Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A OBESIDADE INFANTIL

Froita contra lambetadas

As escolas deberán deixar de vender produtos de azucre e pasar a ofrecer froita e vexetais.

Redacción - 09:30 23/06/2008

Promover a comida saudábel e evitar a obesidade infantil. Estes son os obxectivos que se marca a Unión Europea nun documento que vén de elaborar a Comisión e que xa lles foi remitido aos diferentes países. A idea é retirar as máquinas de comercialización de lambetadas, bebidas doces e "snaks" aromatizados e con azucre, e, no seu lugar, ofrecer froita e vexetais.

Polo de agora é unha recomendación que se dirixe á eliminación dos alimentos chamados competitivos dos colexios. Porén, advirten de que deben de ser tidas en conta polos ministros europeos e que a proposta formal, que será presentada o vindeiro mes, incluirá esta medida xunto cun orzamento de 90 millóns de euros para o financiamento de medidas coma esta que loiten contra a obesidade infantil.

Obesidade alarmante
Este programa diríxese ao incremento duradeiro na porcentaxe de froitas e verduras nas dietas dos máis pequenos. Quérese frear unha tendencia que xa é alarmante: ata o 27 por cento dos homes e o 38% das mulleres en Europa son considerados obesos.

O consumo diario de froitas e verduras en Europa é dunha media de 380 gramos por persoa, cifra que se atopa por baixo da recomendación da Organización Mundial da Saúde (400 gramos).


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

rosinha #1 23/Xuño/2008 rosinha

pois si, e ademais nésta época que hai de todo, as froitas máis saborosas do ano! o outro dia merquei unhas cereixas mellores ca calquera golosina!

DanielErreCe #2 23/Xuño/2008 DanielErreCe

A vantaxe das dietas lixo é o seu prezo. Por iso as economías domésticas menos boiantes optan por alimentos ricos ao mesmo tempo en hidratos de carbono e graxas (pan branco, bolería industrial, pratos precociñados, alimentos ricos en zucres refinados, todo mesturado con graxas animais de ínfima calidade alimentaria...). As hortalizas, as verduras, a froita, as carnes magras, o peixe... teñen uns prezos desorbitados que non todas as economías domésticas poden soster. Ademais, unha vez que se entra nesas dinámicas, os paladares acaban por adurmiñar, obtendo o azucre un modelo metabólico moi parecido ao do alcol (poderíamos falar seguramente dunha dependencia moi semellante á dos alcólicos). Lembremos que azucar e alcol son dúas estruturas químicas bidireccionais: o azucre se converte en alcol e viceversa. Por iso é tan importante que os cativos se acostumen a "comer de todo", para evitar que o paladar se afaga só aos azúcares.

E ollo coa froita, alimento moi rico en zucre natural, aínda que de mellor calidade que a sacarosa (azucre refinado). Debe COMERSE SOA, por exemplo no almorzo ou na merenda, e elixir ben: a mazá é moi boa elección, pero o plátano xa non tanto, o mesmo que os aguacates. En xeral, débese optar por aquelas froitas máis ricas en auga e fibra (mazá, pera, cereixa, pexegos, sandía...) e ser máis prudentes co plátano, coco e outras froitas que apenas achegan fibra.

Ademais, é moi importante saber que os hidratos de carbono (pan, arroz, patacas, pastas) non son outra cousa que azúcares e que é moi importante inxerilos coa maior cantidade de fibra posíbel, por iso é fundamental mudar o hábito de consumir pan branco e optar polos integrais ou os que teñan un alto contido de centeo. E, sobre todo, tratar de non mesturar graxas animais e hidratos de carbono nas mesmas inxestas (pan con queixo, con chourizo, con touciño... todos eses alimentos ricos en graxa é mellor comelos con verduras ou ensaladas, e se non se pode prescindir do pan, porque saber, sabe que consola, pouco e con moita fibra.

ecoe #3 23/Xuño/2008 ecoe

A U€ nunca vai estar contra as máquinas comercialuizadoras de prefabricados de doces e bebidas! Todo qsuedará en recomendación (salvar a roupa da áuga)!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: