Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Congreso Federal

O PSOE oscila entre reformar o voto inmigrante, o emigrante, ou deixalos no caixón

Debaterá no seu seo unha proposta para que os estranxeiros poidan votar, mais permanece no aire a reforma do CERA. O BNG apoia a medida, mais critica a 'dobre cara' dos socialistas.

Redacción - 17:45 03/07/2008
O secretario de organización do PSOE, Xosé Blanco

O secretario de organización do PSOE, Xosé Blanco

Os delegados do 37º Congreso Federal do PSOE, que comeza este venres en Madrid, debaterán unha emenda transaccional para que os cidadáns extracomunitarios con residencia legal e estábel no Estado poidan votar e ser votados nas eleccións municipais.

Segundo informou o seu secretario de organización, Xosé Blanco, de ser aprobada a proposta confía en lograr o consenso co PP para facer posíbel a medida. "As grandes reformas electorais fanse por consenso", afirmou.

O BNG, ao respecto, manifestou o seu apoio a esta posibilidade e a súa confianza en que a proposta non se trate dun "globo sonda máis". "Non vaia ser que alguén pretenda poñer unha medalla democrática sen ter limpado o moito que hai que limpar no sistema electoral español, sobre todo no que se refire á emigración", afirmou o voceiro parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich.

Apoio do PSOE á directiva de retorno
Neste senso, dixo que espera que "cando os inmigrantes teñan dereito a voto, cousa que "o BNG apoia", poidan facelo "en urna e con todas as garantías". Ademais, aconselloulle aos PSOE que "se está tan preocupado pola inmigración, comece polo primeiro: garantir os dereitos dos inmigrantes".

Comentou, ao respecto, que a directiva "eufemisticamente chamada de retorno, que mais ben é de detención e expulsión, mesmo de menores", apoiada polo PSOE, "viola os dereitos humanos". "Non se pode deportar menores non acompañados como propón a directiva. Iso viola a convención de dereitos do neno", sentenciou Aymerich.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: