, ningún. A cidade máis galeguizada é Compostela, onde máis galego se fala nas rúas e onde mesmo nas tendas pídenche perdón se algún empregado castelánfalante se dirixe a ti nese idioma, a min tenme pasado.
O certo é que da gusto ver os cartaces en Compostela todos escritos en Galego, aínda lle queda á Coruña moito pra chegar a iso.

simplementeego #38 6/Xuño/2008 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algo moi semellante coa negacion da súa galeguidade pasa en Monforte, de igual intensidade ca na coruña. Poderedes dicir que en monforte goberna o nacionalismo, pero ali ese nacionalismo esta sustentado polo personalismo do alcalde que todo sexa dito acude a actos de españolistas e ten no equipo de goberno xente q fala castelán habitualmente fora das institucións. Monforte e a coruña van da man niso, só teriades que estar pouco tempo en monforte para velo. O que pasa é que ten menos relevancia e ninguen o ve. sen embargo noutras vilas dos arredores: chantada, sarria, etc. isto non pasa. Cal é o factor que provoca iso??

Maeloc-do-Rouco #39 6/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Astorga e mais astur que Uvieu?? E Leom?? Por que Asturies com letras grandres e o resto dos territorios qu emencionas em letras cativeiras?? Semelha o seu comentario um chisco (como pouco) xenofobo, irrespectuosso e mal-educado (isso pode nom ser culpa sua)...
Dous pontos em relazom ao ex prefeitinho da Crunha...O primeiro e dizer que eu achoq ue aco opinamos moito em relazom a galeguidade de Lugo, da Crunha, de Vigo ou Compos cos vicios e costumes adquiridos nos ultimos trinta anos, nos que o sr Vazquez moi renartemente (como bo galeguinho, case como o genuino galeguinho) soubo argalhar contos e mintiras pra ganhra votos e popularidade (mesmo fora da Crunha, chegando a ser num intre o municipe mais popular de Galiza, chegando mesmo a ser agassalhado em Vigo no 2000)....Por outra banda eu acho que esse "constructo" da Crunha como cidade anti-galega etc nom e mais que umha miragem doutras cidades galegas levada ao ridiculo pola politica vazquista, mais a crunha tuvo o primeiro "alcalde" nacionalista do pais, o estudos estatisticos do ILG ponhe-n apor diante de Vigo e Ferrol no numero de galego-falantes (de onde credes que provem a meirande da populazom da Agra, dos Maios, do Monte Alto, da Gaiteira, etc , amsi ca do rural galego?? (ha gente que pensa que tuda a Crunha e JJJJUan Florez!!!)...Nem umha couss anem a outra....Jaora que a moitos corunhesses e moitos gavioteros (vigues??) da Crunha, Lugo, Santiago (o PP e maioritario numha cidade universitaria...mais tamem umha cidade de raigame clerical e absolutista), Ferrol, Ourense, etc etc...Por certo no devandito estudo Lugo e Ourense FALAM bem mais galego que Santiago...Nom sera que a capitalidade e a nom-capitalidade tuveram tamem certo efecto?? (e a posterior e interessada animadversom do vazquismo cara o resto do pais fixo o resto...encol disto, do recorrente "L" e dos negocios, requalificazons, interesses eolicos e inmobiliarios, aparcadoiros sobterraneos, La Voz+Caixa Galicia+PacoV e a precariedade laboral na Crunha)...E tudo complexo dabondo como para sermos lapidarios nalgo que ademais recolhe fobias, emocions, filias, xenreiras e subjectividades des tudos os comaros...Mesmo eu seria doadamente bem critico co que eu diga

roixordo #40 6/Xuño/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema é que a maioría fala da Coruña en base a arquetipos e prexuizos, sen ter nin idea nin coñecela suficientemente. Se Mariñas é da Coruña, ¿de onde é, por exemplo, a señora Lago? A ver se nos deixamos de parvadas tipo "aquí se fala máis galego, pois aquí se escoita máis pola rúa, os cartaces alá están en galego,..." A situación de lingua nas cidades (en todas) é fodida e ben fodida, loitemos contra iso e deixemos aos Pacus Vasquez de turno (que os hai en todos lados) que ouveen o que queiran.
Un saudo.

zigor_strogoff #41 6/Xuño/2008 zigor_strogoff
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As Irmandades da Fala fundáronse na Coruña, non en Santiago.

roixordo #42 6/Xuño/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu penso que todo se resume na frase de Maeloc: moitos pensan que A Coruña tan so é Juan Flórez

baltar69 #43 6/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

en poboadura, na serra do faro, xúntanse os concellos de carballedo, cea e rodeiro ou, o que é o mesmo: lugo, ourense e pontevedra. ahí tiña que estar a capital. de feito ahí está xa; o resto, ese tinglado compostelano, non é máis que a desfeita da collona.

Anti_Lusista #44 6/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"As Irmandades da Fala fundáronse na Coruña, non en Santiago"

Moi ben, xa asumín o erro, pero lee a segunda mensaxe e veras que me refiro ao Seminario de Estudos Galegos.

Anti_Lusista #45 6/Xuño/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, tanto que o PP foi o partido mais votado en Santiago e todo iso, e eu me pregunto... Dende que se foi Paco Vazquez a cantos escanos se quedou o PP do PSOE?¿?¿ E outra cousa mais, seguramente quen será o próximo partido que cogernará A Coruña?¿?¿ Non se quedou a 4000 votos do PSOE, o que é un escano?

¡Hai que ser realistas! os votos pacovasquianos son votos do PP.http://www.lavozdegalicia.com/...

O de Santiago cidade clerical hoxe en día dame a risa, porque se ese non é un estereotipo...

Outra cousa, eu son de Ourense e o nivel de galego que escoito en Santiago é mais que semellante así que non sei de onde sacas esas conclusión e falo con coñecemento de causa porque estudei en Santiago 6 anos.

Non sexamos obtusos, os votos pacovasquianos son votos do PP.

Barcelos #46 6/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Divide e vencerás.

Non hai nada mellor contra o nacionalismo, que o localismo (ultranacionalismo)

Paco-ruña-Vázquez, estará contento de ver como se dan de leites neste foro pola capital.

Vivo e son da Coruña e paso de Capitais. Dáme igual. A quen Deus lla de, a Xunta bendígalla.

Estudei varios anos en Santiago, cando aínda non era Capital e encantábame. Agora non hai quen se mova por alí. E vivir, xa é imposible.

O de que Paco Vázquez era máis do PP que socialista, certo. Traizoou a Antolín Sánchez Presedo cando se presentou á Xunta, para que non lle fixese sombra a Fraga, gran amigo seu.

Gaviotero #47 6/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mí me importa un pito cuál sea la capital donde los chupatintas del PSOE y BNG se reparten el cazo.

Maeloc-do-Rouco #48 6/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anti_Lusista, Santiago foi (e ate certo ponto ainda e) umha cidade conservadora e alicerzada no clericalismo (qual nom quer dizer que tudos os compostelans sejam falangistas nem beat@s...mais tam pouco exactamente o contrario) ..E digo-o logo de estudar ali e conhecer gente de ali tamem (familia de meu)...Em Santiago o que ocorreu e que o capitalidade lhe outorgou umha certa fasquia galeguista, que ate daquela nom lhe fazia salientar por acima de nengumha das outras cidades e vilas e fisse que a cidade atesourara algo que ate aquel intre ignorava...O Santiago do franquismo era o de "Y cierra Ejpania!!!" moito mais conservador ou mais que a Crunha adormecida, alienada e asovalhada da posguerra...O problema e que a ca ninguem conhece a verdadeira historia das nossa cidades, vilas e freguessias e vivemos demasiado de vicios, preconceitos e localismos moitos deles (ou a totalidade) tam faltos de rigor e de siso que a miudo resumem o desconhecemento que temos do nosso proprio pais -eis um dos sucessos da espanholizazom e dos espanholistas tipo "Vazquez" que procurou umha retessia ate certo ponto artificial (o da capitalidade ate certo ponto e sobre tudo o do "L") pra desviar a atenzom e encher os seus petos-. E assim somos tudos vitimas porque a Galiza nom e so Santiago, e (e tem que ser) tamem a Corunha, Vigo, Ourense, Monforte, Viveiro, o Carvalhinho, a Godinha, Tui, a Povoa do Caraminhal, Lugo, Ourense, Mondonhedo, Ponte Vedra, a Guarda, Ferrol, Sarria, Cervantes, Burela, o Barco, Cedeira, Vilalva, Chantada, Tapia, Boi Morto, Cedeira, Riba d'Avia, Bretonha, Verim, Vila Garcia, Lourenza, Riveira, a Estrada, a Rua etc etc...Tudos estes sitios som e tenhem que ser tam Galiza como Santiago (que medrou na sua auto-estima galega des que e capital proporcionalmente ao que "populistamente" PacoV anceiou des-galeguizar a Corunha, --o qual e umha imposibilidade metafisica, historica e geografica malia os esforzos do Vazquez e de moitos benintencionados galegos que agirom contra a Corunha do mesmo jeito quer Vazquez estava desejando que figeram...assim vos funciona o "caudilhismo"---) ou estaremos a fazer as cousas rematadamente mal..GALIZA SOMOS @S GALEG@S E SE EXCLUIMOS A QUALQUER DAS NOSSAS VILAS, FREGUESSIAS, CIDADES E LUGARES (SEJAM MAIS OU MENOS SENLHEIROS) ESTAREMOS EXCLUINDO A TOD@S...GALIZA E A GRANDE DESCONHECIDA DOS GALEG@S...JA QUE LOGO..FORA TOPICOS!!

lurinha #49 6/Xuño/2008 lurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Raro que não escolha o Vaticano.
A Praça de São Pedro é muito mais grande do que a do Obradoiro ou Maria Pita.

Barcelos #50 6/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será porque no Vaticano dan ostias dabondo?

lurinha #51 6/Xuño/2008 lurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Podia fazer um estacionamento em baixo dos que tanto gostam ele e mais seus amigos.
Dava-lhe a vida...!

aldaraonline #52 7/Xuño/2008 aldaraonline
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galiza capital Alhariz!

xurxinho_tolo #53 8/Xuño/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Capital Santiago que é a cidade máis bonita!!!!!

seganho2 #54 15/Xuño/2008 seganho2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixar falar, os Pacos, á Gloria Lago e o seu home, Presidenta e Vicepresidente de La Cosa, e a outros. É bon, os exagerados teñen só a función de parecer que fican no meio os verdadeiros nemigos do galego e da existencia de Galiza. Tantos e tantos xacobinos do PSOE, que como máximo toleran ou soportan iso da custión nacional galega. Pero no pecado vai a penitencia, e resulta caristioso e moi cínico facer compatibel o combate certo á normalización do país coa permanencia no papel "céntrico", "obxectivo", "realista", de obeceder ao proxecto español e simular atención ás necesidades reais da Galiza e a exigencia ineludibel da cidadanía, expresa ou non. E se A Coruña é a Capital de Galiza, hai que ir falando de qué diaños é a Capital: ¿dun Reino? ¿dun país? ¿dunha "autonomía"? ¿dende qué ano? ¿capital da representación do Estado Miembro?. Iso.

Gaviotero #55 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galicia, se dice Galicia. Porque si no, empezamos a decir todos La Coruña y Orense.

ulo #56 16/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixemosnos de sentimentalismo e cousas polo estilo. A capital de Galiza foi decidida nuns anos moi concretos, no fin da chamada Transicion. E se foi Compostela non ten outro motivo máis que alonxar aos politicos profesionáis das cidades onde a conflictividade obreira e popular é máis forte: Vigo, A Coruña ou Ferrol.
En Compostela, daquela e hoxe, só os estudantes a liaban... mentras as outras tres cidades estaban cheas de conflictos obreiros. A comezos dos 80 xa se viña a reconversion industrial, que provocaron entre o 81 e 87 como 3 folgas xerais na Galiza, e ducias de mobilizacions; as de ASCON, Alvarez, e a naval de Vigo; as de ASTANO en Ferrol, as de Sidegasa, Mafriesa, ... na Coruña. Esto sen falar dos conflictos sociais como os de As Encrobas.
Calquer politico profesional que teña dous dedos de frente (Paco Vazquez demostra que non os ten, que só fala para dividir), non poria a capital preto dos traballadores en loita.
A capital, se ha unha na Galiza que é moi dificil definilo, tería que ser hoxe Vigo, que o é a nivel social.
Mais, porque demo temos que debatir sobre capital.... Alem máis, é unha concepcion "española" da política, que todo pasa polo "centro".
A Galiza, como Euzkadi, por exemplo, que ten a súa capital nunha cidade como Gasteiz, mais ten dúas cidades cun peso superior, Bilbo e Donostia, ten como caracetarística a descentralizacion.
Fagamolo así, e o demáis (as cousas de Vazquez) deixemolo como o que é, unha provocación españoleira.

ulo #57 16/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por certo, son, como dirian os que só pensan que A Coruña son os vazquistas, CTV, é dicer, Coruñés de Toda a Vida.

ulo #58 16/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

seganho2, por favor, non insultes aos xacobinos. Xa nos gostaría que tiveramos uns xacobinos, que foron uns revolucionarios.
Os do PSOE son centralistas que é unha cousa ben distinta.
Por que podería dicer que ti pareces Sarkozy e a burguesía francesa que quere esquecer que a súa revolucion fixeronna os xacobinos.
Os xacobinos deixemolos na historia dos revolucionarios, e chamemos aos do PSOE como o que son, uns centralistas monarquicos, que manteñen a opresion nacional da Galiza.

galaica #59 20/Xuño/2008 galaica
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

paquito vaite deitar!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: