O vicepresidente da Xunta inaugurou a Semana de Galiza na Exposición Internacional, onde o noso país conta con especial protagonismo como "terra da auga".
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, inaugurou este sábado a semana de Galiza na Exposición Internacional de Zaragoza. No acto, Quintana reafirmou a aposta do Goberno, a través da Consellaría de Innovación e Industria, por potencia o país como destino dun novo modelo de turismo baseado na calidade e coa auga como elemento diferenciador. Para iso, adiantou que a Xunta destinará 6,5 millóns de euros para impulsar o turismo termal e náutico até o final da lexislatura.
O feito de que "Galiza é potencia termal" fixo que o Executivo centrase os seus esforzos na promoción da oferta de turismo de saúde. Para acadar ese fin, a Xunta destinará 4,5 millóns ao seu reforzamento, con 2 millóns para a mellora das infraestruturas hoteleiras, outro millón e medio para o Plan Estratéxico da cidade de Ourense, capital termal, e un millón máis para a promoción da oferta termal de Galiza.
Galiza tamén é potencia en actividades náuticas. Mostra diso é a participación do país como convidado de honra ne festa do mar de Brest. Así, Quintana anunciou unha partida de 2 millóns de euros para o turismo e as actividades náuticas: 600.000 euros a apoio ao acondicionamento municipal dos areais, medio millón máis para o desenvolvemento de actividades de lecer náutico por parte de asociacións e clubs náuticos, e 900.000 euros máis para plans de dinamización do produto turístico náutico e fluvial.
Protagonismo na Expo
En Zaragoza, Galiza vai dispoñer dunha semana enteira dedicada a ela, máis ca os demais territorios do Estado, e quince días de actividades. O país dispón dun pavillón onde un muro con máis de 3.000 mostras de auga dos 315 concellos proxecta en imaxes os mellores recursos turísticos. Está a recibir máis de 7.000 visitas diarias.
Ademais, segundo lembrou Anxo Quintana, o espazo de Galiza na Expo servirá como pórtico promocional do próximo Xacobeo 2010, ao que se van dedicar "un total de 141,4 millóns de euros entre 2008 e 2010".
¿Qué es eso de "Galiza"? En la Expo pone GALICIA por todos los lados, que es la ÚNICA denominación oficial de nuestra comunidad autónoma...
Por cierto, ayer cayó una granizada en Zaragoza...¡lástima que no le pillara al viceembustero de la Junta! ¡Jajaja!
Embarcacións tradicionais en Brest. Dous millóns para o turismo e actividades náuticas, de que tipo? Propaganda?, limpeza-destrución de areais con máquinas? poñerlle cara bonita aos 384 millóns do destrutivo Plan Director de portos deportivos? Ou axudar a recuperar a cultura mariñeira e os centos de embarcacións que apodrecen en areais, ramplas e peiraos?? E as salgazóns e peiraos cobizadas pola especulación..
Lura, vai a Brest e así xa nolo podes contar... pero falar por falar é moi comun nas malas linguas.
Os barcos que estan en Brest levan moito traballo detrás, non penses que non o sei, e ese traballo fisoxe practicamente sen axudas, pero os estan utilizando agora como monicreques para outros fins. É falar por falar constatar o desmantelamento e destrución da flota de baixura tradicional, a persecución a xubilados en gamela e os seus barcos de pau ou a morte baixo o cemento dos peiraos históricos?