A formación liderada por Rosa Díez presentará un proxecto de lei en favor do privilexio para o español.
Unión Progreso y Democracia, UPyD,a formación política que, liderada pola ex eurodeputada socialista Rosa Díez, conseguiu un asento no Congreso nas últimas eleccións xerais, elixiu que a súa estratexia inicial no comezo de lexislatura se centre no ataque ás linguas minorizadas e a argumentación sobre os presuntos problemas para os español-falantes no conxunto do Estado.
Como chanzo previo, dúas ducias de intelectuais vencellados directamente a este partido ou que en diversos momentos se manifestaron a prol de UPyD, asinan o chamando "Manifiesto por la Lengua Común". Entre eles aparecen o escritor Mario Vargas Llosa, o profesor Fernando Savater e Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago. O documento expón a existencia de presuntos problemas para os falantes de castelán e subliña que a lingua castelá "é común e oficial" sendo "a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois". Así, os asinantes piden que o Congreso aprobe "unha normativa legal do rango axeitado, que no seu caso poida esixir unha modificación constitucional e dalgúns estatutos autonómicos" para evitar eses supostos obstáculos ao español.
"Nas comunidades autónomas con dúas linguas hai 16 millóns de persoas que non poden estudar castelán", chegou a dicir Carlos Martínez Gorriarán, catedrático de Filosofía, durante o acto de presentación do manifesto. A panca para forzar o debate sobre esa cuestión será UPyD, que xa anunciou a presentación dunha proposición de lei para evitar o que cualifican de "discriminación por razón de lingua". O partido de Díez vai deste xeito un chanzo máis aló dos que tiña andado no seu momento o PP, desde onde algúns deputados presentarán iniciativas concretas en materia lingüística falando de suposto "acoso" ao castelán. Así, na práctica, UPyD aspira por exemplo a retirarlle total ou parcialmente as competencias en materia de Educación aos gobernos de Galiza, Cataluña e Euskadi, propoñendo que sexa o goberno español o que fixe os criterios en materia de lingua nas aulas.
Solución: a independencia.
Iso é de intelectuais? "manifiesto por la lengua común"? Se non sacan un carallento deputado en Galiza, Euskadi, e Catalalunya será por algo. QUE NOXO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Sempre facendo amigos,xentalha¡¡¡.Que ben fixeron cando lle cravarom a porta ó Blanco ,mágoa que nom lhe coseram os fucinhos¡¡
A lingua común debe ser unha lingua acordada entre as distintas comunidades lingüísticas do planeta.
Unha lingua que permita a comunicación lingüística directa entre calquera membro de calquera comunidade lingüística do mundo con calquera outro.
O bilingüismo necesario (lingua propia e mais lingua común; a primeira de uso prevalente no seu territorio, ou comunidade linüística sen territorio, e a segunda de uso entre membros de distintas comunidades lingüísticas) é unha resposta razoábel; porén, a proposta destes afeccionados évos puro imperialismo castelanista.
Millán-Astray amais de assassino, também era uma vítima, um pobre mutilado, mas especialmente, um INTELECTUAL. Por isso ainda há praças e ruas com o seu nome, e até estátuas.
«Cada vez que oigo la palabra cultura, cojo mi fusil», dizia.
Os novos intelectuais em vez de legiões fundam partidos políticos, e não têm fusil, mas têm um ódio as "culturas menores" ainda pior.
Eu estiben lendo o documento.. partinme o cú.
Falan directamente do Castelan coma lingua "pribilexiada" e ainda por riba non é que pidan mais dereitos para o castelan, se non que se castren os dereitos do resto de inguas...
Ha ha ha ¿e estes despois chamanse intelectuais? ¿intelectuais de que? ¿do fascismo?.
O peor de todo é que moita xente pensa asi, mesmo fai un dias cando en Antena 3 facian un dos seus pseudo deates, onde para saber a opinión da calle sobre coma andan as linguas preguntaban a xente de Madrid que non teñen idea e que soio falan de oidas para poder manipulalos mellor, veiase por onde van ir os tiros.
De seguir así, Independencia XA.
Esto, en castizo español, chámase putear á xente, mentrés lles saía gratis farán o que lles pete.
Firmado por Mario Vargas Llosa, José Antonio Marina, Aurelio Arteta, Félix de Azúa, Albert Boadella, Carlos Castilla del Pino, Luis Alberto de Cuenca, Arcadi Espada, Alberto González Troyano, Antonio Lastra, Carmen Iglesias, Carlos Martínez Gorriarán, José Luis Pardo, Alvaro Pombo, Ramón Rodríguez, José Mª Ruiz Soroa, Fernando Savater y Fernando Sosa Wagner.
Proponho um boicote à compra das obras destes intelectuais. Se alguém precisar a sua leitura, ou simplesmente desejar fazê-lo, há bibliotecas onde se pode ir. Já está bem!!!
INDEPENDÊNCIA.
Algúm ou alguma cándida ainda pensa que o Reino respectará alguma vez a súa identidade e os seus direitos lingüísticos?
Ou renúncia a parte da túa dignidade ou independência.
A ver... Vargas LLosa é peruano, ¿alí tamén discriminan o español? Non entendo que pinta neste sarao.
De Savater coñecemos o seu afán de protagonismo revestido de causas nobres. O seu rigor intelectual gástao na presidencia de Arribistas Unidos S.L.
Álvaro Pombo é un carallán segundo el mesmo admite.
A Marina tíñao por máis asisado, aínda que xa hai algún tempo que lle lin argumentacións estrafalarias sobre outros temas.
O de Carmen Iglesias é de traca: segundo ela os máis prexudicados coa presión sobre o español son emigrantes e clases máis desfavorecidas, pois sobre eles recae a presión de aprender máis linguas "que a común". Manda truco! Ou sexa, que lles pedimos ós emigrantes que se integren, pero só que aprendan unha das linguas oficiais. As outras non, pobriños. ¡Que malos somos os galegos, vascos e cataláns! Se non fose que os emigrantes soen ter menos prexuízos para aprender linguas ca estes envelenadores do ambiente español.
estes están tolos....e como tales non se lles pode entrar o trapo.
Porque quen fala do que non coñece so mostra a sua ignorancia, e o que minte sobre o que coñece so mostra que tipo de persoa é, po-lo tanto non ten sentido debatirlles nada a estes señores...
Pero "gústame" como chegan a conclusións como q 16mill non poden estudiar castelán....e o de quitar competencias xa é o último...
Este partido sacará inda moitos votos máis nas vindeiras, pero son un grupo pequeno da sociedade....os mais radicais españolistas.
Vargas Llosa ten a nacionalidade española. E aínda que non a tivese, este é un problema de defensa de principios democráticos.
Este manifesto non se opón a que se poida tamén recibir o ensino nunha lingua rexional se alguén o desexa. Só pide que se poida rebir o ensino en español en calquera parte de España que para iso é unha lingua oficial en todo o territorio. Como en calquera democracia que se prece. O que vós defendedes non acontece en ningún país democrático do mundo.
Respecto á independencia. E irrelevante se Galicia e independente ou non. Seguiría a haber dúas comunidades lingüísticas e terían que ser as dúas linguas dos galegos oficiais, a non ser que Galicia fose un réxime totalitario.
Un apunte: se Galicia fose independente e ratificase a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias nos mesmos termos que o fixo España (ou Finlandia, ou Reino Unido, ou Eslovaquia, etc.), o goberno galego estaría obrigado a garantir un ensino en castelán para os falantes desta lingua. Lede os artigos 1, 7 e 8 desa Carta. É o que hai!
O nacionalismo cultural e lingüístico é reaccionario e antidemocrático. O pobo galego ten dúas linguas e o que o negue que non vaia gabándose por riba de demócrata. Se ademais e socialista (marxista-leninista), será nacional-socialista, aínda que teño entendido que esta expresión pódese abreviar, pero non lembro como, he, he,he.
Ah! Para "intelectuais" demócratas e de recoñecido prestixio tedes a Ferrín (recoñecido estalinista irredento e inimigo da liberdade), Manuel Bragado (ese home que non vive do negocio da lingua), Xabier Alcalá, Henrique Monteagudo (moi coñecido na súa casa á hora de xantar), Sarille, e por riba de todos Carlos Callón, ese fino ensaísta e filólogo. Logo os profes da Universidade de Vigo que manipularon os datos sobre os modelos lingüísticos de moitos países para xustificar o decreto 124/2007. Temos tamén a Xabier Cordal, Fernán Vello, Anxo Anguieria (todos moi de FPG, un partido de ideoloxía noxenta e estalinista: unha vergoña). Prefiro estar cos firmantes do manifesto, francamente.
A redacción desta noticia é realmente delirante. Liña KGB/GESTAPO.
Ah! Esquecía a LOIS DE SILÁN, ese home! Este nin sabe o que significa que unha lingua sexa oficial e segue a escribir os seus disparates por eses foros, con iso de que linguas é lexítimo falar segundo onde te atopes. LOIS, se non existises, habería que inventarte. De verdade cres o que escribes ou es un troll ao servizo da Falanxe? faicho ver home!
"Intelectuais" o servicio do poder politico-economico centralista españolista.
Agora vai resultar que a lingua en perigo que hai que defender e a que falan 300 millons de persoas e non o galego,catalan e euskera.
Medios de comunicacion, partidos politicos, plataformas monolingues, intelectuais, igrexa,rae... todos contra o galego,catalan e euskera. Pra min isto chamase ABUSO, a volta do franquismo e persecucion das linguas e identidades que se afasten do que eles entenden como español (castellano,flamenco y toros).
Isto e abuso pq un madrileño, castelan, andaluz, muricano,etc so ten 1 lingua e non ten por iso problema en erradicar as nosas. Logo asinara o que lle pidan contra o galego,catalan e euskera.
Mentres que un galego ten a sua propia e a oficial do estado, e debe como minimo defender a sua propia.
Os pobos, as minorias tamen temos dereitos, e non por ser eles (os castelanfalantes) mais van poder decidir por nos, a traves da reforma da constitucion. O que pase ou se fale en Galiza decidimolo os galegos.
Por un lado din que os dereitos son das persoas e non das linguas, pero por outro reclaman que sea obrigatorio o estudo do castelan, mesmo para os que falamos en galego,catalan ou euskera.
E dicir, dereitos si, pero so para os catalanfalantes. Eles van poder decidir non estudar unha soa asinatura en galego, mentres nos teremos que estudar o castelan a forza (e o galego como asinatura optativa).
Se isto e o que eles entenden por liberdade, pra min e o franquismo de toda a vida, disfrazado de falso bilinguismo, falsa liberdade e moita manipulacion mediatica.
Hahahaha, boa Mcnally.
O punto un do manifesto é moi elocuente: La lengua castellana es común y oficial a todo el territorio nacional, siendo la única cuya
comprensión puede serle supuesta [imposta?] a cualquier
efecto a todos los ciudadanos españoles.
La rotulación de los edificios oficiales y de las vías públicas, las comunicaciones administrativas, la información a la ciudadanía, etc…en dichas comunidades (o en sus zonas calificadas de bilingües) es recomendable que sean bilingües pero en todo caso nunca podrán expresarse únicamente en la lengua autonómica [ahhhh, só en castelán si que se pode].
O restod e comentarios de Mcnally descalifícanse por si sós, comezando por insultar a unha serie de persoeiros galegos, acusando a vieiros de redactar como a Gestapo... pffffff
Vaite mirar meu, que o teu non pode ser bo.
A ultradereita española está doida, non hai máis que verlle o careto ao seu lider Aznar. É probable que teñamos algunhas sorpresas desagradables de parte de Bono, Savater e compañía. Mais o grande perigo hoxe para as libertades é o legado de Toni Blair/Aznar/Walesa na Unión Europea en maos da nova xeira berlusconianofascista, o Sarkosionismo e os gobernos lacaios da dereita. Zapatero hai tempo que apostou por baixar a cabeza e fallar aos incautos que confiaron no seu talante progresista. O BNG oficial, ao meu ver, sitúase na órbita da democracia cristiana.
Os problemas que temos os que lle queremos ben ao galego non veñen só da falta de liberdades senón do noso apoio aos enemigos da lingua, da nosa eleción de non facer respeitar os nosos dereitos.
McNally, estás a dicir unha sarta de sandeces...
Hai varios países da UE que tamén sufriron a colonización política de grande potencia (coma os bálticos). Podes ir aí, se che peta, a ver cal é o estatus oficial do ruso (e iso que nalgún deses países, ben liberais, como a ti che gusta, os rusófonos son ata o 40% da poboación).
Canto a eses 'intelectuais', amosan a pobreza e o deserto oximorónico do 'pensamento español', ben atado e solidario coas prebendas lingüicidas de servir á língua do Imperio.
Os dereitos a empregar o castelán non están conculados en NINGURES neste estado. Alén, misturas allos con bugallos. Que a administración autonómica só promocionase o galego sería de xustiza e de rigor (para o outro, está o teu querido estado Español).
Coido que Mcnally quere comentar as seguintes consideracións xurídicas:
1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.
No pico da cara dura, no El Mundo (acho que na edição digital) chegou-se a antetitular a iniciativa como "defesa do bilinguismo".
Mirem, isto mais do que biliguismo é como o apartheid ou a segregação racial. Isto é, castelhano e galego (e outras línguas) podem coexistir, mas o castelhano sempre deve ter clara primazia (vamos, que o galego, como os negros, deve ceder o seu assento ao branco castelhano).
Pois acho que contra este regime totalitarista em termos linguísticos, os galego-falantes (e os falantes de outras línguas do estado) devíamos fazer como Rosa Parks e negarmo-nos a ceder o nosso assento a esses brancos racistas.
O neno do castelan poderia chegar a Galiza,coma un señorito, e non ter que escoitar unha soa palabra en galego na escola. Mentres que o neno galego tera que estudar a forza o castelan na maioria das asinturas, e logo de "Maria" se a elixe a lingua galega.
bilinguismo?. Liberdade?.
Isto e imposicion, a volta o franquismo.
E alguns ainda creeran que por deixar morrer o galego van ser mais cultos e Galiza mais prospera. Todo o contrario, a nosa comunidade empobrecerase culturalmente e xa non digo en canto a dignidade. Pois aquel que renega do seu, non ten futuro e non merece respeto de ninguen.
Un titular tan falso como malintencionado. Yo propongo el siguiente:
"La beligerancia frente a las políticas fascistoides de los nacionalistas catalanes, gallegos y vascos llega al Congreso de la mano de UPyD"
¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!!
¡PAREMOS EL TOTALITARISMO NACIONALISTA!
¡PROTEJAMOS LOS DERECHOS Y LIBERTADES INDIVIDUALES FRENTE A LA TIRANÍA NACIONALISTA!
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... ou de qualquer outro sitio onde haja um moinante este.
OPOSIÇÃO!!!!
Gaviotero, McNally... son o diferentes froitos do franquismo. Desde logo eses 40 anos non pasaron en balde. Teñen tanto autonoxo que dan pena.
É noxento todo isto. Que asquiño joder... Deixaránnos vivir na lingua que queremos, e deixaran vivir a unha lingua tan válida e útil e internacional como a súa...
He aí o problema, sempre no galego un idioma potencialmente hexemónico e por iso o machacan...
non sei McNally....pero a Ghaivota ten algún tipo de enfermidade mental...q faille sentir pracer en provocar...
Seguro que en persoa é un cagao, pq se actua igual, mais dun zoscaríalle...asiq eu estou seguro que é un reprimido, que atopou en pensamentos tan radicais e en internet unha via de escape, de provocar sen ser zoscado....e iso dalle pracer...
É unha mágoa ter unha vida tan triste e cega....o internet so é un medio de comunicación, non unha verdadeira vida...sintoo ghaivota....o mellor nalgún hospital ou centro sanitario hai quen che poida axudar...
Que xente...
Se todo o que falan os asinantes do manifesto e UPD fora certo terían presentado recursos no Tribunal Constitucional a mans cheas por vulneración de dereitos fundamentais. Pero non fan tal porque eles mesmos saben que non poden permitirse perder. Saben que os tribunais non van aceptar o seu xogo e so lles queda a estratexia do medo e do enfrontamento nos parlamentos español e galego (coa colaboura do PP) e na sociedade en xeral. Convidoos, por tanto, se de verdade queren xogar no mesmo patio, a respectar o artígo 13.3 do Estatudo de Atonomía de Galicia. Aínda que dubido que o fagan. RXGZC
A língua comum de todos os galegos é...o galego!!!!!!
ou eu non me cosco de nada, ou esta xentuza de UPeD viven fóra do mundo. maneira de darlle a volta ás cousas. non, se ao final escoitar a fraga aplicándose o de que 'mexan por nós e dicimos que chove' non vai ser unha apropiación tan deleznábel, en comparación con isto polo menos...
Pobre Galiza que tem como filhos... tantos filhos da puta (Castela)!!!!!
Defesa dos direitos individuais.
Alguém pensa nos direitos individuais dos pais que não querem que os seus filhos sejam educados em castelhano?
Alguém pensa no meu direito individual a querer viver em galego no meu país?
Porquê tenho de sufragar com o meu dinheiro (impostos) os direitos individuais de outrem enquanto os meus próprios direitos individuais são aldrajados por essas mesmas pessoas?
Se queres respeito, exige respeito. Não merques imprensa em espanhol, não escuites rádios e TVs em espanhol. Não merques produtos sem etiquetado em galego-português. Não dês lucro a autores, cineastas, etc., que promovam o desrespeito polos nossos DIREITOS INDIVIDUAIS.
Se queres respeito, exige respeito: diz bem alto, "não com o meu dinheiro".
Mi ma! Isto debe de estar cheo de submarinos, porque non podo crer que haxa tanta xente que viva nos mundos de Yupi. E refírome tanto ós que falan de idependencia (esquecendo a ideoloxía da maioría da sociedade galega), como Gavioteiro ou o galeuzco...
Por outra banda,Mcnally,
Ferrín, etc, etc... ¿asinaron tamén o manifesto? É que non se entende a conto de qué aparecen na túa descalificación. Descoñezo se son da FPG, do Bloque ou da Liga dos Masóns Resucitados... Como tamén descoñezo a filiación política de Alberto Boadella, Arcadio Espada e outras herbas.
O que si sei, é que as súas aseveracións e cifras son falsas, polo menos no caso galego.
E se tanto falan de bilingüismo, ¿que ten de malo que se estuden polo menos o 50% das materias en galego para recuperar a lingua?
O dereito individual preconizado por estes señores está moi ben sempre que poida causar un prexuízo ó cidadán. ¿Cal é o problema de usar o galego se o entende o 99% da poboación? ¿Tan difícil é facer un esforzo para que non morra? ¿Alguen sen mala intención pode crer que o español está ameazado en Galicia/Galiza?
Si con vontade é moi sinxelo, o que eu escollería para os meus fillos (as miñas razóns son miñas) é un ensino 50% en galego e en castelán (ou 33% galego, inglés e castelán, tanto me ten), pero non teño o menor problema en que outros escollan 100% castelán ou galego para os seus fillos. Eles xulgarán cando medren, son os únicos lexitimados para facelo. Daquela, pareceme ben que existan as máis das opcións posibles e esixo a inclusión da lingua de sinais (lingua minoritaria e discriminada onde as haxa) entre as materias obrigatorias.
Hai que ter a cara moi dura pra dicir, como din, que é polos emigrantes. Acaso se integran pior os fillos do chino que aprenden castelán e catalán na escola en Barcelona ca os fillos do primo que ten en Madrid aprendendo só castelán? E os negros de Burela que falan galego? Ou a miña veciña Susi de cinco anos, filla de búlgaros, que falao cunha enxebreza que mete medo? Son ganas de desviar a atención do problema real da emigración en toda a Europa neoliberal xustificando o exterminio lingüístico en nome da civilización. É tal coma nos tempos dos Reis Católicos onde se xustificaba o colonialismo e o asasinato en nome da cristiandade.
Moitos dos nenos do Raval de Barcelona, fillos de chinos, pakistanís ou latinos xogan en catalán. Velos en non parece que non sexa nunha lingua como din estes intelectuais: non común. Ademais saben castelán e tamén o usan porque iso de que non llo aprenden é unha trola. Xa non digamos a paranoia de que periga.
Elrr, se te refires a mim, sou Galeguzo, e não "Galeuzco". E não falei nadinha da independência, volta ler, bonitinho/a.
Galeguzo, non me refiro ó tema da independencia, senón á túa proposición... sinxelamente pouco realista. Grazas polo de bonitinho/a
;)
Despois disto perdo totalmente o pouco respecto que tíñalle a Vargas LLosa ou a Savater.Propoño non mercar ningunha obra,tanto do peruano como do vasco.Non perderes nada.
Moi ó tono este manifesto coa negativa da Academia Francesa (artigo que lin en ¨Vieiros¨)do recoñecemento,de parte da Constitución francesa,do plurilingüismo no estado galo.
Vergoña de manifesto o do partido da tránsfuga Díez.
Elrr, eu não falei em que a minha proposta seja realista. Eu só digo que está da nossa mão não nos termos por quê queixar.
É só questão de organização cívica. Há poucos anos (acho que em 2004), quando Leche Pascual começou a discriminar os produtores catalães, em menos de uma semana organizou-se uma campanha de boicote. Pascual tomou-o como uma piada até que passadas três semanas comprovou que lhe caíram as vendas mais de um dez por cento e recuou.
Proposta pouco realista? Tu dá-lhes onde mais lhes dói (o dinheiro) e já verás, que ninguém trava na mão que lhe dá de comer.
O que me fai gracia é que estes considerense intelectuais e que opinen sobre un tema que realmente descoñecen, pois se o coñeceran caeriaselles a cara de vergonza do que dín.
Entre tanto tamén suliñar que estes adicanse a roubar ca SGAE, asi que por moito boicot as obras, pouco ou nada se lles pode facer.
Os ideólogos do fascismo fraquista do 36 não eram José António e companhia, eram os "intelectuais" resentidos trás da queda das últimas colónias do império do 1998.
Hoje estamos a viver outra vez uma situação de prefascismo.
Chega com visitar a web de UPyD para ver que são um suporte "intelectualizado" do fascismo mais ráncio.
O Vargas Llosa, ultradereitista arrimado sempre ao mais corrupto do Peru, combina muito bem com os seus homólogos espanhóis.
O Espanhol no Peru também está "em perigo".
É uma LÍNGUA MINORITÁRIA de apenas o 32% da população, que maioritariamente fala quíchua e aimara, amais de outras línguas indígenas.
As comunidades indígenas peruanas, analfabetas e que apenas falam espanhol, ou se o fazem, com muitas dificuldades, estão ultimamente a lutar muito pelos seus direitos linguísticos, assim como a recusar a língua colonial. Daí a preocupação do Mário Vargas.
O Espanhol no Peru, língua imposta por uma minoria à maioria ameríndia, é uma língua em retrocesso.
Os colonizadores espanhóis na península também querem domesticar aos indígenas daqui.
o castelán camiña firme e en expansión, o galego-catalán-euskera cara a desaparición e uns intelectuais firman un manifesto en defensa do castelán???
vaia intelectuais, eu pensaba que esta xente era amante das linguas.
Que noxo!
A causa da Galiza não é ideológica. Galiza é uma Nação.
É uma desgraça nacional que praticamente só parte da esquerda a defenda.
A direita em todo o mundo é normalmente defensora das suas origens e cultura, veja-se na Catalunha por exemplo. Infelizmente pelo contrário na Galiza nasceram homens como franco, fraga e rajoy que sacrificam a Pátria pela sua promoção pessoal em Madrid e por isso não merecem ter o seu nome escrito em GALEGO-PORTUGUÊS em maiúsculo.
Veja este vídeo: http://br.youtube.com/watch?v=... o “vira casacas”.
Vamos todos fazer um esforço em escrever em galego-português porque mais vale escrever com erros em português na norma internacional do que em “galenhol” ou “portunhol” da RAG como lhe queiram chamar.
O idioma dos nossos pais desde o século IX foi o GALEGO-PORTUGUÊS durante 7 séculos até à opressão castelhana. É esta a única língua com poder de tornar a Galiza uma Nação soberana no mundo livre da vassalagem a Madrid.