Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polos organizadores

A bandeira galega, prohibida en Beixín

Segundo un decálogo de comportamento durante os XXOO que presentaron as autoridades chinesas.

Redacción - 14:58 03/08/2008
Cartaxes de protesta contra o conflito que a China mantén no Tíbet

Cartaxes de protesta contra o conflito que a China mantén no Tíbet

A carencia de liberdades e dereitos que hai tempo, segundo as denuncias de varias organizacións internacionais, está a sufrir a cidadanía chinesa trasládase agora a todos aqueles espectadores, milleiros, que visiten os Xogos Olímpicos de Beixín.

Agora, ás recompensas polas informacións sobre posíbeis ataques terroristas, a blindaxe das comunicacións na capital ou a prohibición da carne de can nos restaurantes súmase un novo paquete de normas e prohibicións que fixo publico o Comité Organizador de Beixín 2008 (Bocog). Estas normas de obrigado cumprimento buscan controlar todo o que acontece nos estadios, nas pistas ou nos campos de regatas.

Unhas 26 normas de obrigado cumprimento
Na longa listaxe de prohibicións contémplase que non se vai permitir aos asistentes ás probas exhibir bandeiras de países ou nacións que non participen nas Olimpíadas. Esta medida está orientada a frear as reivindicacións do pobo tibetano, mais tamén afecta, por exemplo, aos espectadores cataláns, galegos ou vascos que queiran levar as súas propias enseñas para apoiar os seus deportistas.

Cando Gómez Noya ou Raña corran os últimos metros, ou Cal dea a última pancada á auga co seu remo, ou Sandra Aguilar estea chegando á meta, por exemplo, os seus seguidores, que percorreron medio mundo para os ver, non poderán erguer a bandeira galega, porque a oficial, nestes Xogos, só vai ser a do Estado Español.

Estas normas, que sorprenderon polo seu contido político e social, débense axeitar tamén ás estritas leis chinesas. Segundo a nova normativa, por exemplo, "está totalmente prohibido increpar os árbitros, xuíces ou atletas" ou facer apostas, manifestacións ou concentracións, ir ebrio, espirse, levar instrumentos musicais ou mistos...

Tampouco se poderán levar pancartas de máis de 2 metros cadrados e, obviamente, está estritamente prohibido amosar carteis que fagan referencia ás liberdades políticas e relixiosas chinesas ou á situación dos Dereitos Humanos na China.


4,67/5 (12 votos)


Comentarios (11)

joseantonio #1 3/Agosto/2008 joseantonio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué envexa me dan eses chineses !
Tan cuspidiños aos españois de cando Franco.
Canto terán que facer para ser normais.

COUTOVEN #2 3/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai un tempo para cada cousa.

É que algún dos países que van asistir a estas olimpíadas descoñecían as violacións en que supostamente incorre o goberno Chinés en materia de Dereitos Humanos e a súa ocupación do Tíbet?

Honestamente, creo que ninguén. Bo. Menos o goberno Chinés que está no seu libre dereito de crer que o está facendo moi ben.

Agora, se un país ou un deportista ACEPTAN COMPETIR nun país onde ocorren estas ou outras violacións. Non están tácitamente de aceptando ou tolerando o que nese sitio ocorre? Se a ese país ou a ese deportista non lle parece moralmente aceptable a situación. SIMPLEMENTE NON ASISTE E EXPÓN AS SÚAS RAZÓNS. É máis. Se se parte do principio que as cedes olímpicas son escollidas por votación. Alguén me pode explicar se cando Beijín foi elixido ¿Non existían estas violacións aos dereitos humanos? De tal xeito que na miña opinión, o que acepto asistir a este evento para facer deporte. Simplemente ten que facer iso e canalizar o seu xusto reclamo no momento e lugar oportuno. Existiu tempo suficiente para isto. E tendrán tempo tamen despois dos xogos.

Agora con isto non pretendo dicir que China é un paraíso das liberdades democráticas e humanas. Aínda que China deu mostras nas últimas décadas de melloras nos estándares económicos, recoñecemento da propiedade privada, fomento ao esforzo individual e a competencia. (Políticas máis propias do neoliberalismo e capitalismo salvaxe). Non é menos certo que politicamente seguen bastante mal aínda.

Creo que na noticia hai algo de esaxeración. No que respecta á carne de can. Enténdase. Non está prohibida xa que é un alimento usualmente utilizado por esa comunidade. Estes saben distinguir moi ben esta carne doutras. Cousa que obviamente non é así para os turistas. En aras de evitar suspicacias ditaron unha medida que ben se sabe será cumprida en lugares onde se espere unha presenza importante de estranxeiros. E o resto da poboación a seguir os seus patróns alimentarios ancestrales. Que se a ver imos, a carne de can non será tan mala se nos atemos ao feito que China é o país máis poboado do mundo. Polo menos non é venenosa nin toxica. E sexamos sinceros. É seica un can menos limpo que o porco?

Con respecto ao uso de bandeiras. Eu non creo que as insignias nacionais de Galiza, Cataluña ou Euskadi este prohibidas. Xa que as mesmas son cooficiales en España. Por outra banda, cando se dita unha norma a cal é difícil de facer cumprir, pregúntome. Como evitasen as autoridades que un afeccionado póñase unha franela ou saque unha bandeira nun momento dado? Eu véxoo moi difícil e a sanción seria pouco relevante. Por favor, non pensen que por ser China o país onde se aplican máis da metade das penas de morte no mundo. Vana a aplicar por iso.

Señores. A competir díxose. E ojala que o nome da Patria Galega sexa posto moi alto e que vexan que todo o ouro desta terra non se foi cos romanos. Senón que existen novas minas que son os nosos deportistas.

OBSERVADOR #3 3/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente de acordo. Aceitaram competir os competidores. Antes, os governos aceitaram o negócio proposto pela China. Se os chineses são mais nacionalistas que os portugueses e os espanhóis, que importa isso? Melhor! Assim esses galegos do caralho não terão a oportunidade de colocar a sua bandeira (nem bascos nem catalães).

Eu flipo, mas tomam-nos por parvos, ou?

rober #4 3/Agosto/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A China é un imperio paranoico como outros e tamén ha rebentar como tantos. Tamén está claro que, como o futbol, as olimpiadas non son deporte, son política da máis rancia e reaccionaria. Cantos multimilhonarios ha na china? ... eses son os que governan e utilizan o seu poder para manipular as consciencias dos mil e catrocentos milions de chineses e pico . Etc. . etc. ...

Tarelo #5 4/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Varias cousas. Como dis rober, "eses son os que governan e utilizan o seu poder para manipular as consciencias dos mil e catrocentos milions de chineses e pico" penso eu en cato coincidimos eiquí ca China nesta afirmación, na Galiza, en Europa, no "mundo civilizado". Penso que o mellor doutra forma pero eiquí tamén manipulan as nossas conciencias os que nos governan os capitalistas.

Se eu fora deportista olímpico, non compitiría neste pais, e daríame noxo, de competir fariao para facer algun tipo de boicot ou chamamento a coordura. Non aceptaría a medalla ou entregaríalla, por exemplo ó pobo do Tibet. Por outra banda creo que non debería que haber ningunha bandeira, pois penso que os deportistas compiten moitas veces por cartos, e patrocinados por marcas e multinacionais, e en moitas ocasións as nacións ás que representan non o merecen, porque o mellor un é un crac nun deporte, pero non por mérito do seu pais ou nación. Poño o exemplo de David Cal que non está a atopar o paoio incondicional do governo galego e xa se tivo que ver forzado a sair da súa terra a entrenar por que na súa non lle querían dar apoio.

A culpa de todo este asunto na chima tena o COI, non o goberno chino, e o COI é un negocio. Creo que s eo COI no corrixe o seu comportamento acabaremos xogando as olimpiadas en Guantánamo, e sería unha oportunidade para o governo dos estados unidos de américa para promocionar este maravilloso lugar.

Gaviotero #6 4/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los deportistas gallegos, catalanes o vascos, y también los cántabros y aragoneses, van a competir por ESPAÑA. Así pues, no tiene sentido enarbolar otra bandera que no sea la española, que es la que nos representa a todos y la que lucirán en todo caso los deportistas, libres en su mayoría del aldeanismo nacionalista que impregna la política.

spider #7 4/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A bandeira do estado representara aos que lexitimamente queran ser representados por ela, e tamen aos neoconas... cando un deportista sexa libre de representar ao que lle saia do belfo -incluso a el mesmo - falamos. E eu uso a bandeira que me peta, pois gustame a minha aldea... mellor de aldea que pailan

Carlinhos #8 4/Agosto/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"A carencia de liberdades e dereitos que hai tempo, segundo as denuncias de varias organizacións internacionais, está a sufrir a cidadanía chinesa trasládase agora... a Ourense".

GustavoHarvey #9 4/Agosto/2008 GustavoHarvey
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quanto atrasado mental!

bcngz #10 5/Agosto/2008 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

titular completamente demagóxico.

Barcelos #11 5/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguén coidaba que ía cambiar algo en China polas Olimpíadas?

A culpa non é de China, senón do COI por concederllas.

Aínda que a China non creo que lle moleste para nada unas cantas bandeiras galegas, con estrelas ou sen elas. As que lle molestan de verdade son as do Tibet e outros pobos que queren a súa independencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As bandeiras (coma esta, do partido Galiza-Camerún) van estar prohibidas en Beixín 2008
As bandeiras (coma esta, do partido Galiza-Camerún) van estar prohibidas en Beixín 2008
Cartaxes de protesta contra o conflito que a China mantén no Tíbet
Cartaxes de protesta contra o conflito que a China mantén no Tíbet
Imaxe tirada durante as protestas polo paso do facho olímpico pola India
Imaxe tirada durante as protestas polo paso do facho olímpico pola India



Locais:
GZ-Sete