Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
12 de xuño

Día dos Namorados no Brasil: o produto das mentes comerciais

A véspera de San Antón, celébrase no Brasil o Día dos Namorados, unha data pouco romántica, creada por uns grandes almacéns hai algo máis de medio século.

Redacción - 10:45 12/06/2008
No Dia dos Namorados é tradición agasallar tortas ou pasteis, ademais de cartóns de felicitación

No Dia dos Namorados é tradición agasallar tortas ou pasteis, ademais de cartóns de felicitación

O Día dos Namorados é no Brasil o 12 de xuño, data perfecta para conmemorar a unión amorosa das parellas, agasallar caixas de bombóns con forma de corazón e mercar calquera cousa con un ar romántico, se pode ser.

Aínda que en Portugal, e nos países do Hemisferio Norte, a data para celebrar este día é o 14 de febreiro, día de San Valentín, no Brasil a data conmemorativa é o 12 de xuño por ser véspera do Día de San Antón, santo portugués con tradición de casamenteiro, probabelmente debido as súas pregas polo respecto á importancia da unión familiar. O casamento, que estaba pasando por un mal momento naquela altura, na Idade Media, traía consigo a unión carnal, considerada pecado, nun período no que se valoraba máis a vida espiritual, achegada ao celibato.

Do padre milagreiro e namorado á loxica do mercado
A orixe do día de San Valentín é, se cadra, máis romántica (fala dun bispo, Valentinus, que na Roma do ano 270 a. C. se arrepuxo ao emperador Claudio II que quería prohibir o matrimonio. Cando foi preso, condenado a morte, o santo namorou dunha cega, que volveu ver. Mesmo considerado santo por este milagre, foi executado o 14 de febreiro mesmo); aínda que logo virase en máis comercial. Pola contra, no día brasileiro dos namorados hai, dende o comezou, unha forte implicación comercial, froito dunha mente economista, ou como lles gusta dicir aos brasileiros, dunha mente paulista.

"Não é só com beijos que se prova o amor"
Parece ser que o nacemento desta data conmemorativa xurdiu dunha tenda de São Paulo, que artellou unha promoción pioneiro en 1948. A idea estendeuse por todos os comercios brasileiros, aínda que tamén hai quen cre que o Día dos Namorados foi introducido por un publicitario, João Dória, por encomenda das Lojas Clipper, comezados os anos 50. Dória creou unha campaña comercial co slogan "Não é só com beijos que se prova o amor". A intención toda era traer o concepto comercial do Día de San Valentín, e a escolla do 12 de xuño, coa escusa do perto que está o San Antón, está supostamente relacionada co propósito de facer medrar as vendas nun período no que están algo baixas.

De feito, cada ano polo 12 de xuño medran as contratacións temporais no Brasil, por diante mesmo do Día da Nai. É a terceira mellor data do ano para o sector, posto que tamén medran as vendas (un 2,5 por cento), os anuncios e as accións publicitarias das tendas e das grandes superficies comerciais.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Escrito sobre amar, a carón do mar, en Floripa, no Brasil / Flickr: vanmagenta
Escrito sobre amar, a carón do mar, en Floripa, no Brasil / Flickr: vanmagenta
O Cupido (deus do amor na mitoloxía romana) da praza Piccadilly Circus, en Londres / Flickr: hop-frog
O Cupido (deus do amor na mitoloxía romana) da praza Piccadilly Circus, en Londres / Flickr: hop-frog