Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mercado da Transparencia e 'Agrobús'

Prezos baixos para os produtores, prezos altos para os consumidores

Sindicato Labrego e Unións Agrarias inician este luns cadansúa campaña informativa para denunciar as "abusivas" marxes comerciais.

Redacción - 11:50 14/07/2008
As marxes comerciais prexudican tanto a produtores como a consumidores, afirman os sindicatos

As marxes comerciais prexudican tanto a produtores como a consumidores, afirman os sindicatos

Os baixos prezos que, en xeral, perciben labregos e gandeiros polos seus produtos, así coma o aumento dos custos de produción do último ano, fai que a rendibilidade dos seu traballos se vexa seriamente comprometida. Xa que logo, o consumidor está a pagar un prezo excesivo que non reverte no produtor, senón nas multinacionais da distribución.

Sindicato Labrego (SLG) e Unións Agrarias (UUAA) pretenden denunciar esta situación con cadansúa campaña informativa. Os primeiros presentarán este luns en Vigo, fronte ao centro comercial Carrefour, o Mercado da Transparencia que teñen previsto organizar a vindeira quinta feira.

Tamén este luns, baixo o lema Prezos xustos para os nosos produtos, UUAA inicia na Coruña unha xeira de 15 días por todo o país a bordo dun 'Agrobús' informativo. Ademais, repartiranse produtos agrarios e recolleranse sinaturas "para demandarlles ás administracións unha regulamentación das marxes comerciais que remate cos abusos que se están a producir na cadea alimentaria", afirman dende o sindicato agrario.

O SLG salienta pola súa banda que "a esta problemática, engádese un dominio cada vez maior do mercado por parte das multinacionais da distribución, fomentando a especulación económica con un dereito básico: a alimentación".


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: