Imponse o criterio da Consellaría de Presidencia, desde onde non lle vían encaixe "xurídico" ao bloqueo ao acceso dos promotores aos gobernos locais.
O presidente da Xunta en compañía de Telmo Martín, ex alcalde de Sanxenxo
Era o asunto que durante semanas mantiña paralizado o proxecto de Lei de Vivenda. Hai xa tempo que desde a Consellaría de Vivenda recoñecían que o tirapuxa coa Consellaría de Presidencia ao respecto deste punto era o artigo pendente de redacción da norma. Finalmente, o regulamento da incompatibilidade dos alcaldes para exerceren como promotores inmobiliarios no mesmo municipio onde gobernan queda fóra da lexislación.
O anteproxecto de lei presentado este martes sinala simplemente a existencia dunha incompatibilidade "ética" o feito de que os alcaldes e edís poidan ser promotores. Así, e malia a "satisfacción polo conxunto da norma", a propia conselleira, Teresa Táboas, admitía que tería preferido que o texto legal final incluíse unha "prohibición expresa" desta actividade. Triunfan así as teses sostidas tamén desde o PP, onde por exemplo un dos máis coñecidos alcaldes que no seu tempo compatibilizaron cargo coa actividade inmobiliaria, Telmo Martín, ex rexedor en Sanxenxo e agora voceiro municipal do PP en Pontevedra, acusara ao Goberno de pretender unha norma que na súa opinión sería "inconstitucional".
Isto é mentira....
Un militar tampouco podese presentar a ser candidato por un partido politico na mentras non renuncie a sua actividade de militar, ¿porque non facer iso mesmo con outros "enxendros"?.
COMA DECIA ARISTOTELES Mercaderes e industriales non deben ser admitidos á ciudadanía, porque seu xénero de vida é abxecto e contrario á virtude. (pero sen chegar a tanto claro).
Lo que no es ético es tener de Presidente de la Xunta a un embustero como Touriño.
Nem um monarca "home de negócios".
A décima posición na riqueza €urop€a, cando en Villa Giralda (o seu pai, ele andava no colo de Franco) non tiñan un can e mantíñano o "procurador en cortes" e conde de Motrico, Areilza, o impresentable periodista director hoxe de La Razón, e algúns outros empresarios monárquicos.
Estou con Aristóteles: cos clásicos sempre! Cando non haxa nada que ler de actualidade, son un refuxio seguro de sabiduría e pensamento. mesmo os idealistas.