Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

A grave situación económica do Celta obrígao a se acoller á Lei Concursal

A norma, sucesora da Lei de Suspensión de Pagos, non implica que o consello de administración perda as función que ten atribuídas.

Redacción - 13:30 10/06/2008

O Consello de Administración do Real Club Celta de Vigo decidiu acollerse á Lei Concursal (a antiga suspensión de pagos) como vía para intentar reducir a débeda acumulada, que a data de 30 de xuño de 2007 estaba cifrada en 84 millóns de euros, e á que hai que sumar as perdas orixinadas esta tempada como consecuencia do seu non ascenso a Primeira.

A través dun comunicado de prensa, o club informou de que "con esta medida (aprobada por unanimidade dos conselleiros presentes) o consello pretende construír un club sólido no aspecto deportivo, estábel no económico e cunha esperanzadora proxección de futuro".

O plan de viabilidad, que non implica a perda das funcións atribuídas ao consello de administración nin das súa política de fichaxes, inclúe a negociación cos dous grandes acredores do Celta: Facenda e Caixanova. Ademais, estase á espera de que o Concello de Vigo aprobe a cesión de Balaídos ao Celta por outros vinte anos, incluíndo a explotación publicitaria e os baixos comerciais.


5/5 (2 votos)

Comentarios (3)

UnDeTantos #1 10/Xuño/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estiveron tanto tempo enchéndose a boca cos problemas do vecinho de arriba que cando se quixeron dar conta os que se meteron no lio foron eles.
Estálhes ben empregado.

(Dio un anti-futbol)

unhagrandechea #2 10/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que é grave realmente a falta de xente preparqada en Vigo para coller este euipo e non un facto de inútiles que se veñen a servir do Celta para medrar tanto economica como politicamente. A xente de dereitas arruina o futbol.´
Ven o I SERÁN RAMON CABANILLAS EN CAMBADOS - ACTUACIÓN DE TREIXADURA.
Máis información en:
http://www.unhagrandechea.org....

xoselado #3 10/Xuño/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"A nova lei non implica que o consello de administración perda as súas funcións" Coño, que tranquilidade parece desprenderse dese titular. Entendo humildemente que a nova Lei Concursal tamén preve que en determinados casos sí se poda sustituir aos consellos de admisnistración das empresas concursads.E dicir,que se o sr Xuiz non aprecia mala xestión poderán seguir nos seus postos pero no caso contrario, poderá sustituilo pola Adción Concursal.Como se pode chegar a esos 80.000 euros de débeda? Seguir coa política de fichaxes?Pero como a Adción Tributaria, principal acreedora, permite chegar a esa situación?Como se permite esa situación no resto dos clubes españois?E a responsabilidade deses xestores, que tamén se recolle na lei concursal? En fin...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: