Un acto na Casa da Cultura precederá a un xantar popular no Campo de San Roque.
No blog rafaelmouzolago.nireblog.com veñen organizando dende hai unhas semanas unha merecida homenaxe a Rafael Mouzo, que foi alcalde de Corcubión durante 25 anos: "Pódese dicir que Rafael leva toda unha vida arrimando o ombro, traballando, loitando, revolucionando, aportando e realizando ideas e proxectos que redundarán no beneficio xeral".
En Corcubión os bonos para a asistencia ao xantar pódense adquirir no Kiosco "Rosalía" e na Mercería "Lola". Os actos comezarán ás doce do mediodía cun acto na Casa da Cultura.
Rafael Mouzo foi elixido alcalde da vila aos 32 anos polo Partido do Traballo de Galicia (PTG), nas primeiras elección democráticas (1979) despois da ditadura franquista. Conseguiu estar 24 anos ininterrumpidamente á fronte da alcaldía logo de gañar outras 5 eleccións por maioría absoluta como candidato do Bloque Nacionalista Galego. O 31 de marzo de 2008 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro. O motivo da dimisión debeuse a "motivos persoais de saúde".
Sumo-me à homenage. Rafael Mouzo, sempre foi umha pessoa muito solidária e merece a correspondência.Lembro umha greve de fame em Conjo, pola liberdade de pres@s independentistas e a sua volta à Galiza, Rafeal foi o único presidente de cámara municipal do pais que fijo chegar a sua solidaridade e apoio.Um abraço pois, e faremos o que podamos por estar la.
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral