A norma estabelece que a licenza para o uso de cámaras de vídeo vixilancia debe ser renovada de xeito anual, e o trámite iniciado dous meses antes de expirar.
O goberno de Lugo está a cometer unha grave infracción, segundo sostén o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC). As cámaras de vídeo vixilancia instaladas no casco histórico serían ilegais, xa que o permiso para a súa instalación caducou o pasado 18 de abril. Segundo este colectivo, a delegación do goberno envioulles un escrito no que indicaba que os permisos dos dispositivos caducaron e que o concello non solicitou a renovación anual correspondente. Así, solicitan ao concello lugués a retirada inmediata das cámaras que aínda ten instaladas no casco antigo e que non cumpren os requisitos da normativa vixente.
Lexislación de vídeo vixilancia
Segundo estabelece o regulamento, o permiso para o uso de cámaras de vídeo vixilancia débese renovar de xeito anual e o seu trámite débese iniciar dous meses antes de que expire a autorización. O MpDC denuncia que o concello de Lugo non o fixo e, en consecuencia, estaría a cometer unha grave infracción tipificada na Lei 4/97, de 4 de agosto.
"Respectar o marcado na normativa que regula a vídeo vixilancia é a única maneira de ofrecer as garantías xurídicas mínimas para o libre exercicio dos dereitos fundamentais dos cidadáns, así como evitar usos fraudulentos dos dispositivos", asegura o colectivo nun comunicado. Ademais, recordan que as cámaras do casco histórico de Lugo non aparecen no listado de dispositivos autorizados remitido polo goberno estatal ao Senado o pasado mes de decembro e que non está comunicado no rexistro xeral da Axencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de imaxes, tal e como se estabelece na normativa actual.
Estou certo de que é, por umha boa causa, para controlar fraudes urbanísticos na cidade.
Longa vida ao "Big Brother" de Orozkostadt!
Q mal pensada é a gente: é por umha boa causa... à parte de controlar as fraudes urbanísticas, controla-se o q fai a gente de mal viver q nom tenha carné PPsoe
Eu non sei que se lle pode ver de malo a que haxa cámaras de vídeo vixilancia na rúa. A meirande parte das cidades as teñen: dende Santiago a Barcelona os concellos instalan cámaras para persuadir aos pouco respectuosos co mobiliario urbán. Que ocorre? Que agora prohibir emporcar as paredes con pintadas estúpidas atenta contra a liberdade expresión? Demagoxia barata por parte daqueles que lles molesta que se protexa e vixie o patrimonio urbano de todos. Xente que fai uso dese tipo de delicuencia urbana: sobra citar determinados colectivos marxinais.
O teu argumento é impecável, bcngz, sempre que também se instalem cámaras em notarias, escritórios de alcaides, concelheiros, conselheiros, ministros, promotores inmobiliários, banqueiros, nas empressas, cuartelillos, comissarias, cárceres, bispados...
e que tod@s tenhamos acesso a vídeo e áudio.
Por certo bcngz... a noticia refirese a que as cámaras non contan con permisos. considera que é xustificada a instalación de cámaras ilegais para perseguir ilegalidades?
Podemos buscar unha interpretación totalmente demagóxica. O que hai é que a vixilancia do mobiliario urbano non lle molesta a ninguén (si, só a aqueles que o estragan) salvo a esta xente con tanto tempo libre que se chaman Movemento polos dereitos civís.
Se o concello de Lugo non renovou a licencia será en todo caso por erro administrativo. Non hai máis nova alén diso.