Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VOZ QUE NON SE APAGA

Radios libres: escoita as voces da xente

As novas tecnoloxías e a xestión asociativa fai que pervivan as radios libres, malia a falta de fondos, ameazas de peche e ocupacións do seu dial.

Canal Solidario - 11:45 20/07/2008

"Facemos verdadeiros malabarismos para seguir existindo", explican desde Radio Funghi, emisora libre barcelonesa. "O que nos define é que o funcionamento deste tipo de radios xestionámolo todos e todas os que participamos activamente na vida da emisora". Non dependemos de ningún goberno nin de ningunha empresa por iso temos liberdade. Iso é moi bo por unha banda, pero sempre temos o hándicap do financiamento, que no noso caso é participativo, é dicir, todos e todas pomos o diñeiro", engaden.

Así, tal e como explica a Wikipedia, o termo radio libre pode referirse a distintos tipos de emisoras de radio, pero o que une a todas estas emisoras é que son independentes e non teñen intereses lucrativos. No Estado Español comezaron a xurdir hai case trinta anos e dende entón desenvolvéronse un bo número de radios culturais, sen fins lucrativos; radios comunitarias, de contido social; radios piratas, de frecuencia ilegal ou usurpada; e, ata, radios autoxestionadas, dirixidas por voluntarios.

As reivindicacións por unha vivenda digna, a protección dos animais, o encontro entre comunidades de veciños, a inclusión social a través da música son algunhas das temáticas dos programas destas radios que, ata hai poucos anos, adoitaban utilizar a Frecuencia Modulada e acostumaban ter unha cobertura local na cidade dende a que transmitían.

Novas tecnoloxías e vellas reivindicacións
Hoxe a maioría subíronse ao carro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, entre as temáticas dos programas atopamos a cultura libre e as posibilidades das novas tecnoloxías e, ademais, emiten a través da rede, co que poden chegar practicamente a calquera recuncho do planeta. E aínda que evolucionaron, algunhas reivindicacións seguen sendo as mesmas: aínda non hai unha cobertura legal que as protexa e que defenda o seu espazo radiofónico.

Radio P.I.C.A, Radio Bronka e Contrabanda FM, en Barcelona, Radio Topo, en Zaragoza, Radio Cadena del Water, en Madrid, Hala Bedi en Euskadi; e Radio Klara, en Valencia, son algunhas das emisoras decanas no estado español, pero a lista é moito máis extensa.

Practicamente todas as provincias contan con algunha radio libre ou comunitaria. Na web de Radio Bronka podes atopar un bo número de links e até unha guía para saber que tes que facer se queres facer un programa nesta emisora. En Ás barricadas tamén podes atopar un recompilación de radios autoxestionadas no Estado Español.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

castelom #1 20/Xullo/2008 castelom

E as rádios livres da Galiza?
Nom digo que esteja mal o propósito da notícia nem os conteúdos... mas antes de entrar já imaginava eu que poderia ler algo acerca do projecto mui bem sucedido de Rádio Filispim em Trasancos, por exemplo...

COUTOVEN #2 20/Xullo/2008 COUTOVEN

Iso de “RADIOS LIBRES” Como todo “depende” se é verdadeira esa condición.

Nalgúns CASOS son certamente libres duns intereses por que simplemente responden a outros NON COMUNITARIOS. De tal xeito que o mellor sería definilas como “LIBRES DESTES INTERESES” Pero firme mente comprometidas a impor a grupos con intereses tan innobles como os que pretenden competir.

Non basta con dicir que somos libres, senón demostralo.

Existen medios comunitarios e non é nada difícil identificalos. Os seus creadores son coñecidos pola poboación e non aparecen da noite para a mañá. Adoitan expresarse en termos de neutralidade Independentemente que teñan a súa ideoloxía, as súas portas están abertas a todas as formas de pensamento, pero destacando que non é o tema político o predominante. Non se desgarran as vestiduras defendendo a tal ou cal líder nacional ou estranxeiro, ou defendendo as políticas de tal ou cal goberno. A súa razón de ser é a COMUNIDADE. De feito, o máis común é que teñan un financiamiento tan escuálido que practicamente os fai vivir no bordo do precipicio e dificilmente saben se poderán saír mañá.

Pódese empezar a dubidar desa condición liberdade, cando os contidos comunitarios pasan a un segundo plano e nótase que unha tendencia política de calquera cor é promocionada de forma dominante ou total. Iso si, todo dise en nome da comunidade, pero a realidade non é esa. Tamén se pode dubidar desa condición cando estas emisoras proliferan como fungos. Inician as súas actividades da noite para a mañá durante períodos de eleccións e as súas instalacións sitúanse en edificacións públicas, ou seus membros son activistas políticos ou relacionados con estes directa ou indirectamente. Isto último é o mais común. E non é difícil descubrilo.

De feito, hai que ser suspicaz xa que é común bautizar a moitos medios e organizacións con nomes rimbombantes, honorables e que para nada locen como comprometidos. Pero resulta que se o escoita, lector ou televidente furga no asunto atopa claras conexións cos centros de poder ou os que pretenden acceder a el.

Nestes tempos da información proliferaron medios radiais, televisivos e escritos que pregoan aos catro ventos que responden a un sincero sentimento comunitario. Adoitan enarborar bandeiras de xustiza social. Falan do medio ambiente, das agresións ás mulleres, nenos. Din defender aos traballadores e os excluídos. A súa frase preferida é "xustiza social" E por suposto de forma máis ou menos discreta. Sinalan que certos líderes ou pensamento político seguen esta liña de pensamento. É dicir o xogo do bo e o malo. Pero son incapaces de sinalar estes mesmos desmáns cando eses líderes ou forma de política exercen o poder. É posible que nas súas orixes a neutralidade informativa fose o seu obxectivo pero os avatares do tempo e os intereses particulares fixeron que cambiasen a ruta. Iso si. Pretenden seguirse chamando comunitarios.

Pódolles dar un exemplo de algo que di chamarse dun xeito pero na práctica responde a calquera interese menos á comunidade que di representar e que no único que esta aparece é no titulo.

GZ-EXT (Venezuela) Certamente é un apartado de VIEIROS e aproveito en recomendar que lean previamente. Que é Vieiros?

http://www.vieiros.com/vieiros...

Ao final do texto (recomendamos ler todo) sinala:

De onde vén Vieiros
Vieiros tomou o nome da revista editada dende 1959 a 1968 polo Padroado da Cultura Galega de México. A publicación, que só tivo catro números, recolleu o mellor da cultura galega da época, do interior e da EMIGRACIÓN, e trazou unha ponte viva entre a xeración fanada pola guerra e a xente da resistencia antifranquista.

Os seus responsables, Luis Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán, Arturo Souto ou Elixio Rodríguez, tiñan unha forma de entender Galiza que nos gusta, dende a radio, o cinema, a arte... Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NO MUNDO.

Agora. Certamente VIEIROS non é unha radio. Pero do mesmo xeito que estas e a televisión ten como finalidade INFORMAR. Non o que lle guste a un lector en particular. Pero polo menos ser consecuente co que o mesmo medio di ser e facer.

Se alguén non entendeu. Recoméndolles que lean os 30 últimos titulares de GZ-EXT dedicados a Venezuela e saquen as súas conclusións se este é un apartado que responde á COMUNIDADE GALEGA EN VENEZUELA ou a outros intereses.

Damch #3 21/Xullo/2008 Damch

Rede Galega de Rádios Livres e Comunitarias:
http://www.corme.net/regarlic/...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: