Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Materia optativa até o de agora

A Literatura Galega do Século XX desaparece do Bacharelato

"Ningunha cultura normalizada expulsa do sistema educativo o estudo demorado da súa propia literatura", láianse desde a CIG-Ensino, criticando a decisión da Consellaría de Educación.

Redacción - 18:10 27/06/2008

"Ante tal despropósito e ataque á nosa cultura, só nos queda exixirlle a rectificación para que estas materias poidan ser ofertadas como optativas en todos os centros de Galiza como viña sendo até o de agora", expoñen desde a CIG-Ensino sobre o acontecido.

A queixa chega despois de que este venres o Diario Oficial de Galicia publicase a orde que estabelece a relación de materias optativas do treito de Bacharelato, incluídos os seus currículos. Da lista desaparece, entre outras, a materia de Literatura Galega do Século XX. Tamén se suprimen Literatura Universal Contemporánea e Literaturas Hispánicas.

A formación sindical considera que se trata dunha resolución "totalmente inaceptábel e sorprendente" que amosa "o desprezo máis absoluto cara ao feito de que o noso alumnado de bacharelato poida afondar, de desexalo, no coñecemento da nosa cultura". Avalían ademais que se agrava así o proceso de "desgaleguización do ensino" do que acusan de promover á Consellaría. "Prexudicará a aquel alumnado que teña orientado o seu itinerario educativo cara ás linguas", critican, afirmando que "ningunha cultura normalizada expulsa do sistema educativo o estudo demorado da súa propia literatura e, moito menos, se se trata dunha cultura non normalizada como é a galega".

Sen negociación previa
Ao respecto, a CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación recorda que ao verse afectado un asunto que lle afecta directamente ás condicións laborais do profesorado de Lingua Galega e Española, segundo a normativa legal, era preceptiva a existencia dunha negociación previa.

A decisión do departamento liderado pola conselleira Laura Sánchez Piñón é cualificada de "involucionista". Ao tempo, o sindicato quéixase de que hai poucos días que se convidara unha vez máis a Xunta a falar xustamente do asunto das materias optativas. Acusan o Goberno de botar adiante "unha vez máis" iniciativas no ámbito educativo "non demandadas por ninguén e en contra do que recomenda o profesorado" e advirten de que é un chanzo máis contra o modelo "compensado, laico e de calidade" que as formacións sindicais veñen propoñendo.


2,31/5 (16 votos)


Comentarios (19)

Albert #1 27/Xuño/2008 Albert

A pior consellaría de todas, sen dúbida. Hai que botala!

Poexo #2 27/Xuño/2008 Poexo

Obviamente, necesitan horas para lle dedicar à relixion catolica, apostolica e romana.
Amen conselleira!

micsha #3 27/Xuño/2008 micsha

Desde hace ya tiempo, siempre que me apetece intervenir en Vieiros, me acuerdo de Anxo Quintela...

Lo que dice el titular de esta noticia es falso. Y lo que se dice en el cuerpo de la noticia, es una de tantas idioteces que los profesores estamos hartos de oír en relación a nuestro trabajo en los medios de comunicación, que solo escuchan a políticos y a hijos de políticos (sindicatos) y nunca a los que estamos en las aulas.

La literatura gallega del siglo XX es parte de la literatura que se da en la materia obligatoria Lingua galega e literatura de 2º de Bac. Por lo tanto, no desaparece. Desaparece una optativa (lo que significa que no entra en selectividad) dedicada exclusivamente a ella.

Alguien dirá: en todo caso, mal... ¿no? Pues no. Ni bien, ni mal. De hecho, en los centros hace tiempo que existe cierto consenso respecto de la inutilidad de las optativas (sobre todo en 2ºBac y sobre todo en 2º de Bac cuando no entran en selectividad). Si algo es importante, hay que darle las horas que hay que darle y para todo el mundo. La optatividad en la enseñanza preuniversitaria es una inutilidad. ¿Sabe Vieiros que la asignatura común y obligatoria de Lingua galega e literatura tiene menos horas (3) que cualquiera de esas optativas que cita (4)? De eso es de lo que hay que hablar. De eso y de andar jugando con las leyes cada día. Y de querer meter de todo a los adolescentes, para que al final no se enteren de nada.

elrr #4 27/Xuño/2008 elrr

Efectivamente, a literatura galega do século XX dáse dentro da materia
común de Lingua Galega e Literatura de 2º de bach. No COU existía unha materia común que era Lingua, e como optativa (nos itinerarios de letras) existía a literatura. Esta optativa continou co bacharelato.

E é certo: a optativa Literatuar Galega do sec. XX non entra na Selectividade e son 4 horas, fronte a Lingua e Literatura (obrigatoria) que son 3 horas á semana. Unha trapallada.

Non sei se me expliquei ou enleei o tema máis (?)

breio #5 27/Xuño/2008 breio

Vou cursar o ano que vén segundo de bacharelato e, no meu instituto, escollimos como optativa Literatura galega do século XX dúas persoas... Normal que non se dea. E como no noso instituto, no resto dos de Ourense.

Maiakovsky #6 27/Xuño/2008 Maiakovsky

Ah, pois non o sabía. Visto como dicides, ata ten lóxica. Anque sería recomendábel que as horas que se libran se rematan por eliminar esas optativas fosen a reforzar nalgo as de galego e as de historia (neste caso, que sí coñezo mellor, porque o temario de 2º de BAC é monstruoso , e para máis inri, arrebátanlle 1 hora por culpa da Relixión (manda carallo!) e/ou Educación para a Cidadanía (a 'relixión' sociata).

sozinho #7 28/Xuño/2008 sozinho

Desgaleguizar o ensino? Gha, gha, gha! Menos que coa retirada de Xeoloxía, unha das poucas asignaturas en galego que tiña un libro producido aquí e de calidade. Non vou opinar sobre o que non coñezo e seguramente Historia de Galicia e Literatura do século XX teñan libros polo menos tan bos, pero ser tan miope que só vemos cultura onde no título pon ben clariño Galicia ou galega, di ben pouco dos entendidos da CIG. Sendo optimistas, aparecen Antropoloxía, Filosofía da Ciencia e Tecnoloxía,... que poderán te-los seus libros en galego e feitos por galegos. Iso é o que necesita a nosa cultura: calidade.
PD: A desaparición de xeoloxía e literatura universal contemporánea paréceme unha metedura de gamba das boas, pero como ben di micsha, debe ser divertido xogar coas leis.
PD2: Educación para a cidadanía son normas, non dogmas. A falta de normas claras é hoxe un gran problema nos adolescentes. Eu critico algúns aspectos da EpC, pero dinamitala paréceme irresponsable. Se un non quere un catecismo sociata, non escolla Santillana, pero hai libros para tódolos gustos políticos. O que hai que dinamitar é a filosofía paternalista da educación, pero non a educación en si mesma... proclamo.

Maiakovsky #8 28/Xuño/2008 Maiakovsky

Só a dereita clerical propón dinamitar EpC, mais dende logo paréceme pouco serio que esa materia lle quite espazos a filosofía e historia (que educan, e moito mellor, para a cidadanía e o pensamento crítico) e que se manteñan os da relixión. Unha materia como EpC é o suficientemente ambigüa para que ao final se poida facer de todo nela, anque no mellor dos casos, sempre será 'formación do espírito liberal e democrático', algo que me repateará ter que ensinar (porque esta materia a darán, aliás, os de filosofía e os de historia!).

Gaviotero #9 28/Xuño/2008 Gaviotero

La literatura propia ya forma parte del estudio de la Literatura Española del siglo XX que, al contrario que la gallega, es universal e integradora, y no excluyente y apta sólo para mentes totalitarias.

Maiakovsky #10 28/Xuño/2008 Maiakovsky

Non, paleto ignorante, non. A literatura 'universal e integradora' é a literatura universal, con máis calidade que a patética española, que só conta con pequenos oasis entre épocas de bazofia (todo o XVIII e XIX). Para 'universalizar' e mellorar a estética, mellor guindar lit. española ao lixo e poñer literatura seria de verdade (inglesa, francesa, alemana, rusa).

Montemogos #11 28/Xuño/2008 Montemogos

Este gaviotero é parvo de todo. Para unha vez que hai un debate interesante, con argumentos e onde a liña de Vieiros non parece a máis axeitado, en vez de aproveitalo, sae cunha imbecilidade así. En fin, haberá que pensar que Vieiros está facendo un labor social, con esta terapia que dá saída ás chaladuras do Gaviotero.

sozinho #12 28/Xuño/2008 sozinho

O que me preocupa máis é que queden impunes políticos, inspectores, cargos directivos, profes-carotas, pais chantaxistas e resto de individualidades que se cargaron as optativas polo seu laissez-faire que levou ao monopolio das optativas-choio. A oferta de optativas non só deben depender da demanda, tamén dar uns mínimos de calidade esixibles pola inspección.
PD: para o que non coñeza o funcionamento dos institutos, dicir que raras veces se ve un suspenso nunha optativa -só por cuestións disciplinarias. Isto sábeo calquera adolescente.

breio #13 28/Xuño/2008 breio

Por que carallo lle contestades ao Gaviotero?

Pasade del, veredes como deixa de tocar a caralla o troll ese.

micsha #14 28/Xuño/2008 micsha

Creo, sozinho, que no ves bien dónde está el problema. La cuestión no es en qué se convierte una optativa, sino en qué necesidad hay de esas optativas. Desde fuera, se cree que nuestro sistema educativo puede y debe asumir indiscriminadamente la enseñanza de todo ámbito de conocimiento que o bien tenga prestigio o bien se ponga de moda en un momento dado. La sociedad hincha el pecho con orgullo cuando le dicen que su hijo estudia tal o cual cosa, y mucho más si se echa un vistazo a los programas. Pero todo eso es una ilusión.

Desde dentro, sabemos bastante bien que un adolescente no debe tener una docena de asignatura; que hay que colaborar para que sea capaz de hacer lo que más difícil le resulta: centrar su atención. Sabemos que una materia con dos horas a la semana es igual a la nada. Tenemos claro que la especialización debe ser cosa de la universidad, pero que en secundaria no tiene sentido. El sentido está en ser capaces de estar con ellos con cierta continuidad (cuatro horas a la semana, no dos) y ayudándole a que se haga cargo de los cimientos del conocimiento.

Si una asignatura como Lingua galega e literatura de 2º de Bac tuviese cuatro horas a la semana, ya no sería seguramente tan necesario dar su parte de literatura más como un listado de reyes godos que como lo que en teoría debería de ser, y ya no sería tan necesario inventarse una hipócrita optativa con más horas para dar lustre a los inventarios de materias del sistema.

No necesitamos, pues, oferta de optativas, sino un respeto a lo que ya hay. Y un respeto significa que si decidimos que tales materias son obligatorias, entonces hay que darles tiempo y hay que regular sus programas (esta es otra...) para que al final no nos veamos en la necesidad de dar potitos chapatorios en las clases.

El curso pasado hubo un montón de movilizaciones por más horas en música y tecnología; la consellería se sacó de la manga una nueva materia de ¡1 hora a la semana...! en 1º de ESO para no hacer nada. Este año ¡los de 2º de bac! tienen una hora de religión... Hay materias con nombres rimbombantes en 1º de bac como Ciencias para el mundo contemporáneo de ¡2 horas!... En fin...esto es mantenernos en el absurdo curso tras curso...

noela #15 28/Xuño/2008 noela

Se soubera que non ían censurar o meu comentario íalle dicir un par de cousinhas ao Gaviotero...

sozinho #16 28/Xuño/2008 sozinho

#14, Non sei por que pensas que non vexo o problema. O que sucede é que a simple solución de facer todas troncais ou propias de modalidade é iso... simple. Se che interesa a miña opinión, direiche que a LOE abordou atinadamente a redución de materias nos primeiros cursos da ESO, pero volveu mete-la pata con EpC mantendo gran parte da dicotomía relixión/non-relixión, coma se nada, salomonicamente. O desastre completo do sistema é o 2º ciclo, cos PDCs coadeira, proxectos emprendedores, ética+EpC+relixión/non-rel sen aumento de educación científica. E no bacharelato, para compensa-lo anterior, introducen o quero e non podo de Ciencias para o Mundo Contemporáneo (acomplexado programa para non falar de filosofía ou historia da ciencia e introducir á brava a informática para todo o mundo). Inda con todo, é unha mellora relativa con respecto á LOXSE. Voltando ao tema: optativas de bacharelato. Pois inda que xa ves que son crítico, non vexo nada mal forzar aos nenos en que vaian exercendo a súa liberdade de elección e buscando a materia que máis os motive. O que vexo mal é equiparar Literatura do Século XX a Literatura Contemporánea Universal, por exemplo. Pero compañeiro micsha, quede tranquilo, que se me preguntasen non apoiaría a LOE, o malo é que ninguén pregunta aos profesores nin pola LOE, LOCE, nin ningunha outra.

malpocado #17 28/Xuño/2008 malpocado

Vieiros confunde liberdade de expressom com liberdade para que o troll de turno vomite as suas provocaçons. A culpa é de Vieiros, sem dúvida.

mceleiro #18 30/Xuño/2008 mceleiro

blablabla, mas esta fulana reduz o já insignificante ensino da nossa CULTURA, está a DESGALEGUIZAR o ensino sem o mais mínimo pudor, sem ser capaz de aplicar um ridículo decreto, e ainda por riba fecha centros de primária.

Toda uma progressista está feita esta mulher.

rockandroll #19 30/Xullo/2008 rockandroll

Bem, à margem da parte técnica do tinglado, a mim já me tenhem farto as genialidades da "monja alférez".E se quem a aplaude é pessoal da catadura de Gaviotero...pois, já sabemos o que há.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: