Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para Galiza só 20 millóns

De 430 a 241 millóns de euros: o Estado recorta o financiamento para os servizos de dependencia

O vicepresidente asegurou que a Xunta cubrirá con fondos propios a diferencia e criticou "a falta de compromiso" do goberno español.

Redacción - 09:30 24/07/2008

Existía o compromiso, reiterado en diversas ocasións desde o executivo estatal, de non zoupar nas políticas sociais á hora de deseñar políticas especiais fronte á crise económica. Malia esas palabras, o acontecido esta semana no Consello Territorial de Asuntos Sociais, sería unha pista de que a realidade vai por outros camiños.

Así o insinuaba este mércores o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, despois de que a faragulla para Galiza no reparto de financiamento para atender os servizos de dependencia quedase en 20 millóns de euros. Tal reparto fíxose finalmente sobre un total de 241 millóns de euros, moi por baixo dos 430 millóns comprometidos desde Madrid. O cálculo inicial fixérase sobre unha avaliación de 872 millóns de euros, como mínimo necesario para o financiamento en todo o Estado do sistema de dependencia, cantidade sobre a que o goberno español prometera achegar arredor do 50%.

"Por desgracia, a práctica imponse ás palabras e para mal", reprochou Quintana á saída da xuntanza dos conselleiros vencellados ás áreas sociais dos respectivos gobernos autonómicos. O vicepresidente da Xunta laiábase así da posición imposta polo Ministerio de Educación e Asuntos Sociais, coa ministra Mercedes Cabrera á fronte. "É un contratempo importante", criticou, advertindo que para despregar un sistema "ambicioso" de prestación de servizos a persoas dependentes, o Goberno terá que asumir boa parte dos recursos. "Imos cubrir con fondos propios o que o Estado non cubra co que lle correspondía transferir a Galiza", explicou.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: