Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A unha semana do inicio da campaña de alto risco

Denuncian unha "sabotaxe" na base da brigada contra incendios de Toén

A Consellaría de Medio Rural alertou a Garda Civil e a Policía Xudicial, co fin de que se esclarezan os motivos e a autoría dos feitos.

Redacción - 19:45 08/06/2008
Vista dende a torre

Vista dende a torre

A Garda Civil e a Policía Xudicial investigan un posíbel acto de sabotaxe na torreta da base aérea de Toén (Ourense), logo da denuncia feita este domingo pola Consellaría de Medio Rural, co fin de esclarecer os motivos e a autoría dos feitos.

Os seis tirantes de fundición que ten a torreta amarrados ao pé da estrutura apareceron cortados, e a protección da escaleira no tramo medio estaba rota.

Medio Rural destacou a "irresponsabilidade" dos autores deste suceso, producido na semana previa ao inicio da campaña de alto risco, "ao pretender dificultar a operatividade e a eficiencia do dispositivo contra incendios".

Ademais, indicou que esta "sabotaxe" supón un "agravio" contra o erario público, xa que obriga a restaurar os danos causados con diñeiro dos cidadáns, o que "evidencia", segundo a consellaría, "un escaso aprecio polo servizo público".


5/5 (10 votos)


Comentarios (5)

Atlantico #1 8/Xuño/2008 Atlantico

Ainda lembro como na ola de incendios do 2006, os veciños vían encapuchados polos montes, ou helicopteros lanzando bengalas sobre as árbores.

Tarelo #2 9/Xuño/2008 Tarelo

A miña condena ó acto de sabotaxe. Pero penso eu, que se cadra as argumentacións da Consellería se cadra non son moi coherentes. O digo polo do "agravio contra o erario público" e "o escaso aprecio polo servizo publico". Acaso privatizalo servizo a través de SEAGA e outras formas de administración paralela, non constituen un agravio para o erario público e un escaso aprecio polo servizo público? SEAGA, non se traga. NOn á Privatización dos Servizos Públicos!

unhagrandechea #3 9/Xuño/2008 unhagrandechea

Todos sabemos quenes cometen estas sabotaxes ou de onde veñen: De xente que non sabe perder.
http://www.unhagrandechea.org....

carlosroca #4 9/Xuño/2008 carlosroca

Non queren SEAGA porque queren que siga o chanchullo e ca cacicada en cada concello.

A guerra contra o lume non é nada comparado coa pelexa contra o chanchullo PPero, UGTero, dos CCOO´s e restos...

Tarelo #5 14/Xuño/2008 Tarelo

A Carlos Roca. Nin Seaga, nin Cuadrillas dos Concellos. A Extinción de Incendios Forestais debe ser competencia dun só Servizo Público, o SDCIF da Xunta, por oposición e en igualdade de condicións, o demáis, son chiringuitos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: