Desde CCOO critican a viraxe nas políticas laborais aplicadas pola empresa cara ao que cualifican de "capitalismo salvaxe".
Piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas (Carnota) / Foto: Adega
A Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras considera que á súa chegada a Galiza, a dirección de Stolt Sea Farm despregou un sistema de relacións laborais "acordes coa filosofía dunha empresa procedente dun dos países máis avanzados no referente ao social", en referencia á orixe norueguesa deste grupo empresarial. Avalían desde o sindicato que no marco desa estabilidade, a empresa obtivo nos dous últimos anos arredor de dez millóns de euros de beneficios en Galiza.
Nese contexto, láianse da actitude emprendida por Stolt Sea Farm na recente negociación do convenio colectivo e acusan a empresa de pretender "explotar" a xente da costa. Segundo CCOO a empresa quere que os seus traballadores renuncien a conquistas como o complemento por antigüidade a cambio dun "pobre aumento" para 2007 do 5% máis o IPC (4,2%), e para 2008 e 2009 de só o 0,40% máis o IPC. Para conseguir esas renuncias a empresa está "afogando economicamente o persoal a base de mantelo sen suba salarial desde 2006 malia o encarecemento notábel do custo da vida e tendo en conta os baixos salarios que teñen". O sindicato pídelle á empresa que "teña en conta as envexábeis condicións que lle fornece a costa galega e os cartos públicos que recibiu" e atenda as reivindicacións dos traballadores.
Stolt Sea Farm forma parte do grupo noruegués Stolt Nielsen. En Galiza emprega ao redor de 180 persoas en máis de seis plantas de cría e engorde de rodaballo, lubina e linguado, que se localizan en Palmeira—Ribeira, Carnota, Camariñas e Muxía.
Stolt Sea Farm actua, logicamente, com o pensamento de uma multinacional: ganhar mais ao menor custo.
Pois mira que ainda hai xente que defende que se poidan poñer dentro das zonas natura 2000
Vaia, pois esta é a marabilla de proxecto empresarial que vai xerar "moitísimos" postos de traballo en Merexo, Muxía. Representantes dos dous partidos que están hoxe no bipartito rexeitaron apoiar as protestas dos veciños de Muxía contra a instalación dunha gran planta de acuicultura deste grupo empresarial, que pretende ocupar unha superficie equivalente a 40 campos de fútbol, o mesmo que o alcalde Felix Porto, famoso tamén polo caso da famosa axente electoral pagada con fondos públicos. Un proxecto iniciado polo PP, apoiado explicitamente polo PSOE e tamén polo aparato institucional do BNG.
¿Hablamos de cómo tratan los del Sergas a sus empleados con los de C-C-O-O calladitos como p...? ¿Hablamos de las amenazas de la Consejera, una auténtica incompetente, advirtiendo a los empleados de que los dejará sin vacaciones si no logran cubrir las bajas y las vacaciones del personal? ¿Y por qué no dicen nada los sindicatos? ¿Será porque en las reuniones periódicas les cae algo en el reparto o aspiran a que les caiga algo?
Ya querrían muchos empleados del SERGAS poder tener las condiciones laborales de Stolt Sea Farm.