Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afiliados á SEGURIDADE SOCIAL

Un 13,8% máis de traballadores inmigrantes

O Estado español, pola contra, perde o 0,8% de afiliados á Seguridade Social.

Redacción - 13:00 22/07/2008

O censo de estranxeiros que chegan a Galiza para traballar continúa a medrar. Unha mostra son os datos que se desprenden das cotizacións á seguridade social, que no pasado mes de xuño ascenderon a 43.558 persoas. No Réxime Xeral contabilizáronse un total de 31.748 traballadores foráneos, mentres que como autónomos traballan outros 4.936. Ademais, 4.310 contratos a estranxeiros fixéronselle a empregados do fogar, 1.286 a traballadores do mar e 1.279 no sector agrario.

Dentro dos que cotizan no réxime xeral, cabe destacar os sectores da construción, onde se empregan o 29.2% dos estranxeiros; o da hostalería co 18,2%, ou o da industria manufactureira co 13,7%. Séguenlle por esta orde, os sectores do comercio, reparación de vehículos de motor, transporte, almacenamento e comunicacións.

A súa meirande parte proceden de países alleos á Unión Europea (24.561), mentres que 18.941 son de países comunitarios. Os portugueses son os que máis acoden a Galiza a traballar (12.942), seguidos dos colombianos (3.797), brasileiros (2.408), romaneses (2.241), marroquís (2.145), arxentinos (1.940), peruanos (1.797) e uruguaios (1.717).

Mais estranxeiros en Galiza, menos no Estado Español
Os que traballan aquí supoñen un 2% de todos os que o fan no Estado Español, unha cifra aínda lonxe da doutros territorios. Ademais, mentres o número de traballadores foráneos medra en Galiza, a cifra sofre un retroceso no conxunto do Estado Español. A media do pasado mes de xuño situouse nos 2.128.384 afiliados á Seguridade Social, o que, por quinto mes consecutivo, supuxo un descenso. Esta baixada débese, sobre todo, ao sector da construción, onde o número de baixas laborais foi moi elevado. No seu conxunto, baixou o número de traballadores estranxeiros nun 0,8%.

Os datos foron difundidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 24/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noticia interesante. Agora. É boa ou mala para a economía galega? Se o perfil deste traballador é unha persoa nova que emigra soa e que obviamente vai xerar riqueza co seu traballo, evidentemente é bo para a economía. Iso si. A condición de que non compita deslealmente cos potenciais traballadores da comunidade. O cal obviamente xera desemprego e eventualmente envilecimiento do soldo. Recordemos, que os emigrantes adoitan ser menos esixentes (non por gusto) nas remuneracións e outros beneficios. E isto encántalle aos empleadores.

Agora, cando se analizan as cifras dadas as mesmas responden a unha realidade que máis ou menos se mantivo nos últimos anos. É compresible por múltiples razóns o predominio da poboación portuguesa e esta é unha man de obra que pode aumentar ou diminuír en función da mellora económica de Portugal.

O que si tería que preocupar en Galiza é un potencial aumento de retornados e as súas familias de países como Venezuela. Se partimos do feito, que a diferenza dos traballadores estranxeiros os retornados dos cales unha boa porcentaxe son adultos maiores que máis que traballo necesitan asistencia médica. E os seus fillos e netos, moitos deles profesionais pero con grandes dificultades para transferir os seus patrimonios e aforros con que poidan apontoar o retorno. Isto podería xerar problemas moi severos nunha economía como a galega.

É en función ao anterior que medios como este terían que ser menos compracentes con líderes como Chávez e recordar que o benestar da comunidade galega na diáspora é importante para a nación galega. Non tanto polas remesas outrora importantes. Senón pola serie de problemas que determinaría unha poboación desarraigada. Para un exemplo, sería bo que algúns preguntasen canto diñeiro inviste a Xunta nos escasos galegos que quedan en Cuba e canto tería que investir no caso de Venezuela (Segunda comunidade galega en Hispanoamérica).

Cando Vieiros preguntáselle a un emigrante galego ou o seu descendentes en Venezuela (Que non sexa funcionario do goberno) Que opina da ROBOILUSION? E se estaría disposto a deixar un país como Venezuela para facer o seu futuro en Galiza.

Gustariame ver as respostas y non tantos refritos de la axencia Bolivariana de Noticias.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: