Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS POSITIVOS

O paro volve baixar en Galiza mentres se dispara no resto do Estado

O mes de xuño deixou no noso país 4 mil desempregados menos. Pola contra, a nivel estatal compútanse case 37 mil parados máis ca en maio.

Redacción - 10:30 02/07/2008
Tags: datos paro
A construción segue a xerar emprego en Galiza

A construción segue a xerar emprego en Galiza

Mentres no Estado Español aumenta por terceiro mes consecutivo a taxa de desempregados, Galiza móvese noutra dinámica ben diferente. Segundo os datos do Inem, xuño pechouse no noso país con 4.071 parados menos (un 2,6% menos ca en maio), polo que a cifra total de persoas que buscan traballo cífrase agora en 152.708.

No conxunto do Estado o paro aumentou en 36.849 persoas (1,57% máis ca en maio) o que significa que hai 2.390.424 demandantes de emprego. Galiza liderou a baixada de paro, seguido de Castela e León (-2.428) e Asturias (-1.819). Pola contra os peores datos foron para Andalucía e Valencia, onde o número de parados aumentou en 18.930 e 7.222 respectivamente.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (8)

Gaviotero #1 2/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tanto la crisis como la recuperación llegan a Galicia con varios meses de retraso es algo que conocen perfectamente todos los economistas.

Que en Vieiros ahora nos cuenten lo bien que nos va por UNA cifra macroeconómica mientras al resto de España le va bastante peor sólo demuestra ignorancia y tendenciosidad.

Porque, señores de Vieiros, ¿no es el mismo tipo de interés al que tenemos que pagar la hipoteca los gallegos que el resto de los españoles? ¿Y la morosidad? ¿Y la inflación? ¿Y la subida de los carburantes?

¿También nos va en todo esto que al fin y al cabo es lo que nos marca nuestra vida diaria que en el resto de España?

Al abuelito con pistolitas de agua...

Atlantico #2 2/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para que negalo, temos moitas máis potencialidades que España, un pais que sempre viviu de expoliar os demáis. Cortemoslle o fluxo electrico a España e a ver o que duran. Fagamos de España a nosa colonia.

ecoe #3 2/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño un amigo portugués, de Arcos de Valdevez, qsue sempre me di: DEIXADE DE COLONIZAR ESPAÑA, MAIS VOSÉS QUÉ COISA FACEM!

Todo o mundo sabe que agora, no vran, o paro diminúe pola tirada turística, e que en setembro miraremos de novo a normalidade, ou?

Gaviotero #4 2/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿España vivió de expoliar a los demás? ¿Lo dices acaso por los más de 3.000 millones de euros que cada año tiene que aportar el Estado a la retrasada Galicia para que se lo lleven calentito los bipartitos de la Xunta mientras nos dicen que Galicia necesita más dinero?

¿Sabes, Atlantico, que Galicia es deficitaria eléctricamente y que con la energía hidroeléctrica que produce no da ni para 3 meses al año? ¿Acaso nadie te ha contado, ignorante, que la principal proveedora de energía eléctrica en España es Francia y que además esta energía es nuclear?

En fin...no estaría mal que España dejara funcionar sola unos añitos a Galicia para que volvieráis como unos muertos de hambre implorando volver a España.

roixordo #5 3/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, o ignorante es tí, a maior central térmica do estado está na Galiza. En fin, non fales do que non sabes, que quedas fatal.

amoscaesquerdosa #6 3/Xullo/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alá ZP, Touriño e todos os que viven nun mundo virtual se queren negar a crise e convertela nun tema tabú: xa lles estoupará nos fouciños máis cedo que tarde.
Pero o importante para nós, os traballadores é como enfrontala. Deberiamos centrar todos nos nosos esforzos en acadar un amplo e profundo movemento de resistencia e mobilización que desembocase nunha folga xeral a nivel europeo, aproveitando precisamente o ataque a todos os traballadores da Europa pola directiva das 65 horas. Unidade e loita por unha saída favorable para os traballadores desta crise.
Ver maís en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Roi_Batti #7 3/Xullo/2008 Roi_Batti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, estás PERDIDO
os 3000 millóns de euros do fondo de suficiencia saen
dos 7000 millóns de euros recadados en galiza.
Ponte as pillas e espabila.
E cambia de disco, que raia xa.
(podes utilizar a imaxinación)
;-)
un saúdo

DanielErreCe #8 7/Xullo/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está escrito en moitos sitios (un exemplo: "O sistema enerxético Galego…", publicado por Sotelo Blanco): Galiza só consome un terzo da enerxía eléctrica que produce. En proporción, exportamos directamente e indirectamente (o aluminio en rama de San Cibrao) fóra do noso territorio moita máis enerxía que Franza. Para que lle interese o tema, o libro que comento é moi recomendábel.
Se engadimos as explotacións primarias que estruturan a economía galega (forestal, mineira, pesqueira, gandeira...) pódese entender perfectamente que se Galiza non é unha colonia, seméllase abondo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: