Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Quintana ofrece “diálogo aberto” para retomar a reforma estatutaria en 2009

O líder do BNG advirte que “o actual Estatuto no dá máis de si” e que Galiza precisa avanzar no autogoberno.

Redacción - 14:15 28/06/2008

O vicepresidente da Xunta e voceiro do BNG, Anxo Quintana, volveu poñer a reforma estatutaria no primeiro plano do debate político. Aproveitando que este ano se cumpren 90 anos da Asemblea Nacionalista de Lugo, Quintana leu unha Declaración Institucional na que lle propón ao PSdeG e ao PPdeG que en 2009 se reabra un diálogo entre os partidos que propicie un novo Estatuto

O voceiro do BNG sinalou que o actual Estatuto de Autonomía impídelle a Galiza seguir desenvolvendo as súas capacidades: “sinxelamente porque o actual Estatuto non dá máis de si e está esgotado”. Quintana cre que urxe reabrir o debate en 2009 para “testar a capacidade de interlocución das forzas políticas estatais”

“Non imos pór minas no camiño”
Dende o BNG aseguran que non van poñer condicións previas para abrir o debate: “Non queremos ser prexuizosos, imos agardar e ver, coa esperanza de que esa interlocución poida abrirse paso. Non imos pór minas no camiño, queremos un diálogo aberto, franco e sen condicións previas”.

A pelota ás mans do PP
No seu discurso, Quintana referiuse aos cambios do PP español que vén de amosar a súa disposición a un maior diálogo coas diferentes forzas nacionalistas. Quintana pediu que estas palabras teñan consecuencias prácticas: “Os xestos non serán críbeis mentres non sexan capaces de asumir que Galiza quere ser tanto como Euskadi ou Cataluña. E cando digo Galiza digo a grande maioría dos cidadáns, con independencia de a quen voten. Levantemos pois os vetos e construamos entre todos un grande acordo nacional que poña o país por diante dos intereses partidarios”.

Para Quintana é o momento de construir “un autogoberno blindado ás presións externas, sexan dende púlpitos radiofónicos ou dende insensíbeis ministerios de Fomento”


3,88/5 (8 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 29/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que no, Quintana, que no...que no queremos tu estatuto nacionalista que no va a progresar, entre otras cosas, porque tu partido, por mucho que esté en el gobierno "jalejo" es MI-NO-RI-TA-RIO en Galicia.

Que no Galiza. Porque esto es y será siempre Galicia. Entre otras cosas, porque lo dice en el Estatuto gallego.

Ese mismo que los tuyos se niegan a cumplir.

Hala, a ver el España - Alemania.

Maeloc-do-Rouco #2 29/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.ciberirmandade.org/....
No vencelho anterior acho interessante que olhedes o texto articulado do FCC, especialmente o Artigo 2, paragrafo 5 (acaido pra o tema que tratamos).

Mapa da Galiza da FCC, do qual ja comentei no anterior espazo e que podedes ilustrar com a disposicom adicional primeira (pags 33 e 34) que vem a complementar o mapa.
Novo comentario

teixugo #3 29/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.

Tino #4 30/Xuño/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana, non te deixes engaiolar por cantos de serea: as últimas declaracións de Feixoo xa o din todo, veñen dispostos a seguir a dar guerra con mais forza ainda.
Mesmo nin se retracta das suas fachendas baratas como a pantomima dos alcaldes contra o Consorcio de benestar.

lugris #5 30/Xuño/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué noxento é esta ave carroñera. Debe ser masoquista, o pasa pipa. Menuda enchenta de españolidade. Sen argumentos compañeiro o unico que fas e babear.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: