Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decreto do catastro

A Fegamp esixirá "medidas compensatorias"

A Federación Galega de Municipios considera que a sentenza favorábel para a declaración como BICE dos parques eólicos xa abre a porta para a modificación da polémica norma.

Redacción - 09:00 09/07/2008

A Federación Galega de Municipios e Provincias comunicaba este martes que traballa xa en coordinación coa Federación Española de Municipios, a FEMP, para revisar a redacción desta norma de xeito que se lexitime os concellos para poderen recorrer contra as valoracións catastrais. O posicionamento chega despois de coñecerse esta semana que un cento de concellos verán afectadas as súas contas, xa que a nova lexislación permite que as eléctricas paguen, como media, a metade do que lle estaban abonando anualmente aos concellos polos encoros cos que ocupan as súas terras. Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, presentou unha iniciativa na Cámara Alta solicitando o cambio da norma.

Aseguran desde a Fegamp que levan tempo traballando no seguimento das consecuencias para os municipios do Decreto 1464/2007 de 2 novembro, onde se estabelecen as normas técnicas de valoración catastral. Ao fío, recordan que a entidade xa reaccionou contra o decreto "ao pouco de coñecerse" esixindo daquela a modificación debido a que ignoraba a condición de Bens Inmobles de Carácter Especial, BICE, para os parques eólicos, loita esta liderada pola Fegamp a nivel estatal. Subliñan ademais que "a participación máis activa" dos concellos na xestión do catastro en colaboración co Estado e as comunidades autónomas "é unha vella reivindicación municipalista" que este decreto contribúe a obstaculizar aínda máis.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: