Este sábado a revista Novas da Galiza organiza palestras, concertos e outras actividades nos centros sociais da capital galega.
Capa do Novas da Galiza de xuño
Baixo o lema "Compromiso coa independencia" o mensual soberanista galego, Novas da Galiza organiza unha festa este sábado en Compostela.
O programa abrirase ás 17:30 horas no CS Casa Encantada, cunha mesa redonda sobre xornalismo de investigación na que participan Carlos Barros, director do Novas da Galiza; Gustavo Luca, ex redactor de A Nosa Terra; a xornalista Rebeca Quintáns; e Iván García Riobó, ex redactor de Kalegorria e membro do consello de redacción do Novas da Galiza.
Ás 19:00 horas comezará unha palestra sobre xornalismo nacionalista na Galiza de onte e de hoxe, na que han participar Antón Santos, historiador; e Marcos Pérez, ex director de GZ Nación e xornalista de Vieiros.
A seguir, xa no CS O Pichel, comezará a festa, presentada polas xornalistas Xiana Arias e Begonha Caamanho. Haberá sesión de contacontos (con Nilson Leite e Carlos Quiroga), unha intervención de Luís G. Blasco 'Foz' e a lectura de varios textos sobre a comunicación, que han realizar, entre outra xente, o xornalista e poeta Daniel Salgado e o sindicalista Xan Carlos Ansia. Despois farase unha poxa con fotografías de Sole Rei e Natália Gonçalves Devesa, presentada por Os da Ría. A música poñerana Ugia Pedreira, Leo i Arremecághona, Tino Baz e Os da Ría. A entrada solidaria custa 4 euros.
Periodismo nacionalista, periodismo subvencionado.
Al fin y al cabo, eso es lo que hay tras todas estas publicaciones.
Siiiiiii! Novas da Galiza está subvencionadisima Ha, ha, ha, ha, ha!! que parviño é o fulano!
dúas cuestións:
1º Gaviotero, para que entras aquí senón che gusta?
2º o Novas si que estivo suvbencionado, hai probas q o demostran, alo menos nunha ocasión foi subvencinado por algunhas consellerías da xunta, logo creo q esa subvención se lle retirou por non aceptar unhas determinadas condicións. Por eso o Novas non esta subvencionado: polo seu "compromiso coa independencia"
Polo seu compromiso coa independencia ou pola sua opción normativa?
Teño entendido que politica linguistica non subvencionou ó novas pola súa opción normativa. Sí subvenciona a outros xornais castelán falantes, se ve que o merecen máis como La VOZ de galicia por exemplo. Non sei porque medio rural, industria e outras deixaron de subvencionar ao Novas.. Sen embargo pareceme que a lo menos manterse fidel a unha opción normativa sabendo que pasarían menos apuros se mudasen pareceme un compromiso coa independencia, ou polo menos dame a ver que teñen autonomía, cousa que a outros medios lle falta. O novas é un xornal que sobrevive coas suscripcións e as aportación particulares, creo que non ten ningún tipo de axudas. Iso honraos.