Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No canto dos salarios

O Banco de España admite que "as marxes empresariais" son as que fan chimpar o IPC

Con todo, segue apoiando a conxelación de salarios. Mentres, o Banco Central Europeo teima en que non lles suban os soldos aos traballadores.

Redacción - 12:50 10/07/2008

Paradoxal reflexión a realizada esta semana polo gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez. Por un lado, o responsábel da entidade recoñeceu que a responsabilidade dos últimos aumentos da inflación non hai que buscala nos incrementos salariais, tal e como se insinuou desde a patronal. Así, na opinión de Fernández Ordóñez son xustamente os elevados aumentos das marxes de beneficio empresarial as que contribuíron a ese escenario inflacionista.

Pero por outra parte, Ordóñez chamou a que, de todas formas, se eliminen as cláusulas de revisión salarial. Considera Ordóñez que dese xeito se garantirá mellor a estabilidade do emprego. Ademais, e malia admitir a responsabilidade directa do empresariado nos repuntes inflacionarios, pídelle igual "flexibilidade" a patronal e sindicatos á hora de sentaren a negociar.

De xeito paralelo, chegan as reflexións sobre o mesmo tema do presidente do Banco Central Europeo, Jean-Claude Trichet. De paso que defendía a recente suba dos tipos de xuro, Trichet opinou especificamente que "o comportamento na fixación dos salarios" será clave para evitar o aumento dos prezos.


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 10/Xullo/2008 Tino

Mercado libre para as marxes empresariais, regulamentación á baixa para os salarios.
Este sr é Governador do Banco de España q é o mesmo q dicir garante de q os ricos se fagan cada vez mais ricos tal e como mandan os ditados do mercado.

ecoe #2 10/Xullo/2008 ecoe

Coido que o que se di no comentario é o mesmo que dicir: €$paña é dos ricos máis ricos. NADA NOSO.!

Mais xa se sabe: oé, oé, oé.

ecoe #3 10/Xullo/2008 ecoe

As persoas que non o entendan, andan ben pitoñas, cegas perdidas

Roquinho #4 11/Xullo/2008 Roquinho

Resulta curioso que algo que todos sabiamos ou supoñiamos, é realidade segundo o governador do Banco de España, pro mais curiosos resulta que a solución pasa por baixa-los salarios, como sempre.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: