Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No camiño do autogoberno

O PP avalía que o bipartito só conseguirá o 15% das transferencias prometidas ao inicio da lexislatura

Recordan que se fixara un obxectivo de 70, "e Galiza só suma nove" desde 2005. Acusan a Touriño de boicotear o proceso.

Redacción - 20:00 23/06/2008

"Confiemos en que á quinta vaia a vencida", ironizaba este luns o voceiro do grupo parlamentario do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, lembrando as catro ocasións nas que se aprazou a transferencia a Galiza do Parque das Illas Atlánticas. Para os populares, trátase dun exemplo das "tensións" que rodearon o proceso de negociacións entre a Xunta e o goberno español no camiño da ampliación do autogoberno.

O PPdeG calculou que con estas catro últimas, o Goberno rematará a actual lexislatura "deixando sen asumir o 85,15% das competencias que anunciara ao inicio deste mandato". Segundo Ruíz Rivas, ese balance converte este cuadrienio "no menos produtivo para o autogoberno de Galiza desde a posta en marcha do Estado das Autonomías, a pesar das expectativas alimentadas polo bipartito".

Responsabilizan a Touriño dun "boicot"
O voceiro do PpdeG considera que a situación é responsabilidade do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a quen acusa de "boicotear o proceso de ampliación do autogoberno de Galiza para evitar que o protagonismo recaia sobre o seu socio nacionalista, o vicepresidente, Anxo Quintana".

Como exemplo sinalan a reunión prevista inicialmente para o pasado martes, "e que foi desconvocada oficialmente por problemas técnicos", cando na opinión dos populares "o certo é que foi boicoteada deliberadamente pola Xunta, como demostra o feito de que os representantes dos grupos parlamentarios que debían participar na xuntanza non chegaron a recibir convocatoria oficial algunha para tomar parte nela".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: