As Forzas de Seguridade, a Axencia Tributaria e mais a Xustiza son os eidos públicos onde menos se emprega. Na prensa, as cifras son mesmo peores.
As portadas dos xornais en papel saen en galego cada 25 de xullo
Os sectores públicos que utilizan en menor medida o galego son a Policía Nacional, con 25,93 puntos sobre 100, seguida da Axencia Tributaria, con 27,9, e a Administración de Xustiza e mais a Garda Civil, con 9,6 puntos ámbalas dúas. Estes son algúns dos datos que se desprenden do último estudo realizado polo Observatorio da Lingua Galega, pertencente á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O informe tamén subliña o baixo índice do uso do galego no mundo das finanzas, o comercio e maila empresa privada, onde os datos non chegan aos 34 puntos. Pola contra, os sectores que rexistran un emprego da nosa lingua maior son a Educación e mais a Administración. O maior índice acádao o ensino non universitario (con 88 puntos sobre 100), seguido do universitario (71,98 puntos), a Xunta (78, 16), a Administración Local (72,28) e as entidades estatutarias galegas (85,91).
O informe baséase no estudo de 7.500 enquisas e 22 paneis de escoita, ademais da análise da rotulación e das comunicacións ao exterior, a utilización do idioma polo persoal, os criterios lingüísticos, o uso interno e a documentación.
Medios de comunicación
Outro dato negativo refírese á utilización do galego nos medios de comunicación. Malia as subvencións para fomentalo, o estudo revela unha escasa presenza da lingua do país tanto en medios escritos, como na radio ou na televisión.
Se falamos de xornais, os seis de máxima difusión en Galiza só empregaron o galego para o 6,5% dos seus textos, correspondendo á publicidade un 14,7%, e ás noticias só un 4,6%. A radio só adica ao galego un 20% do seu tempo semanal, e a televisión non destina máis dun 65% do seu espazo publicitario das desconexións para Galiza.
Poco, lo que se dice poco, lo habla Touriño. ¡Ah! Y algunos insignes nacionalistas como el alcalde de Pontevedra, el Sr. Lores.
Y además me pregunto, ¿por qué tendrían que usar el gallego? El castellano es tan gallego como el gallego.
¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!! ¡¡¡NO AL TOTALITARISMO LINGÜÍSTICO!!!
DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...
'Uñaa00!!
Oes Gaviotero,
ti pq lle tes tanta tirria ó galego,
non te tocará no peto como a certo matrimonio de vigo,
non?
Cando banearedes a este paxaro. Que xa está ben de aturalo!!!
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta de patacas fritas...
Que a violación dos dereitos lingüísticos na Galiza da Comunidade Lingüística Galega e mais dos seus membros é algo sistemático e masivo évos algo sobradamente coñecido.
Poren, o que aínda non vos está ben artellado é a resposta individual, colectiva e, sobre todo, institucional (nomeadamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística) fronte a esa violación de dereitos fundamentais e humanos.
Neste eido bótase en falta un servizo de representación e defensa xurisdicional de balde que asuma, previo consentimento da persoa afectada no caso de dereitos individuais, a tutela xurídica dos dereitos lingüísticos.
O demais, coma sempre, évos fume!
Dame a min que hai un que xa está para colgar
O que resultaría interesante é que os medios propaganda privada non contaran cunha subvención que se nos detrae a nós todos do soldo. Esa prensa podrida é a que está a "hacer imperio".
Por decencia deberíamos prantexarnos xa, canto antes, a obxección fiscal (e total) por este abuso e tamén pola mera existencia da policía e os carcereiros do Estado terrorista (e tamén polos que plantexa o BNG).