A entidade pediu una reforma do sistema, dado que as finanzas públicas do Estado cada vez están menos capacitadas para lle facer fronte a este gasto social.
No seu Informe Anual 2007, o Banco de España indica que é preciso adoptar medidas urxentes para aumentar as contribucións ao sistema público de pensións e fomentar o "desenvolvemento de sistemas complementarios".
Segundo a entidade monetaria estatal, é preciso reformar canto antes o sistema de pensións porque as finanzas públicas do Estado Español teñen que se enfrontar, cada vez, a retos máis importantes, como consecuencia da presión que exerce sobre o gasto público o avellentamento da poboación.
Xunto á reforma do sistema de pensións, o organismo dirixido por Miguel Ángel Fernández Ordóñez instou ao goberno español a adoptar varias reformas estruturais para fortalecer o tecido produtivo, de tal xeito que se senten as bases para unha rápida recuperación dun dinamismo sustentábel.
Reforma do mercado laboral
Neste sentido, o Banco de España recomenda facer cambios nos mercados da negociación colectiva e nos sistemas de contratación laboral, que permitan facer un "axuste" dos salarios "da magnitude precisa" para impedir que, nun contexto de desaceleración económica, o axuste recaia principalmente sobre o emprego temporal, que segue a representar máis do 30 por cento do emprego total.
Neste sentido, falan de seguir avanzando en reformas do mercado de traballo, facilitando que os incrementos de salario se correspondan cos incrementos de produtividade (de xeito diferenciado entre sectores e empresas), e abordando algunhas das reformas pendentes no ámbito da contratación.
"O feito de que o cambio de ciclo da economía estatal se estea a producir nun momento de repunte salarial e de significativo deterioro da situación inflacionista fai máis apremiante, se cabe, afrontar este tipo de reformas", reitera o informe da entidade.
Revisar os incentivos fiscais da compra de vivenda
En materia de vivenda o Banco tamén se pronuncia, apostando pola creación dun sólido mercado de aluguer (revisando, para isto, a Lei de arrendamentos urbanos, promovendo a vivenda de protección oficial e revisando os incentivos fiscais á compra, que favorezan este réxime).
Liberalización da enerxía, as telecomunicacións, os transportes...
Finalmente, a entidade aposta por adoptar medidas políticas de liberalización e desregulación nos mercados do gas, electricidade r comercialización de hidrocarburos líquidos, así como no sector das telecomunicacións, o comercio minorista e o transporte. Estas políticas, engade, deben ir acompañadas de marcos reguladores "máis simples, transparentes e estábeis".
Xa empeza o "tam-tam" dos tecnócratas.
Logo virán as declaracións dos políticos.
Ao final, os sindicatos, sempre tan responsables, pactarán unha nova rebaixa dos dereitos (neste caso das pensións)dos traballadores, non tan brutal coma pretenden os "tecnocraticos políticos", pero si o bastante profunda pra "manter o sistema"... á conta nosa, claro.
Semana de ata 65 horas, máis "flexibilidade laboral" (precariedade, paro...) mingua de salarios ao non poder seguir o ritmo da inflación... e agora, tócalle as pensións.
Ou nos xuntamos e lle plantamos cara a este ataque da dereita e dos capitalistas ou imos pasalas canutas. amoscaesquerdosa.blogspot.com
Está ben claro por boca de quen fala o Banco de España. Nas dúas últimas décadas vese claramente como as plusvalías do sistema se basean en expremer (privatizar) os servizos básicos e esenciais das familias traballadoras: vivenda, garderías, educación, infraestruturas... agora atacan vía subministros: enerxía, alimentación...
Por desgraza ninguén sabe como parar esta dinámica na que se plasma unha vez máis a depredación da máis indigna riqueza sobre a máis calamitosa pobreza. O certo é que as receitas da esquerda perderon a confianza de millóns de persoas por máis que outros tenten reformular outro mundo posíbel á par que o resto tenta procurar o pan de cada día... quizás, e digo quizás, só o propio capitalismo será responsábel da súa destrución. O problema sería albiscar cara onde...
O que parece probábel é que as mobilizacións a favor de relaxar os prezos poden ir en aumento, porque a inflación encuberta polo poder económico e político tras a instauración do euro (e non só producida pola suba do petróleo) mermou considerabelmente o poder adquisitivo de amplas capas da poboación. Agora engadimos a crise financieira e o desemprego producido polo rebentón da burbulla inmobiliaria... todo isto vai conducir un contexto de axitación social que está por ver como rematará, se abalando á esquerda ou a dereita, pero abalar, abalará.
A algunos nos llamaban "agoreros" y "antipatriotas" por decir esto mismo ANTES de las elecciones generales...
Pues nada, nada...a seguir votando a ZP y a joderse (con perdón...), que yo ya tengo mi plan privado de pensiones.
Pois co teu plan privado de pensións, poden pasar tres cousas, que che vaia ben e cobres un bo diñeiro, que morras antes (non cho desexo), co que o banco se vai rir de ti de carallo, ou que perdas cartos ou que apenas gañes nada, porque é falso que as inversións en bolsa sempre gañen, hai centos de plans de pensións que se foron ao tacho. Así que ti mesmo, polo teu ben, que sexa a primeira das posibilidades
Está claro, os bancos buscan liquidez e limitan o credito pola crise, e hora de que o seu ministro lles busque novos clientes que ingresen o plan de pensións tódolos meses.
E logo como ZP ("Zorro Pratexado") se permite suprimir impostos estáveis como o que había sobre da propiedade?
Ou forma parte por enésima vez da mesma cantinela para dar clientes á banca privada? Non aprenderon nada das inversións famosísimas nos créditos pouco fiabeis?
Ou xa se envalentonaron -non me extraña nada- para privatizar tamén a SS?
Tamén "fastidiaría" (con J) que houbera outro responsavel distinto do capitalismo, de nós (que o mantemos).
A Constiuição Europeia à que o Reino de Espanha deu o apoio incondicional, logo camuflada baixo o Tratado de Lisboa, proibe totalmente o sistema de pensões do Estado Espanhol. Tem de ser privatizado.
Como o NÃO de Irlanda lhes dá igual, o neoliberalismo segue o seu percurso. Há que preparar a opinião pública para as mudanças que se aproximam. Será "afrontar" a crise, blablablabla...
#3 Concordo contigo em tudo menos no último. Lembras aquilo do "corralito"...???
Esta moi ben o da contención salarial, o malo é que so serve para os salarios mais baixos das empresa e o pouco que se aforra gastase con creces na metade dun plus dun concelleiro ou dun executivo por conseguir ganancias a curto prazo que non garanten a continuidade da empresa. Xa está ben que neste país se paguen os salarios mais baixos e se manteñan os marxes de ganancia empresarial mais altos. Xa está ben de continuas reduccións dos impostos directos con aumentos dos impostos indirectos que provocan desigualdade e perda de capacidade adquisitiva dos salarios mais baixos. Xa está ben de chorradas de politicas de esquerdas ou de dereitas cando neste país nin ZP nin Rajoy fan políticas pensando nos traballadores, senon exclusivamente nas empresas.