A corrente crítica celebrou este sábado a súa segunda asemblea na que elixiu dirección.
“Resintonizar o BNG cos movementos sociais” esta é unha das máximas aprobadas na segunda asemblea do Encontro Irmandiño, que se celebrou este sábado en Compostela. A corrente crítica, nucleada arredor da figura de Xosé Manuel Beiras, cre que é preciso traballar dentro da organización frontista para “manter o rumbo político do BNG afastado da viraxe ao centro auspiciada pola maioría dominante”. Coidan que hai que reforzar “a liña ideolóxico-política de esquerdas” e a mensaxe nacionalista.
Nos textos aprobados este sábado, os “irmandiños” subliñan que o obxectivo a medio prazo é “acumular forzas” e “mellorar a interlocución cos grupos do BNG que comparten con nós o obxectivo básico de rexeneración con vista a artellar masa crítica suficiente que permita avanzar no traballo acordado e manter con garantías de éxito unha dialéctica política coa maioría dominante”.
A corrente está disposta a traballar arreo de cara ás eleccións do vindeiro mes de marzo. Porén, o Encontro Irmandiño quere que na Asemblea Nacional que ten que celebrar o BNG´ antes dos comiciós para elixir candidato haxa debate e que presumibelmente vai ter lugar cara o outono. O sector crítico considera que a militancia ten que facer unha “reflexión seria” sobre o traballo feito polo Goberno e tirar as conclusións pertinentes tras esta primeira experiencia”.
O Encontro Irmandiño tamén escolleu os membros da nova dirección. Entre outros, estarán no máximo órgano Xosé Manuel Beiras, Mario López Rico, Cristina Amor, Francisco Trigo, Martiño Noriega, Mónica Díaz, Xosé Constenla e Concha Trigo.
¿Reflexión seria? ¿Pero quién quiere cambiarse el coche, la secretaria, el sueldazo y el plus de los altos cargos?
¡¡¡A SEGUIR COMO HASTA AHORA DE ALFOMBRILLA DEL SOCIALISMO Y RECIBIENDO LAS PREBENDAS DEL PODER!!!
Gaviotero,vénseche ben as ganiñas que tes ti de todos eses choios.Como sigas de fan de Espe, esas cousas non as vas cheirar na vida.
Participación de numerosa militancia. Obxectivos nacionalistas de esquerda para o futuro próximo. Maxistrales intervencións de Xosé Manuel Beiras. Presencia de delegados do Concello Nacional e outros colectivos integrantes da fronte. Camaradería e renovación da ideoloxía nacionalista. Noraboa.
Democracia dentro dun partido político? Parece incríbel iso que a Constitución, que tanto gustan de defender, di ven claro que os partidos políticos serán democráticos no seu funcionamento
Para os que somos de esquerdas e defendemos os dereitos nacionais da Galiza, todo o que clarifique a situacion no que era a principal forza de esquerdas galega o BNG, é un paso adiante.
Na Galiza, como en casi todo o mundo -que un representante do imperialismo ianqui como Obama apareza como un home de esquerdas o din todo-, é necesaria a reconstruccion da esquerda transformadora.
O BNG dende que entrou na Xunta é unha organizacion do rexime e do sistema... As súas diferenzas de fondo -non nas formas e nas preguntas-, na xestion diaria, na relacion cos movimentos sociais, etc., é a de un partido social liberal -por oposicion ao neoliberalismo do PP, mais cun contido similar-, e esta a deixar sen proxecto a miles de xentes da esquerda galega.
Encontro Irmandiño pensa, inxenuamente, que os Quintanas e os xerifaltes do BNG van cambiar, van facer política de esquerda -as sandeces de Gaviotero, que non é idiota mais si facha, apuntan a algo moi certo, e que non o inventou el, senon os anarquistas: "o poder corrompe"-.
O BNG, sendo parte da estabilidade do rexime (Quitana dixit), dispostos a chegar a acordos co PSOE (esperando a "chamada" de ZP), e do capitalismo, é unha organizacion perdida para as politicas de esquerda; o máis que pode facer é "prgresismo" burgués".
O BNG non vai reflexionar... vai seguir o seu... e mentras correntes como Encontro Irmandiño, ou MpBase, seguen no seu interior, fará como "el perro del hortelano que no come ni deja comer".
O EI, como o MpB, o mellor que poden facer é deixar de avalar as falcautradas como a Cidade da Cultura, o AVE, a privatizacion dos servizos, os "chiringuitos" denunciados polos sindicatos, os salariso dos altos cargos da Xunta, o acordo coa dereita basca e catalana, etc., etc., e pórse á tarefa de construir a esquerda transformadora que o pobo traballador galega, con todos aqueles que estamos fora do BNG (que fora do BNG ha vída e non fai frio, como moitos queren pensar).
Os números cantan -e non é por ser electoralista, mais é un dato da vida-: o BNG nos ultimos anos perdeu 100 mil votos, e son votos pola esquerda, por non ser unha organizacion de esquerdas.
Aí esta a masa critica para construccion de esa esquerda transformadora. A ela temos que referirnos, e non para mantela na disciplina do BNG, senon para enfrontar as políticas de Union Europea, do goberno central e da Xunta.
A organizacion de correntes clarifica, pois pon sobre a mesa a realidade dunha organizacion, o BNG, que hoxe é unha gaiola de grillos, con tantas opinions como militantes.
A cuestión é que os que son de esquerdas non poder seguir atados a unha direccion de dereitas. É un contrasentido.
A ver como resintonizan, pois hoxe os movementos sociais ven ao BNG coma unha apisoadora que todo o traduce no pensamento único de Galiza nación, abandoando aquelas causas que os incomodan.
ULO, tres razón que todos estes desencontros das esquerdas teñen un sitio na futura ESQUERDAUNIDA GALEGA que estamos por fin perfilando nunhas politicas para os vindeiros anos na Galiza.
É necesario nosa presenza no parlamento galego para denunciar as falcuatradas da actual Xunta de Touriño e o populista Quin(Estrela AZUL)con respecto as politicas economidas, privatizacións ou chiringuitos, medio ambientais(Planta de gas de Ferrol, planos de acuicultura...)a sangría economica do Monte GAIAS...
Outra politica de esquerdas é posible.
SAÚDE E REPUBLICA.
A EU galega faltalle un aspecto decisivo: pór no seu programa a defensa do dereito a autoterminacion e a denuncia do rexime da Transicion.
Alen diso, o obxectivo non pode ser entrar nun parlamento para "presionar" ou, no seu caso, apoiar abertamente ao PSOE, como aconteceu nos anos anteriores con ZP, ou como acontece en Ferrol co goberno municipal do social liberal españolista que é Irisarri, facendo o mesmo papel Iolanda Diaz en Ferrol que Tello na Coruña, garda costas de "esquerda" do PSOE.
Esa EU xa a coñecemos e por iso non é capaz de aparecer como alternativa ao BNG, porque ao final vai facer o mesmo que el: pactar co PSOE.
Só cando rompa con esa política, EU podera recoller a todos os da esquerda que movemonos por fora dela e do BNG.
Pero xa non sera EU, sera outra cousa, outra organizacions nova.
Fagamos xuntos esa nova organizacion.
En ocasións, os debates son sorprendentes.
Resulta que o BNG, desde que está no poder, perde votos; resulta que o BNG, desde que está no poder, é menos de esquerdas; resulta que o BNG, desde que ten capacidade de influir na política estatal, é un apoio para o PSOE (lembren a negativa a repudiar a Magdalena, ministra de Fomento); resulta que os nacionalistas galegos de base, irmáns varios e variados, ven con tristeza a deriva do BNG.
E non sei a razón de tanta tristura. Gobernar é a arte do posible. Gobernar consiste en pactar con outras forzas.
Se algún nacionalista galego pensaba que o BNG ía ser "forza hexemónica" en Galiza, que me leven as Ánimas, pero estaba totalmente ido da cabeza, dados os resultados eletorais actuais e pasados e futuros.
O nacionalismo galego ten un problema: que os elementos a salvar non lle fan moito caso e prefiren unha forza máis ou menos enxebre como o PP para votar "en galego", eis o BNG busca votos nas bases do PP e Quintana, con bo ollo político, traballa esa eira que desgraciadamente para él non lle vai traer votos.
Un dos problemas do nacionalismo galego é que ten un país na cabeza... pero inventado. Non basta con ser Nazón, hai que ter unha Nazón e, polo tanto, nacionalistas, un pobo con sentimento nacionalista, e na Galiza non hai iso, ou hai pouco, que che ven sendo o mesmo en diferentes graos.
Agora ben, se resulta que a solución pasa por unha fiticia e baldeira "unidade da esquerda en Galiza", aviados van. Xa me contarán qué teñen que ver os irmáns de Beiras cos irmáns de Méndez Ferrín e Mariano (Abalo) ou os irmáns do trastornado Morais.
Iso, por nos centrar nos nacionalistas. Por que a ver con qué cores pintan a todos con Esquerda Unida, a ver qué arcodavella full lle sae.
En fin. A esquerda acomodaticia, a esquerda que trince moqueta e salario alto e comisións para o partido, ou sexa, a esquerda actualmente vixente, está engaiolada de se coñecer e de viver autonómicamente na monarquía xoancarlista.
Se non é así, que muden. E se mudan... quén lles vai votar?
Xabi1, enton peguemonos un tiro de merda... porque coas túas contas, a esquerda esa morta, e fagamos como Quintana, a "arte do posible". Mais como din os foros sociais dunha maneira ambigua "outro mundo é posible".
O que é o mesmo,outra forma de gobernar é posibel.
O posibilismo na "arte de gobernar" só conduce a unha cousa, facer o que os poderes economicos e politicos deixan como posible. E para facer o que eles queren que se faga, para iso xa estan o PSOE e o PP.
O BNG dicia, era outra cousa, non aceptaba o rexime da monarquía, facia oposicion na rúa, criticaba aves, planos especulativos e exixia cousas dende unha optica da esquerda. Non éra o mellor posible, pero facia oposicion de esquerdas.
Dende que é goberno, deixou todo polo "posible". E o posible é soster a ZP, a Magdalena Alvarez, a seleccion española.
Os utopicos non son os que queren cambiar a sociedade... os útopicos son os que pensan que se pode cambiar a sociedade... sen loitar contra os que hoxe a dominan. Esa é a utopia máis perigrosa, pois venden a sociedade que os poderosos son iguais aos demáis, e iso non é certo; é unha mentira.
E todos esos irmans, que son do seu e e da súa nai, xunto con outros que non mencionas -o teu é a de sempre, menter cizaña a ver se entre eles pelexan e deixan en paz aos gobernantes do bng-, teñen algo en comun: son de esquerdas e pensan que a sociedade ha que transformala, non facela máis bonita, ainda que mantendo as súas esencias.
Que se poñan dacordo ou non, depende de moitos factores, da presion dende a base e a poboacion (entre eles os miles que votaban o BNG e deixaron de facelo pola sua deriva dereitosa), e da mesma vontade dos dirixentes de rematar coas vellas feridas sectarias (dificil, mais non imposible).
E un traballo de futuro, non vai resolver a curto prazo nada; mais é a unica maneira de que o pobo traballador galego conte cun representante político seu, non dos empresarios, galegos ou non. Para eso xa estan o PP, o PSOE e agora o BNG.
A ver, Ulo, serei culpable do que diga pero non de máis cousas.
Se penso en voz alta, meto cizaña, segundo a túa opinión. Pois non penso calar e agardo que tampouco cales ti e que digas o que penses que, curiosamente, coincide bastante co que dixen, agás co de meterse un tiro de merda, calculo que na cachola, porque pra metelo non pe, pois paso.
Claro que a esquerda está morta. Non o ves? Cánto tempo queres agardar? O que acontece é que isto non se vira antes na Galiza, vese agora, cando goberna o BNG, mais había que estar mirando cara outro lado para non sospeitar que o proceso de desmantelamento da esquerda tamén ía chegar acó cando as condicións foran as doadas... ou tan diferentes somos?
E ben sabes, calculo polo que escrebes, que non hai inventos nen gaitas, nen bases nen miles de votantes do BNG que presionen sobre a comandancia actual porque na política hai o que hai, aquí, en España ou en Franza, non hai lugar para outro sistema de goberno que o goberno dos poderosos, das empresas e do Capital.
Qué é posible outra cousa? Claro que sí!! Pero non por aí, non pola política, e non agardando que o BNG, o PSOE ou o PCE sexan outra cousa, e son xestores do Capital. Tan simple como cru.
Non vexo que vaia haber ningunha esquerda unida -siglas absolutamente queimadas onde as haxa-.
Para construir hai que comenzar en limpo, non cun traxe lixado pola historia. E hai razón en reclamar as posicións sobre o básico, as bases constitucionais. Lembran?
Eu máis ben penso que boa parte dos votos que perdeu o BNG eran de votantes socialistas que nun tempo estaban fartos do partido (cando Abel Caballero foi candidato á Xunta) e que despois voltaron o rego do PSOE. Por suposto hai moitos desencantados coa xestión do BNG pero electoralmente non creo que sexan nin de lonxe os 100.000 que menciona ulo.
A min gustaríame que Beiras fose o candidato do BNG ao Parlamento Europeo, penso que conseguiría escano e que podería facer unha gran labor alá.
Isto é o colmo agora ao BNG saenlle por todas partes os salvadores e mantedores das esencias. De qué esencias, se levamos os nacionalistas galegos coñecendonos xa há moito tempo...... O Bng ten que conseguir o voto da maioria dos galegos e galegas que teñan sentimento nacional, conquerir unha gran masa nacionalista de esquerdas. Soberania nacional só o BNG pode chegar a conseguilo. Podíamos todavía estar na oposición,, pero sería o PP quen estaría no goberno. Despois de trinta anos, xa somos algo mais, xa non nos odiamos tanto, queramonos. . Primeiro NACION LOGO, Independencia.
Graças que ainda fica gente com sentidinho (salvadores e mantedores de essências para outros) no bng.
Mágoa dos acríticos que gostam de discursos fáceis e irreais dos que se prostituem por bem pouco.
Los del encuentro irmandiño les causan risa a los jerifaltes bloqueiros...pues al fin y al cabo son los cuatro "desgraciaos" (sea dicho de forma coñera y con respeto) que como no tienen cargos ni han de tenerlos, pues sólo tienen el legítimo derecho a la pataleta.
Pero cuando llegan las asambleas bloqueiras...¡¡¡todos con Angelito!!! Y Angelito a preocuparse de los sociatas, que son los que le mantienen "enchufado"-
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.
Xa hai tempo que se debería abrir un debate sobre o BNG a Esquerda e o Nacionalismo.
Na miña opinión eu perdín 25 anos de traballo a prol de conquerir unha Galiza Nacionalista e de Esquerdas.
O BNG a día de hoxe coido que non hai moito por onde defendelo, as suas políticas están a convalidar as do PSOE, e xa sabemos quen é o PSOE e a quen representa.
A "intelixencia" do BNG está a vivir horas de fastuosidade, entrando en moitos salóns de moqueta, coche oficial e declaracións de intencións que a min persoalmente non me levan a ningures.
Ogallá chegue o día en que a Esquerda Nacionalista, seña quen de levar a cabo un País no que a Igualdade e a Liberdade imperen como referente.De seguro que tardará e supoño que non chegarei a ver.
Un servidor o que si ten claro e que non vai traballar máis para quen non representa o meu sentir, e cada vez menos.
Non ia intervir, nin se quera para contestarlle a Gaviotero, co cal outra vez, sen que esto chegue a ser habitual, volvo a coincidir, porque cando un coincide hai que decilo, ó igual que cando discrepa. Vexome obrigado a intervir por culpa de "polaesquerda", que non di nada, pero aviso a navegantes/as que esquerda unida "Galega", non é a solución, é máis do mesmo, sobre todo mentres esté capitaneada por Yolanda, e se siga amordazando a unhas bases, agora xa sen luces, pois pouco queda de pluralidade en EU-IU tras a sangría continua de militancia. Seo BNG está afastado dos movimento sociais, en Esquerda Unida de Galicia, pechanse Sedes comarcais ós propios militantes, e non por un día ou por un mes, por todo un ano, e non a un si e a outro non, a todos sen distinción, para que? para que un tio o que todos arrimamos o hombro para que fose a nosa voz o noso voto, nola arrebate e empregue en interese propio, tirando pola borda o traballo de moitos compañeiros, moitos deles históricos é con tanto ou máis recoñecemento que o Beiras do BNG.
Exemplo ben sangrante, REDONDELA.
Yolanda demisión!
Pérez Pardo e Cía, expulsión!
Porque demo todos os que falamos nos foros, atopamosnos nas manifestacions, estamos en organizacions ou non, teñamos ainda o carnet do bng ou eu, ou o que sexa, é dicer, todos os que consideramos que a esquerda transformadora é necesaria para desenvolver os movimentos sociais, porque non avanzamos nun encontro aberto, para debatir xusto eso; cómo resolvemos o gran drama que hoxe teñen os movimentos sociais, o da súa expresion política.
Non pode ser que os foros como este de Vieiros sexa un pano de lagrimas polo que foi. A mesma auga nunca volve a pasar pola mesma ponte.
Porque somos masoquistas?
Muitos dos decepcionados com o que está a fazer o bng recusarão dar-lhe um voto de castigo. Falta madurar politicamente. Melhor deixar-se manipular e obedecer cegamente.
O caso sería organizarse en serio e comezar a traballar. Mais sospeito que a xente de Encontro Irmandiño e outros descontentos seguen demasiado atados e fascinados ás siglas bloqueiras como para protagonizar a ruptura necesaria, e fóra (actualmente) só actúan grupos sectarios, pequenos e autocompracentes.
A ver se lles fan caso... Non creo que consigan moito porque o Quin semella ter un forte control do "aparato".
Recoñezo que non me gustan moitas cousas que fai o BNG pero tamén sei que a dispersión electoral non beneficiaría ao nacionalismo galego.
Hai que traballar dende dentro, pero sen caer no cainismo de antano!