"Chegan a ofrecer até menos do 1% da facturación aos propietarios dos terreos", critican desde Ventonoso, denunciando que ademais "ameazan" os veciños.
Pretenden ocupar os montes a cambio de "auténticos contratos lixo", advirten desde Ventonoso, colectivo vencellado ao sindicato Unións Agrarias (UUAA). Por riba, os potenciais afectados son ademais ameazados con supostas "futuras expropiacións" se non aceptan os contratos propostos polas empresas do sector eólico.
Desde Ventonoso avalían que boa parte dos contratos ofertados no marco do novo concurso eólico convocado pola Xunta sofren dese problema. Na opinión de Xosé Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso e secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA, isto é exemplo da "nova oportunidade perdida para conseguir que as concesións eléctricas da administración contribúan ao desenvolvemento do rural nas áreas afectadas".
Segundo atopou UUAA, as empresas que optan ao concurso eólico en ningún caso ofrecen aos propietarios dos terreos máis do 2,75% da facturación dos complexos. "E mesmo nalgún caso esa porcentaxe queda por baixo do 1%", láianse. Segundo Diéguez a aspiración é que esa porcentaxe chegue ao 10% da facturación, aínda que considerarían "un avance" chegar "ao 4%" que xa fixan países como Dinamarca.
Proposta de solución: o "soar eólico"
Como xeito de loitar contra esta situación, Ventonoso propón crear unha nova figura legal: a do "soar eólico", que implicaría o estabelecemento de "valoracións xustas" dos terreos que achegan os propietarios particulares e as comunidades de montes como posíbel ubicación dos muíños eólicos.
O sindicato achega outras dúas ideas. Por un lado, que se bloquee legalmente a prevalencia da utilidade pública dos proxectos eólicos sobre a propia utilidade pública que a lei "xa lle outorga aos montes veciñais en man común" cando non exista acordo previo entre os veciños e as empresas eólicas. Por outra parte, suxiren a creación dun fondo destinado a proxectos específicos de desenvolvemento rural e xestión do medio natural que estea financiado por unha porcentaxe fixa dos beneficios destas empresas.
"Soar Eólico". Brilhante proposta. Meu deus!
De pelotazo urbanístico a eólico, e nem sequer se esforçam em mudar o vocabulário.
O solo urbanizável como se chamará? "eolizável"?
"O meu soar eólico é meu, e nele planto o que quero, e especulo com ele se puder..."
Esta gentinha está decidida a acabar com os montes de mão-comum, privatizá-los para o negócio eólico. Propostas do sindicato: liberalizar, liberalizar, e liberalizar. Baixo belas e confusas palavras.
Ide tomar...por vento!!
Teño que dicir que as ansias especuladoras e destructoras do patrimonio natural galego por parte dalgúns que din querer a Galicia e noxento.
Cando trocou o Goberno da Xunta pensei que meterían man nas comunidades de montes e demais entidades con funcionamento, moitas veces, máis que dubidoso. Pasado un tempo, vexo que pouco cambiou. Antes esnaquizábase o monte para beneficiar os amigos madrileños de Fraga, agora faise o mesmo pero para enriquecer os amigos de Touriño e Quintana.
Aquí os únicos que pagamos o pato somos a cidadanía da "pé" que observamos atónitos como se están a enriquecer uns e outros coa terra de todos, e por suposto, a fauna e flora galega que está a sufrir un ataque tras outro sen freo.
Estamos perdidos. O barco fai auga e o capitán facendo caixa.
certo é que ós propietarios/as dos montes ofrécenlles unha miseria da facturación que xeneran os parques eólicos, tema que (pola conta que lles ten) deben amañar, pero: ¿e para os montes onde estan os muiños que lles queda? ¿ que porcentaxe deses cartos que van cobrar eses propietarios deses montes polos que nunca miraron (na maior parte dos casos) van ir para a restauración e desenvolvemento (dende o punto de vista estrictamente ecoloxista) deses montes. E sobre todo ¿que porcentaxe dos cartos que producen eses muiños vanse investir en recuperar o medio natural?. Para min ese é un dos puntos importantes que parecen quedar esquencidos sempre. Porcentaxe obrigatorio fixado por lei sobre a producción dos muiños para recuperación e mellora do medio natural dende criterios exclusivamente ecolóxicos dos espazos e serras adicadas a producción de enerxia.
A utilidade pública dos montes TEN QUE SER PREVALECENTE sobre o uso privado da producción enerxética, obviamente.
A parte "económica" dos contratos ten que concretarse DESPOIS de que se aprobe o PROXECTO DE DESENVOLVIMENTO COMUNITARIO da eólica para a zona.
As UUAA só queren mercantilizar, sin máis, a actividade, facer da capitalización eólica un negocio subsidiario para os propietarios e comuneiros. Polo Kapital, renuncia a un PROXECTO DE DESENVOLVIMENTO LOCAL.
O método arquetípico de relação empresa-vizinhos sobre um monte comunal é normalmente o seguinte:
1º - O homem com garavata fala com dous ou três vizinhos "avispados" que levam um plus por convencer/mentir aos outros. Se exite uma associação vizinhal, ainda mais fácil. Será usada para "a maioria" tirar aos opositores.
2º - O homem com garavata consegue no concelho e na delegação provincial de indústria todos os permisos sem nenhum problema.
3º - O eólico sale adiante.
CONDIÇÕES:
1- Concessões de mais de 50 anos.
2- Quantidade FIXA anual (durante 50 anos!!!!) a partir entre os vizinhos que a empresa paga. Esa quantidade anda sobre os 3.000€ anuais por vizinho dum monte comunal.
3- Nenhum tipo de cláusula de renegociado da quantidade pagada.
4- Nenhum tipo de benefício "em espécie", ou seja, aporte de electricidade aos vizinhos.
5- Nenhum porcentagem sobre o facturado. A contabilidade é segreda. Quantidade fixa.
Há que acrescentar a total desinformação e ocultação dos efeitos "colaterales" aos vizinhos. A rede eléctrica entre as torres e a sua conexão, o ruido, as pistas de acesso são como aquele programa da Isabel Gemio, Sorpresa Sorpresa!!!
Os de Unións Agrárias falam de porcentagens dos lucros. Como as podem calcular quando não se estipulam nos contratos e não existe trasparência nem disponibilidade ao público da contabilidade das concessionárias?
#3 ben falado Alberto