A nova versión do navegador tentará ser a máis descargada entre as 19 horas do martes 17 e do mércores 18 de xuño.
No medio dunha importante campaña mediática, baseada principalmente na internet, este martes saíu o Firefox 3, a nova versión do navegador de código aberto máis estendido. Ademais, o obxectivo de Mozilla de bater unha marca Guinness de descargas en 24 horas provocou o nerviosismo dos internautas, que tentaron, sen éxito, intentar obter o software dende primeira hora da mañá, e que saturaron os servidores dende o momento do lanzamento.
A hora fixada foi as dez da mañá, hora de verán do Pacífico estadounidense, equivalente ás sete da tarde en Galiza. Dende ese momento e até a mesma hora do día 18, Firefox 3.0 aspira a se converter no programa máis descargado. Máis de 1,7 millóns de apoios poden ser unha idea do resultado que se acade finalmente.
A nova versión do navegador inclúe máis de 15.000 melloras, aínda que o que máis notarán os seus usuarios é o espectacular aumento de velocidade, fronte ao Firefox 2, que consumía grandes cantidades de memoria. Tamén ofrece, entre outras, a posibilidade de gardar a páxina en que se estaba ao pechar o programa, e mellora substancialmente as medidas de seguridade contra páxinas maliciosas.
Eis a versão em galego:
http://www.mozilla-europe.org/...
Os compañeiros de mancomún xa puxeron na súa páxina un paquete de idioma en galego a espera de que saía a versión oficial. Como traballan estes rapaces.
http://www.mancomun.org/novas/...
Embora eu goste mais do Safari, reconheço que o Firefox é o melhor navegador e o mais universal, devido ao facto de estar disponível para MAC, Linux e Windows, para além das inúmeras línguas em que está disponível. Eu fico coma versão na nossa língua já apontada polo Moledo. Obrigado e saúde!
Instalei a versión portuguesa do Firefox e logo o pacote de lingua galega (mac osx) tal como indican as instrucións de Mancomún. O firefox segue en portugués, o pacote galego non funciona. Fago algo mal?
E en windows xp pasa o mesmo que en mac osx.
Eu instalei o paquete de mancomun é está perfectamente en galego
Ola eu tentei instalar o paquete de man comun no firefox e non funciona. seguin os pasos e incluin o codigo que indican en propiedadea>aceso directo>destino e dime que hai un erro e que non existe. Terei que esperar a que saquen o firefox debidamente traducido mais se alguen me pode axudar agradeceríao.
Saudos