Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pleno do Parlamento Europeo

A UE aproba a norma que permite reter 'inmigrantes ilegais' até 18 meses

A lei recibiu o apoio de 369 europarlamentarios. Un total de 197 votaron en contra e 106 abstivéronse.

Redacción - 14:05 18/06/2008
Manifestacion contra esta directiva. Na faixa pódese ler "Non á Europa fortaleza" / Flickr: agualva

Manifestacion contra esta directiva. Na faixa pódese ler "Non á Europa fortaleza" / Flickr: agualva

O pleno do Parlamento Europeo aprobou esta cuarta feira, por 369 votos a favos, 197 en contra e 106 abstencións, a polémica norma que simplifica os procedementos de repatriacións dos inmigrantes.

A directiva (que recolle, entre outras cousas, un apartado no que se especifica que os inmigrantes poden ficar un máximo de ano e medio recluídos nun centro de internamento, mentres agardan pola súa expulsión do país) recibiu o apoio maioritario do grupo popular europeo, incluída a delegación española, e dos liberais.

Os socialistas dividíronse, aínda que a delegación española tiña previsto votar a favor, a pesar do rexeite das súas emendas. O grupo dos verdes e de Esquerda Unitaria, como se prevía, votaron en contra do texto.

Dous anos para aplicala
O visto e prace da Eurocámara supón o punto e final da tramitación da directiva. Unha vez publicada no Boletín Oficial da UE, os estados membros teñen o prazo de dous anos para introducila nas súas respectivas lexislacións nacionais. Ademais, han ter un ano a maiores para prestar a súa asistencia xurídica e de balde aos inmigrantes inmersos nun proceso de expulsión.

Con esta aprobación volveu saltar a alarma no seo de varios movementos sociais e ONG, entre elas Amnistía Internacional, que xa denuncio en reiteradas ocasións que esta norma vulnera os Dereitos Humanos. Para a responsábel da Comisión Nacional de Emigración do BNG, Ana Miranda, esta cuarta foi "un día triste para a Unión Europea, pois a aprobación da proposta de directiva de retorno, a chamada directiva da vergoña, fai primar os valores da seguranza polos da liberdade, e non ten en conta a denuncia unánime de oposición de numerosos colectivos da sociedade civil europea nin as denuncias realizadas dende estados latinoamericanos como Bolivia e Ecuador e varias organizacións cívicas africanas e sudamericanas. Esta proposta restritiva de dereitos supón un acto de renuncia do Parlamento Europeo aos propios valores que sempre defendeu, sen ir ao fondo das causas da inmigración ilegal".


3/5 (2 votos)

Comentarios (4)

ecoe #1 18/Xuño/2008 ecoe

Unión ou vergonza €urop€a?:
http://www.gara.net/paperezkoa...

ecoe #2 18/Xuño/2008 ecoe

Outro xeito PERVERSO, que tamén produce víctimas inocentes, implántao o imperialismo USAmericano no Caribe, especialmente co caso cubano, ca Ley USA de Ajuste, que ofrece nacionalidade e traballo a quen toque terreo USA directamente desde o mar:
http://www.granma.cu/espanol/2...

sonken #3 19/Xuño/2008 sonken

E que votaron os "socios-representantes" do BNG no Parlamento europeo??

amoscaesquerdosa #4 19/Xuño/2008 amoscaesquerdosa

Un novo ataque contra os dereitos dos traballadores, nesta caso contra a parte máis feble dos mesmos: os sen papeis, os desprotexidos. EN ADIANTE OS DEREITOS DO HOME DEPENDERÁN DUN DOCUMENTO BUROCRÁTICO.
Pero a indignación moral non debe evitar a comprensión política. Isto vai na liña da semana das 65 horas, da precariedade laboral e o paro ("flexibilidade laboral", segundo o progresista goberno da Xunta que corre, iso si, para pagar os seus "pluses" de altos cargos), da mingua dos salarios comidos pola inflación...
Quen se quede na condena moral, non entenderá nada...
Por certo, unha vergonza para o PSOE (salvo as honrosas excepcións de Borrell e Oriols) e outro tanto para os de "Galeuscat", votando o de CiU a favor e o do PNV abstención (que equivale de facto a dicir un si acovardado).
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: