O BNG repróchalle ao Ministerio de Cultura, xestionado polo galego César Antonio Molina, que teime en discriminar os grupos do país no reparto de cartos.
A última convocatoria de axudas realizada desde Madrid polo chamado Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, INAEM, entidade dependente do goberno español, resolveuse con apenas 150 mil euros para compañías de Galiza, de entre un total de 10,7 millóns de euros repartidos.
Francisco Jorquera, voceiro do BNG no Congreso, rexistrou na Cámara baixa unha iniciativa similar á que xa levara no seu momento a Cámara alta, cando era senador, queixándose da irregularidade dos criterios do executivo español á hora da repartición das axudas. Son cifras que, na opinión de Jorquera, evidencian a "marxinación" á que o Ministerio liderado por Molina somete as compañías teatrais galegas. O Bloque sinala que cun repartimento que atendese a criterios de poboación, Galiza debería recibir cando menos 700 mil euros neste apartado. De xeito específico, Jorquera tamén se laia da falta de axudas desde Madrid ao Festival Mozart e o Festival de Ópera da Coruña.
Cultura única promovida polo Estado que so cre nunha única nación abafante coas demáis e nunha cultura salferida de touros e bonecas de flamenca enriba dos televisores.
O Ministro de Cultura era ese señor que ía de primeiro pola provincia da Coruña, non? Que facil lle é sacar votos a PP e PSOE en Galiza.
Pues hace bien el Gobierno de España. Estos nacionalistas encima quieren que les financiemos sus juguetes.
Coño, Quintana, pues págalo tú, como haces con tantas y tantas organizaciones afines, muchas de ellas tan irrelevantes como tú mismo.
Carallo gaviotero, pra ser tan irrelevante, ben caso que lle fas... será que te aburres moito.
Gaviotero, estaría ben que lle contaras iso a tua amigha Marta Rivera de La Croix, xa que tan discriminada e oprimida se sinte. Coa mesma cóido que o Quin debería ser un pouquiño proselitista con individuos coma ti e acordar un convenio co goberno autonómico murciano. Viría ben mandarvos ao outro cabo da península e deixarvos nun xeriatrico españoleiros que ainda quedades na GZ, pois así poderedes ter perto un tablao e toros. Hai que ver polo voso benestar... e xa de paso empadronalos alí, que morran felices que carallo!
O Molina esse não era o galegíssimo ministro que tanto fazia por Galiza (perndão, agora seica é galicia) e que foi eleito por determinada província?
Molina -alias, ministro de cultura do gran "bluff" hispano-católico- mantén fío directo co Vaticano, oratorio de altas preces de D.Paco Vázquez, e segue "ad pedem litterae" as instrucións do egrexio capitán. Estes son os galegos exemplares, bufóns de Corte, que, ao igual que aquel ministro de Franco chamado Fraga, teñen como única e mística ocupante dos seus cerebros a túnica inconsútil de Isabel chamada grotescamente La Católica. Que esperan os galegos dun ministro que segue a ter as mesmas debilidades imperialistas de Menéndez y Pelayo, de Menéndez Pidal, de Ramiro de Maeztu, do pseudovasco, Unamuno?
Lo mejor que se puede hacer con el Ministerio de Cultura y sus consejerías autonómicas varias, es cargárselo.
La cultura no necesita de políticos que la mantengan subvencionada.
Que viva por sí misma.
Gaviotero... cada verba túa que chega aos meus ollos é coma se me cuspisen nos fociños. Animaliño do señor, de onde carallo saíches? En primeiro lugar vouche explicar unha cousiña: O teatro galego é o teatro da Galiza e polo tanto tamén está en castelán. Non confundas o queixo coas cebolas e non cuspas cara ao ar que che vai caer na fronte.
Como podes dicir que cultura non pode ser axudada polo goberno? Ti que piñeiro caiches? O goberno axuda á Igrexa... porque aí non te queixas?
Os liberais som-che o caralho...para o que lhes convem, proteccionismo a tope, para o que nom, tudo o contrário. O problema nom é que nom haja ajudas, é que nom as há para uns e para outros sim. Pois se nom as há, que nom as haja para "nindios".