Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN DE VIABILIDADE

Romeu busca relevos para apartar a Xosé Maril da presidencia da Semana Verde

Os socialistas queren abrir unha nova xeira e ter ao mesmo tempo o control do recinto feiral.

Redacción - 19:55 26/06/2008

Xosé Maril ten os días contados á fronte da Semana Verde. Segundo puido saber Vieiros, PSdeG e BNG negocian a saída do sempiterno presidente da Semana Verde que tería que producirse sempre antes do outono e que vai ligada ao plan de viabilidade. Os socialistas, que teñen un maior peso dentro da entidade ca os seus socios do BNG, teñen na gaveta o nome dun posíbel presidente, veciño da comarca, igual ca Maril.

Socialistas e nacionalistas non foron quen de chegar a un acordo sobre a Semana Verde no que vai de lexislatura. Dous foron os obstáculos: a redifinición do recinto e o control do mesmo. Porén, semella que será finalmente o PSdeG o que pilote o futuro do recinto aínda que a negociación non está pechada. Méndez Romeu, presidente da fundación, non quixo deixarlle as chaves a Medio Rural, que ao inicio da lexislatura tiña especial interese no recinto.

Precisamente na tarde deste xoves os patronos da Fundación Semana Verde, encabezados polo propio Romeu, tiñan previsto debater o plan de viabilidade.


5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

mamoa_da_cruz #1 26/Xuño/2008 mamoa_da_cruz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Maril! un dos grandes do pais! de currante a excelentisimo polo arte do caciquismo e o amiguismo, incombustible con soldo de ministro, na poltrona sen ninguen que lle tosera en moitos anos, incompetente na xestión e fundidor de cartos a esgalla, e agora que seguro que ata vaise ir con honores (amen dunha boa pensión).. Outro gran cacique made in Deza!. que Pais mais fantastico temos que da estos froitos imputrescibles!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: