Desde a Xunta critica que o presidente dos construtores lugueses "non aposte por construír vivendas de máis calidade".
A Consellaría de Vivenda saíu ao paso este mércores das declaracións do presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo, Hipólito Trinidad, quen asegurara temer máis as normativas impulsadas polo Goberno en materia de vivenda que a propia crise económica.
Diante destas declaracións, o delegado provincial da consellaría, Eladio Pombo, dixo lamentar a "descualificación e crítica continua" que desde o colectivo se está facendo das medidas lexislativas aprobadas pola Xunta en materia de política de vivenda. Pombo preguntoulle a líder construtor se "a súa única achega para saír da crise" do sector e pedir que se supriman as iniciativas a prol da mellora da calidade das vivendas.
A patronal segue preocupada por poder seguir construíndo zulos infectos a prezos escandalosos, por desfacer o litoral e os espazos naturais e en seguir afogando este país cunha economía inprodutiva baseada en especulación e en prezos irracionais para que a xente soñe que é rica na súa xaula dourada.
A inflación, o Euríbor e o credit crunch acabarán tornando ese soño patronal en pesadelo.
Roebek tes toda a razón do mundo.
Pero mira un pouco máis enriba e atoparás aos prestamístas do diñeiro (A Banca) que vánse rindo de todo dios e non dan a cara.
Agora que non vende os pisos están collendo medo, pero xa virá Papá Estado a sarcarlles da lama especuladora.
Eles como os gatos sempre caen de pé e os currantes de cú como os parvos.