Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Declaración de principios, no XI Congreso

O PSC proclama que Cataluña é "nación" con territorio, cultura e historia de seu

Os socialistas cataláns afirman que a integran "todos os cidadáns e cidadás de Cataluña con independencia da súa orixe e da súa lingua materna".

Redacción - 12:15 20/07/2008

O PSC proclamou que Cataluña é "unha nación cun territorio, unha lingua, unha cultura e unha historia propias que configuran unha comunidade nacional", que a integran "todos os cidadáns e cidadás de Cataluña con independencia da súa orixe e da súa lingua materna".

Na súa declaración de principios (.pdf / 310 KB), aprobada no marco dunha das comisións do XI Congreso do partido que estes días celébrase en Barcelona, os socialistas cataláns recordan que son "catalanistas" porque queren "a liberdade e o autogoberno de Catalunya para construír unha sociedade aberta, avanzada, inclusiva, capaz de unir nun mesmo proxecto a persoas de procedencia diversa".

"Afirmamos a nosa realidade nacional", o que significa un "compromiso cotián coa lingua e coa cultura catalás", que é "plenamente compatíbel co respecto á lingua castelá que forma parte" do patrimonio cultural de Cataluña.

Na declaración, reiteran que "a loita polo socialismo e para a liberdade nacional de Cataluña son obxectivos inseparables" do seu proxecto político, desde unha vocación "internacionalista e solidaria con todos os pobos do mundo".

"Demócratas, progresistas, catalanistas, ..."
Os socialistas cataláns se autodefinen como "demócratas, progresistas, catalanistas, europeístas, ecoloxistas" e tamén feministas, "xente solidaria" e "de paz" que quere combater as desigualdades no mundo, emprendedora e "apaixonada" pola cultura.

Todo iso coa finalidade de "construír unha sociedade baseada na realización plena e efectiva dos valores de liberdade, igualdade, fraternidade, xustiza social, sociedade e paz", valores contrapostos "aos privilexios, as desigualdades e o individualismo insolidario".


3,44/5 (9 votos)

Comentarios (13)

bezoucos #1 20/Xullo/2008 bezoucos

Se CiU está en horas baixas pois entón está o PSC. No noso país, a alternativa sería o PPdeG (cada vez menos "deG")ou un PSOE que vai de galeguista (ás veces penso que o fai só por amolar ao BNG)... ¿¿¿Serei paranoico ou o PSOE quere facer co BNG o que fixo o PP con Coalición Galega???? Si, claro, serei paranoico.

Gaias #2 20/Xullo/2008 Gaias

Canto nos queda os galegos por aprender dos catalans.
Eles si teñen claro o que son e saben defendelo.
Sera por iso que Catalalunya e una nazon prospera, mentres Galiza non pasa de ser unha "rexion" colonizada polas electricas madrileñas, donde reina o autoodio.

kelsen #3 20/Xullo/2008 kelsen

Tomarán nota os caladiños da sucursal do psoe en galiza para o congreso do sábado?

polaesquerda #4 21/Xullo/2008 polaesquerda

Aínda queda ESQUERDA UNIDA- GALIZA , para sacar as cores ao bng, psoe por continuar as politicas dos gobernos-Fraga.
Planta de Gas da Ría de Ferrol, Monte Gaiás e súa sangría economica para os galeg@s, as derivas dereitosas economicas a unhas políticas cada vez máis neoliberais,etc, son síntomas dun PARLAMENTO amordazado, pobre en ideas e escasas alternativas pois hai unha rara coincidencia en todos estes asuntos.
Xa o di o sector social máis vanguardista e avanzado de GZ que está na REDE- RGNSV que OBSERVAN na Xunta como un fracaso na aplicación de políticas nefastas medio ambientais, populistas, socias. Quedanlle rezar ao santo da catedral, unha orterada!!
Isto é consecuencia do pouco respecto que sinte o bng polas nosa RIAS e medio ambiente. Exemp.- Están convencidos da necesidade ESTRATEXICA DA PLANTA DE GAS a cambio de por en perigo a toda a poboación...
Serán negados, paquetes e necios.
Unha carallada do Bloque Autonomista Galego. Como clamoulles o Beiras...

Saúde, Patria e República

roixordo #5 21/Xullo/2008 roixordo

pregunta para #4: cando dis patria, ¿a cal te refires?

Carlinhos #6 21/Xullo/2008 Carlinhos

Galiza nom é Catalunya! Galiza is not Catalonia! (historicamente, os introdutores da depredaçom e exploraçom capitalista na nossa naçom forom maioritariamente catalans) Viva Galiza ceive e Socialista! (nom so-CIA-lista e espanholista que é o PSdeG(al))

galeguzo #7 21/Xullo/2008 galeguzo

#6 Bom, Galiza não é Catalunha, obviamente, mas era bom apreendermos algo dos catalães.

Por outra parte, é bem certo o que falas da exploração e depredação capitalistas na nossa nação, historicamente cousa de burgueses catalães (e em menor medida, de bascos e madrilenos).

Carlinhos #8 21/Xullo/2008 Carlinhos

Eu acho que tinhamos que apreender de nós próprios; da nossa própria história; única e irrepetível; nom acredito no do "inimigo comum" que levou a alguns irlandeses a aliarem-se co fascismo, o nacional-socialismo e o nacional-catolicismo.
Já avondou de complexos; o próprio Anasagasti reconhece que Arana; através do seu irmao que estivera na Galiza aprendeu mais da teorias de Branhas e do regionalismo galego em geral, que dos catalans; os estudiosos catalans reconhecem que a documentaçom galego-portuguesa medieval é mais rica e abundante das línguas peninsulares (ainda que muita desaparecesse pola colonizaçom estrangeira da Galiza ou esteja sequestrada polos espanhóis); os proprios catalans reconhecem que se eles tivessem umha figura do tamanho de Frei Martinho Sarmiento, nom haveria vila em Catalunya em que nom houvesse um monumento dedicado ao nosso Precursor do XVIII (sem el nom haveria nem Pintos, nem Murguia, nem Rosalia, nem Pondal...) Máis Castelao; máis Diaz Pardo; máis Beiras (economista); máis López Suevos; máis Anselmo López Carreira; máis Ferrín (ensaísta); máis Álvarez Caccamos (todos); mais Nogueira (mesmo ele); Máis Francisco Rodríguez (tamém); máis Mª Xosé Queizán... e menos olhar para fóra. Som contraditórios e incompatíveis si, mais partindo tod@s dumha realidade intersubjectiva que nada tem a ver com outras. Primeiro acreditar em nós próprios; onde nom, estamos perdidos como Povo.
Um dos maiores erros na planificaçom lingüística da Galiza autoanémica foi limitar-se a traduzir os decretos da Generalitat; assi nos vai... Se nom somos capazes de assimilar que somos a naçom do Estado mais perigosa para a "Santa indivisibilidad del Reino de España" é que somos parvos. Onde tenhem a projecçom bascos e Catalans que temos de aproveitarmos nós dos Estados lusófonos? Se olhamos para fóra e nom para dentro, para a nossa própria identidade seremos incapazes de argumentar para que raio queremos NÓS a autodeterminaçom; que imos dizer? porque a pugerom na moda bascos e catalans!?
http://br.youtube.com/watch?v=...

UnDeTantos #9 21/Xullo/2008 UnDeTantos

Roixordo está claro que a patria do #4 é a Espanhola. Por iso ainda confia en Esquerda Unida e por iso pide a república

galeguzo #10 21/Xullo/2008 galeguzo

#8 Também os catalães dizem que se eles tivessem um Portugal (político e linguístico) o aproveitariam. Aqui, desprezamo-lo. E assim nos vai.

bezoucos #11 21/Xullo/2008 bezoucos

Os de Esquerda Unida a punto de despararecer do mapa e aínda teñen azos para dicir algo... ja, ja, ja

ManoelGalego #12 22/Xullo/2008 ManoelGalego

A causa da Galiza não é ideológica. Galiza é uma Nação.
É uma desgraça nacional que praticamente só parte da esquerda a defenda.
A direita em todo o mundo é normalmente defensora das suas origens e cultura, veja-se na Catalunha por exemplo. Infelizmente pelo contrário na Galiza nasceram homens como franco, fraga e rajoy que sacrificam a Pátria pela sua promoção pessoal em Madrid e por isso não merecem ter o seu nome escrito em GALEGO-PORTUGUÊS em maiúsculo.
Veja este vídeo: http://br.youtube.com/watch?v=... o “vira casacas”.
Vamos todos fazer um esforço em escrever em galego-português porque mais vale escrever com erros em português na norma internacional do que em “galenhol” ou “portunhol” da RAG como lhe queiram chamar.
O idioma dos nossos pais desde o século IX foi o GALEGO-PORTUGUÊS durante 7 séculos até à opressão castelhana. É esta a única língua com poder de tornar a Galiza uma Nação soberana no mundo livre da vassalagem a Madrid.

Maeloc-do-Rouco #13 23/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco

ManoelGalego, concordo em tudo o que diz, agas numha cousa. Nom e tam certo que os portuguesses de Alem Mondego sejam descendentes de galeg@s (alguns del@s sera-no, mais alo havia ja populaçom de origem lusitano e/ou moçarabe que em boa logica deviam ser maioria..ao contrario que nas terra de Entre Doro e Mondego que sim foram repovoadas por gentes do Norte (quer dizer: galegos)...A galeguidade de Portugal e tangivel na sua lingua e em moitos outros elemnetos culturais e historicos sem duvida...Mais no que atinge a elementos comos os que tu alodes nom estou tam certo, agas obviamente as terras de Entre Minho e Douro (Galiza Sul) e as de Douro-Mondego ("Terras de Ninguem" repopuladas por galeg@s)...Que Galiza espalhasse a sua lingua nom quer dizer que espalhasse tudos os elementos da sua personalidade nacional...Tambem nom os valencianos ou maiorquinhos som tudos de origem catala nem os de EEUU som tudos de origem inglessa (de facto a maioria som de origem alema), nem os andaluzes ou extremenhos som tudos castelhanos "velhos" de oriegem (hai-nos galegos, asturianos, etc e obviamente coma no casoportugues e posibelmente valenciano ou murciano gentes nativas de origem hispano-romano ou moçarabe)...E ao meu olhar innegavel que galeg@s, portugues@s, brasileiros, etc partilhamos umha LINGUA COMUM (esta sim) nada na Galiza (Aquem e Alem Minho)e que a Galiza Portucalense e o berço da cultura nacional portuguessa, mais nom acho que a nacionalidade portuguessa seja alem disso inteiramente analoga a galega (por exemplo, o Alentejo e a Estremadura portuguessa falam a nossa lingua, mais nom acho que partilhem a nossa nacionalidade)...Umha Aperta de Coraçom ManoelGalego e apreço a tua vontade regeneradora....Irmandade, Galeguidade, Agarimo e Solidariedade Universal

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: