Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUTURO DA SANIDADE Pública

Presión cara a un modelo sanitario privado

A Asociación Galega para a defensa da sanidade pública advirte de que UE, FMI ou Banco Mundial facilítanlle o acceso a sistemas privatizadores neste ámbito, xa sufridos por Galiza nos últimos tempos.

Isabel G. Couso - 09:00 26/06/2008

Manuel Martín, voceiro desta asociación, é pesimista co futuro da sanidade pública. Asegura que as grandes corporacións internacionais, auspiciadas pola propia Unión Europea e por entidades como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional están a presionar para incrementar o peso do sector privado no eido da sanidade. A probábel consecuencia será que os cidadáns, en canto pacientes, paguen polos servizos recibidos, que os pensionistas perdan a gratuidade na adquisición de menciñas ou que teñamos que pasar por caixa cada vez que precisemos unha diagnose. A tendencia en Europa é esta e no Estado español temos un exemplo ben claro, o de Madrid. Alí estase a aplicar un sistema paralelo ao de concesión de obras públicas para a construción e tamén a xestión de centros sanitarios (Aranjuez, Arganda, Coslada, Parla, San Sebastián de los Reyes e Vallecas). Neste sentido, Martín agarda que a Xunta adopte outro posicionamento, logo do compromiso de pechar o MEDTEC (Instituto Galego de Medicina Técnica) e eliminar o modelo das fundacións.

As fundacións sanitarias respondían a un modelo creado nos anos oitenta por Alberto Núñez Feijoo, entón presidente executivo do Insalud, cando era ministro de sanidade o tamén galego Jose Manuel Romay Beccaría. No marco desta política neoliberal pretendíase dotar os hospital de formas de xestión privada, aducindo razóns como o aumento do gasto sanitario ou a baixa productividade dalgúns servizos. Dende que cambiara o goberno na Xunta de Galicia anunciouse a disolución das catro fundacións existentes en Galiza, que pasaron a depender do Sergas despois dun acordo asinado en marzo. A xustificación desta medida é a débeda de 16 millóns de Euros que o goberno actual tivo que asumir, unha cantidade que segundo a Xunta amosa a ineficiencia deste modelo de xestión.

Malia todo, a Asociación para a Defensa da Sanidade (AGDSP) pide maior implicación social e unha forte mobilización que impida desmantelamentos futuros do noso sistema sanitario.

Sistema de financiamento
Pero os problemas da nosa sanidade non rematan nun hipotético futuro de privatización. Na actualidade somos debedores do sistema de reparto económico. Unha importante parte da dotación presupostaria depende dos orzamentos transferidos (tabaco, gasolina, venta de pisos, parte o IVA ou do IRPF). Iso supón que aquelas comunidades cun menor volume de actividade comercial terán unhas contas máis febles, situación que empeora na actual situación de crise. Segundo Manuel Martín, atendendo aos orzamentos de 2008 Galiza conta con 1.312 euros por usuario, unha cifra semellante á doutros territorios do Estado. Sen embargo, as necesidades galegas son moi superiores atendendo á nosa poboación envellecida, á dispersión poboacional e ao déficit de infraestruturas sanitarias que xa arrastramos.

Listas de espera
Galiza conta cunha atención primaria moi atrasada, cunhas listas de espera moi elevadas. Segundo a AGDSP a situación "mellorou moito" coa entrada do novo goberno, se ben hai que agardar aínda uns tres ou catro anos para avaliar os resultados. Este problema está estreitamente ligado coa necesidade de mellorar a xestión dos nosos centros sanitarios para que a propia atención primaria avance en capacidade resolutiva. A este problema contribúe o flagrante incumprimento da lei galega de incompatibilidades, con situacións como a actual na que hai doutores que traballan na pública e na privada simultaneamente.


3/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 26/Xuño/2008 Gaviotero

Yo quiero una buena atención sanitaria, sea pública o privada. Y sobre todo quiero que los liberados sindicales, vividores de las negociaciones que alcanzan "grandes acuerdos" con sus colegas en el poder a costa de los trabajadores y con el consiguiente "cazo" para ellos, se vayan a su puñetera casa y dejen de incordiar.

Tarelo #2 27/Xuño/2008 Tarelo

En Madrid que fagan o que queiran. Eu o que non estou disposto a que ningún céntimo de euro dos meus impostos vaian os petos dunha empresa privada que presta un servizo público. O digo con coñecemento de causa, pois traballo nun servizo público que xestiona unha empresa privada, e sei que nos servizos públicos privatizados, todos (cidadáns e traballadores) saimos perdendo. Ben, todos non, as multinacionais e os políticos sacan grandes beneficios a costa nosa. Xa me amola e bastante, que unha mutua me poña man enriba na revisión da saude na empresa para a que traballo, ou ter que doar sangue ó Centro de Transfusión de Galicia (empresa privada). Por eso chegado o momento, conscientemente e coherentemente, estou disposto a morrer enfermo. O digo en serio.

O digo sempre, e volto a repetilo, cando os políticos privatizan servizos públicos demostran non estar preparados para xestionar os servizos públicos, para o que os cidadáns os elexiron.

Dogma #3 27/Xuño/2008 Dogma

Gavi.. eu quero unha atencion primaria que poida pagar, ha ha ha, se ti a queres do xeito que non a podas pagar avisa, quitamosche da lista ha ha ha...

En cato a sanidade, podo decir que non sei coma sera a de suecia que me dixeron era moi boa, entre tanto en ningun E REPITO, EN NINGUN pais dos que estiven vin un sistema sanitario mellor.
En U.K teñen que contratar medicos españois, en Irlanda a recomendación aos españois é "se te pasa algo que te envien no primeiro vo", nos EEUU, a xente literalmente non vai aos médicos e automedicase porque os precios que cobran os medicos est´n por riba das posibiidades da maioría da poboación (en comparatiba terte que operar é coma se aqui te compraras un piso).

E se queredes podo seguir ca lista....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: