Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Din que o cambio do "Canalejo" creará confusión

O PP rexeita o cambio de nome do hospital da Coruña e pregunta "canto custará a broma"

Redacción - 09:00 18/07/2008

"O Hospital Juan Canalejo é un centro de referencia, con prestixio internacional e unha notábel presenza dos seus profesionais en congresos e publicacións especializadas", argumentaba o voceiro de Sanidade do grupo parlamentario do PPdeG, Miguel Santalices, para censurar a supresión do nome do coñecido falanxista Juan Canalejo da denominación oficial do complexo hospitalario coruñés.

Santalices opina ademais que o cambio implicará modificar a imaxe corporativa do hospital, "como sinalización, papelería, sabas, toallas, etc" e pídelle á Consellaría de Sanidade que explique "canto custará esa broma". Tamén opina o popular que a decisión "vai provocar confusión entre a comunidade científica".
De paso, Miguel Santalices opinou que o Goberno usa este cambio como parte dunha "coidada estratexia" para desviar a atención da opinión pública "cara a cuestións secundarias, cando o realmente importante son as deficiencias asistenciais que se están a rexistrar".

Doutra banda, ao respecto dese presunto gasto, desde Sanidade retrucan que non se vai xerar gasto engadido nin dotacións orzamentarias específicas. "As actuacións materiais concretas que requira a aprobación do decreto vanse realizar de forma progresiva e con cargo ás dotacións orzamentarios previstas", explican, de tal xeito que os custes que orixinen os cambios "iranse asumindo coa redistribución dos créditos orzamentarios ordinarios do Servizo Galego de Saúde".


1,75/5 (12 votos)


Comentarios (13)

pepedaconcha #1 18/Xullo/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A estes nom há quem os entenda. Entom canto custará a broma de cambiar os nomes de etarras das rúas de Euskal Herría, e é mais, nom se provocará confusión alí, ja que nom cambia unha soa rúa coma pode ser o nome dum hospital, senom centos e centos co que a traerá problemas a xente de alí pra orientarse.

fillotolo #2 18/Xullo/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chamémoslle Hospital do Generalísimo que seguro que así non protestan os golpistas e reaccionarios do PP

trapalleiro #3 18/Xullo/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que raro os do pp en contra..

lostrego #4 18/Xullo/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Correcto Pepedaconcha.
Se en troques de se chamar Juan Canalejo se chamara, v.g. Santiago Carrillo, xa veriamos o que dician.

galeguzo #5 18/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nada, nada, Hospital Txapote ou Hospital Josu Ternera, que decerto gostarão mais. Estão tolos estes pepeiros!!

galeguzo #6 18/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, acho que custou mais a mudança da imagem corporativa do Sergas (agora, Servizo Galego de Saúde, sem acrónimo), e não se queixaram tanto!

kelsen #7 18/Xullo/2008 kelsen
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei porque se extraña a xente con esta declaración de intencións, debe ser que estaban moi comodiños có ancienne regime, xa o dixo mayor oreja que de aquella se vivia muy bien jejeje

xaiminho #8 18/Xullo/2008 xaiminho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que poñan o nome que queiran.pero por deus que quiten este nome pk é unha ofensa ao pobo.eu penso que os nacionalistas españois tampouco lles agrada ver nomes de etarras nas prazas ou ruas vascos.=que a min non me faria graza ningunha

Gaias #9 18/Xullo/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A dobre moral do PP.
Protesta contra a lei que obriga a retirar a simboloxia franquista, mais pide a retirada das ruas dos etarras.
Falta de gastos, e eles dilapidaron millons de euros dos galegos na cidade da incultura de Santiago. Ademais canto nos costan os galegos as viaxes do Papa Lucifer a Santiago?. Ou os concertos do Xacobeo de Julio Iglesias?.

JOSEGALAICO #10 18/Xullo/2008 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os do PP sempre protestando cando se lles toca algo que lles recorda de onde viñeron. ¿Cantos anos terán que pasar para que esquezan as ditaduras? , e despóis enfádanse cando se lles chama fachas.
O mellor nome para o Hospital creo que sería "Prestige"

Carlinhos #11 19/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quanto custa a "broma" da Família Real espanhola?

Dogma #12 21/Xullo/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todo o mundo sabe o porque do nome... todo o mudo sabe porque esta tortura psicoloxiaca das nais que tiñan que ir a parir alí, e tiñan irmans, pais e avos asesinados por ese home.. todo o mundo sabe que o que se pretendia era decir a esas nais que se seguian polo mesmo camiño o seguinte en morrer seria o seu fillo....
¿COMA NON IA A SEGUIR O PP TENTANDO MANTER ESTA TORTURA PSICOLOXICA?

Carlinhos #13 21/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

12# Pouco inteligentes no PP, poderiam ter proposto "Juan Carlos de Bourbon" ou "Príncipe Felipe" para manterem a "tortura" (nom deixam de ser os herdeiros da jefatura do Estado que impulsou Canalejo e o seu Movimiento, e isso aínda está na consciéncia de muitas persoas). Ousaria o BNG vetar esses nomes ou poriam a ondear umha bandeira galega horas depois da visita real?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: