Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reducindo nun 10% a dependencia do petróleo

O goberno español prepara un plan para aforrar 5.000 millóns de euros en enerxía

Queren facelo "antes das vacacións", segundo dixo o ministro de Industria, Turismo y Comercio, Miguel Sebastián.

Redacción / EP - 19:20 08/07/2008
O ministro de Industria, Miguel Sebastián

O ministro de Industria, Miguel Sebastián

Sebastián explicou que estas medidas han afectar aos ámbitos comercial, residencial, do transporte e enerxético, e que nelas colaborarán seis Ministerios, facéndose todo antes do verán. No caso de que se chegase a reducir un 10 por cento a dependencia do petróleo, segundo o ministro de Industria, o aforro podería chegar aos 5.000 millóns de euros.

Na actualidade o Estado Español importa 435 millón de barrís de cru ao ano, e con este plan, segundo Sebastián, poderíase evitar a compra de entre 43 e 44 millóns de barrís.

En que vai consistir o plan
Fontes de Industria sinaláronlle a Europa Press que aínda non está definida a forma legal para articular o plan, pero que se vai facer todo nun prazo de dous anos, nos que se deberán cumprir os obxectivos de aforro previstos.

Para Sebastián, o obxectivo de aforrar o dez por cento das importacións de cru é "razoábel" e permitirá mellorar la eficiencia do Estado, un dos factores clave, segundo dixo, para elevar a competitividade.

Estoupar a burbulla especulativa
Miguel Sebastián dixo, ademais, que para mellorar o competitividade é preciso ofrecer unha "axeitada estrutura de prezos" no mercado enerxético, incentivando, ao tempo, o aforro do consumo por parte das industrias que son os responsábeis da demanda final do 31 por cento dos combustíbeis.

O ministro avogou tamén por facer unha "reforma no mercado de futuros" no que cotiza o petróleo, de tal xeito que se poida estoupar a burbulla especulativa. "É de interese global" acabar con este fenómeno", asegurou.


1/5 (2 votos)


Comentarios (7)

roibran #1 8/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver cando liberalizan a produción e distribución enérxetica, porque aquí resulta que dependemos do petroleo, pero cando Galicia solicita 25000 megavatios de potencia eólica só lle dan 12000. Cómo se come a tosta?

outrolector #2 9/Xullo/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou seguro de que vai ser outra iniciativa hipócrita para acadar algúns titulares balsámicos antes de agosto.

Medios informativos, técnicos e coercitivos hainos abondos, ou son doados de establecer, se hai vontade política, coherencia e decencia (para aforrar enerxía, reducir drásticamente os accidentes de tráfico, ordenar e optimizar o transporte público, aforrar nas administracións públicas, etc...).

O malo é que a vontade política está guiada pola "roda" ...intereses/beneficios económicos -> campañas electorais -> resultados electorais -> acción política -> (volta a empezar). E a incultura, o amor ao hedonismo e o callo do electorado son o lubricante ideal para este "sistema" dos falsos e sectarios.

...e mentres lles chega o seu Sanmartiño podemos ir a peor, moi a peor.

roibran #3 9/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei porque me da OUTROLECTOR que o remate vas ter razón.O carallo é que o San Martiño deles vai ser o noso San Martiño.

Jatopardo #4 9/Xullo/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home roibran, creo que a Xunta está licitando 2325 Mw, non 1.200 como ti dis. Tamén che aclaro que Galicia é excedentaria de electricidade e que con este plan, que deixerá os montes galegos desfeitos, Galicia terá 6.500 Mw, cifra que contrasta con Francia que tiña hai uns meses menos de 2.500.

Para que vexan a animalada que están facendo en Galicia coa proliferación masiva de parques eólicos cunha potencia de 6.500 Mw (iso si, a metade dos días están parados por falta de vento), dicir que Portugal ten instalados 2.150 MW, Italia 2.726 MW, Dinamarca 3.125 MW, Reino Unido 2.389... e podería seguir.

¡E Galicia soa vai ter 6.500 MW de muiños!, e dicir, o monte cheo de parques eólicos desde Ribadeo a Tuy, ¡PERO QUE LISTOS SOMOS OS GALEGOS E QUE PARVOS SON NO RESTO DE EUROPA!!!

mceleiro #5 9/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas o conselheiro anunciou 20.000 MW

O país do mundo que mais tem é Alemanha, com 22.247 MW(e uma potente indústria). Estados Unidos 16.818 MW é o segundo.

Mas na Alemanha, NENHUM está numa área de alto valor ambiental, o mesmo que nos EEUU, e a estrutura territorial é radicalmente diferente. O mesmo que a económica, em paises fortemente industrializados.


A Comunidad de Madrid, com uma serra bastante "apta", incluiu-a na Rede Natura, com o 40% do território. Galiza é a segunda autonomía com menos território em Rede Natura depois de Ceuta.

Nós somos a lixeira do estado, eles levam os fundos da UE para Meio Ambiente. A Esperanza Aguirre não pus tanto território na Rede Natura por ser ecologista...

ecoe #6 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén prohibiron agora os bombillos incandescentes, as luces de sempre, nunha fazaña sin igual qsue comparan cos países nórdicos (non sei si Dinamarca), mais Cuba xa o fixo hai 3 anos ou máis e un chisquiño menos, Venezuela.

Mais claro os medios de INCOMUNICACIÓN de FALSIMEDIA non podían compararnos con semellantes "países"! E menos si copiabamos as suas decisións!! Ónde tal se viu!

Dogma #7 12/Xullo/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oque vai a fecer xa o sabemos....

Vai a subir o prezo da enerxía un 20% de media, ocon isto vanse a aforrar moitos watios pero o prezo que teremos que pagar será o mesmo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: