Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIANTE DOS MALOS AUGURIOS ECONÓMICOS

A Xunta fala de “austeridade” pero dubida á hora de conxelar o salario dos altos cargos

O conselleiro de Economía sinalou este mércores que o Goberno "estudará" a posibilidade de conxelar, a modo de exemplo, o salario dos altos cargos.

Redacción - 19:00 25/06/2008

A desaceleración económica para uns, crise para outros, está a monopolizar nos últimos días a actualidade. Logo de que o goberno español augurase máis paro para 2009 e a necesidade de conter o gasto público, a Xunta axiña avisou que se suma á consigna da “austeridade”. Mais o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, non buliu tanto á hora de falar de apretar o cinto dos altos cargos. O Goberno limítase limita a dicir que “estudará” a posibilidade de conxelar os salarios dos altos cargos.

O executivo español anunciou esta semana que conxelará o salario dos altos cargos da administración pública, aínda que manterá o dos funcionarios. En Galiza, unha medida similar influiría nas nóminas de todos os cargos iguais ou superiores ao dun director xeral.

A respecto do paro, o conselleiro de Economía sinalou que Galiza mantén o obxectivo de “seguir mantendo un proceso de maior crecemento” en comparación co Estado. Fernández Antonio subliñou que aínda que o goberno español espera un 11% de paro para o vindeiro ano, o noso país polo de agora está a crear emprego.


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

ecoe #1 25/Xuño/2008 ecoe

Nin o soñedes: cobran pola desfeita que veñen a facer, así que de ningún xeito. Van as xerencias deixar de cobrar os pluses por reducción dos postos de traballo -dos que realmente fan o choio-? Niso consisten os seus complementos: diminuir a apirámide pola base e ensanchala algo haci arriba (polo menos en papadores económicos).

mamoa_da_cruz #2 26/Xuño/2008 mamoa_da_cruz

é que a austeridade ben entendida empeza... polos demais. Menos mal que son "socialistas"..

amoscaesquerdosa #3 26/Xuño/2008 amoscaesquerdosa

Botarán abaixo o autoagasallo do "plus" de ata 15000 euros anuais precisamente para os altos cargos?
De momento xa o están a cobrar...
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Gaviotero #4 26/Xuño/2008 Gaviotero

De momento podían congelar el dineral que se están gastando en representación (o sea, actos de partido) y publicidad institucional. Y aparte, el dinero que siempre se "pierde" por el camino cuando los socialistas contratan cosas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: